Non será fusión, que "holding" será, e comandado dende Madrid por, Nacho Goirigolzarri, o solucionador da Bankia, que fará compango con Catalunya Caixa e as nenas bonitas de Feijoo, agora coñecidas como Novagalicia. O Goberno estatal asegura que logo de saneadas, procederá á venda das marcas galega e catalana, que debe acontecer antes dos 5 anos. Tamén pretenden que iste consomé de entidades que deixaron sen pagar a conta, se encarguen novamente de meter cartos a pemes e familias, xa que están cheas logo da transfusión de aforros
Milleiros de galegos veñen de decatarse de que tamén son posuidores de participacións preferentes de Novagalicia Banco.Enteráronse a través das cartas que a entidade bancaria galega está a enviar a todos aqueles clientes de produtos tóxicos, e nas que se lles comunica a quita que sufrirán sobre os seus aforros.son moitos os posuidores de preferentes que estaban convencidos de ter os seus cartos nun depósito a prazo fixo polas iniciais PF que aparecía sempre na documentación do banco.Pero esas letras non significaban prazo fixo, senón preferente
Adianto do documental sobre o escándalo das Participacións Preferentes e Subordinadas en Galicia, que intenta explicar a magnitude e dimensións dunha estafa histórica.
Grande parte dos 19 empresários galegos que investiram 70 milhons de euros, em dezembro de 2011, para ajudar à recapitalizaçom de Novagalicia, já baixo o control quase exclusivo do Fundo de Reestruturaçom Ordenada Bancária (FROB), demandaram a este organismo do Banco de Espanha por lhes ter apresentado uma situaçom patrimonial da entidade que nom correspondia à realidade. vozpopuli.com/impresion/7563-novagalicia-vende-a-17-empresarios-gallega
O Fondo de Reestruturación Ordeada Bancária (FROB) cubrirá de forma inmediata e ao 100% as necesidades de capital de NCG Banco. A entidade, cuxa constitución se prevé para principios da próxima semana, abrirá un prazo de tres meses para a entrada de inversores privados. O ministro e voceiro do Governo español José Blanco di que o plan de NCG é "razoável, sério e solvente" e Feijóo rexeita falar de fracaso na "operación Castellano".
A xunta xeral extraordinaria de accionistas que o Banco Gallego celebrou este martes rematou coa aprobación de todos os puntos da orde do día, incluído os referidos á redución e posterior ampliación de capital (seguindo o esquema dunha operación acordeón), que provocarán a perda da inversión dos actuais socios e que a entidade quede, previsiblemente, nacionalizada, en mans do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).
O patrimonio neto negativo conxunto de Catalunya Banc, Banco de Valencia e NCG Banco elévase a 16.105 millóns de euros, de acordo cun comunicado de prensa remitido hoxe polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).
A familia Somoza, Manuel Jove, a familia Rivera ou o empresario Jacinto Rey, entre outros, acudiron ao FROB para negociar que se lle devolvan os 45 millóns que puxeron para a recapitalización de NGB tras a mediación de Feijóo. O presidente desentendeuse, agora, da súa situación.
Poderia o FROB capitalizar as caixas e manter a sua permanência e características. Aí não havia nenhuma recomendação da Europa. Mas o que se fez do governo pelo dueto Zapatero-Ordoñez, foi uma expropriação de capital público às entidades e depositantes que eram os seus proprietários, dum jeito que em linguagem clara significa um ROUBO, e tudo para garantir que 0,1% por cento da população acabe controlando tudo. No Chile cumprira um golpe de estado para fazerem isso, com amigos assim para que se querem inimigos....
Cando algúns denunciamos a estratexia bancarizadora das caixas como un espolio do país mal podiamos imaxinar que a envergadura do espolio ía ser deste calibre. Case do cento por cento. O FROB-Banco de España toma o control absoluto do novo banco NCG (93%) coa inxección de 2.465 millóns de euros, quedando a participanción da Caixa NCG tan só nun 7%. Iso é o resultado dunha valoración do capital da NCG por un 10,56% do seu valor contable (1.714 millóns).
O Banco de España aprobou as estratexias de 13 entidades, entre elas de Novacaixagalicia, para poder cumprir cos rateos discriminatorios impostos polo Decreto de Privatización das Caixas de Aforros anunciado pola Ministra Salgado o 14 de xaneiro. Poucos son os detalles públicos deses plans, que no caso de que precisen unha inxección parcial ou total de recursos públicos deberán ser aprobados pola Comisión Xestora do FROB, o Ministerio de Economía e a Comisión.
A Fiscalía reclámalles a todos eles a devolución de até 7.974.000 euros e acúsaos de "dispoñer fraudulentamente de bens da entidade, ocultando ao consello de administración e ao Banco de España o importe das dúas prexubilacións que levaran. Até cinco ex-directivos de Novacaixagalicia pasarán nos vindeiros oito días polo Xulgado Central de Instrución Número 2 da Audiencia Nacional para dar conta das cantidades millonarias que se embolsaron en concepto de prexubilacións.
Asáñase a prensa galega, é certo que uns máis que outros, con Fernández Gayoso a raíz da súa comparecencia no Congreso polo asunto da fusión das caixas de aforros. Eu só vexo unha estratexia defensiva, ao ditado do que lle escribiron os seus avogados, para evitar responsabilidades penais. Actitude un tanto patética nun home que ten mandado tanto, pero sen dúbida humana. Lonxe de disparar contra ninguén, limitouse a intentar esquivar as balas que puideran tirarlle.
O recurso a financiamento extraordinario do Fondo de Estabilidade Financeira (FEEF) por unha contía de até 100.000 millóns de euros para o saneamento do sector bancario español pon a vista de todos a causa real da crise que arrastramos desde hai 4 anos. Queda en evidencia a impostura do discurso oficial que durante todo ese tempo tentou impoñer ao país a idea de que o problema nacía dun excesivo gasto público, das pensións, da lexislación laboral ou dos salarios.
No principio foi a banca e no final, tamén. As alegrías bancarias dos anos da burbulla inmobiliaria, entre outros factores, poderían desembocar na tarde deste sábado no rescate ás finanzas españolas. | Jorquera: O resgate pedido por Rajoy agravará a crise e significa a perda total de soberanía do Estado bng-galiza.org/2012/06/09/o-resgate-pedido-por-rajoy-agravara-a-crise-r
Ao fío da unha da madrugada, a Comisión Nacional do Mercado de Valores recibiu un comunicado de Novagalicia Banco que recoñece unhas perdas en 2011 de 168,7 millóns de euros. Un burato negro, o primeiro da súa historia, que aflora tras os saneamentos de 2.050 millóns que a entidade se viu obrigada a realizar polo enorme peso do ladrillo no seu balance.
O escándalo dos cobros dos directivos de Caixanova e Caixa Galicia, xermes de NGB, provocou que moitos cidadáns retirasen os seus cartos da entidade galega. Segundo datos da CECA, a patronal das caixas, NCG perdeu 1.900 millóns en depósitos dos seus clientes, máis do catro por cento, entre xaneiro e outubro de 2011. Un dato pésimo para que Castellano logre atraer novos investidores privados.
Acabei de exercer o meu direito, reconhecido constitucionalmente, de deixar de pertencer à igreja NCG. Ainda sou membro de outras (bancos, companhias telefónicas,cárteis da desinformação),mas é difícil abandonar todas as fés abruptamente sem algumas recompensas. A minha apostasia, além, foi delegada, também em nome da minha companheira: era uma conta nossa da igreja NCG que mantínhamos fielmente durante décadas para ir alimentando as indemnizações milionárias dos nossos hierarcas. Agora que estas já foram cobradas, a nossa missão está cumprida
Acusou ao Presidente da Xunta de colaborar para vender a caixa galega a investidores foráneos a “prezo de saldo” e permitir que os antigos directivos, “saquearan a caixa” levando para casa os fundos que lle negan ás empresas e a obra social.
"Todos os galegos deberían ser conscientes de que o espolio non rematou. Xa percibimos un espolio multimillonario derivado dunha pésima xestión e dunhas decisións políticas que atendendo aos intereses da banca decidiron rematar coas caixas de aforros como modelo de entidade diferente da banca privada... o que supoñerá o verdadeiro espolio é cando o Banco de España venda a investidores privados o banco de NCG ao prezo de saldo que fixa a valoración irrisoria do capital de partida do novo banco. Nese momento chegarán os espoliadores definitivos"