21votadas

Primeiro palmo de terra portuguesa vendido a um espanhol

O Governo português aceitou vender, em segredo, o terreno mais a Norte de Portugal a um proprietário espanhol. A população de Melgaço está revoltada, de acordo com o Jornal de Notícias, e exige que o negócio seja anulado.

30votadas

A Doma e Castración de Galiza polos Reis Católicos

A pacificación de Galicia polos Reis Católicos consistía en prohibir casamentos e bautizos que se acostumaba celebralas durante varios días, prohibiron todas as reunións de mais de 6 persoas, so pena de morte, prohibiu-se falar galego, pecharon o comercio marítimo e mandaron arrincar as viñas, cuxa produción se exportaba a países nórdicos, entre outros moitos atropelos, a os nobres que tiñan arraigo e poder na Galiza desterráro-nos a outras rexións de Castela para que non se opoñeran as suas sabias medidas...

 1 comentarios en: Cultura, Historia karma: 100
12votadas

Margarita Ledo: “Cómpre tomar partido, non facelo convértenos nun oco máis a transitar”

Unha premisa que probablemente sexa a folla de ruta que marcou a vida de Margarita Ledo. Poderíamos definila de moitas maneiras, pero en todas elas atoparíamos o compromiso e a implicación de quen, dende logo, non quixo quedar á marxe do discorrer da historia de Galiza. A cabalo entre as verbas e a imaxe, a que foi a nai da Facultade de Xornalismo de Santiago, dedicou a súa vida e esforzos á comunicación. Á comunicación en todas as súas vertentes.

18votadas

Concurso literario en galego 2014 en Londres

Aquí vos deixamos as obras presentadas pola rapazada ao concurso literario en lingua galega para o certame 2013-2014 do IE Cañada Blanch de Londres. O grupo de alumnos de lingua e literatura galega do I.E. Vicente Cañada Blanch de Londres é composto por galegos nascidos na Galiza, galegos nascidos en Londres, e outros que queren saber máis da Galiza. Son de distintos niveis, dende Primaria ata Bacharelato. Algúns son galego-falantes e outros han selo.

15votadas

Manifestación do SLG en Oroso para denunciar as prácticas mafiosas de Lácteos Tambre

Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego acudirá o vindeiro luns, 14 de abril, ás 12:00 horas, até o Concello de Oroso para rexistrar un escrito dirixido ao pleno coa intención de recabar o seu apoio ás explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre e cuxas débedas se remontan a comezos de 2011.

Data: 14/04/2014
15votadas

Médicos do Mundo denuncia que o Sergas nega atención a 7.800 inmigrantes

A ONG sostén que apenas 1.200 'sen papeis' entraron no programa de saúde que activou a Xunta para este colectivo e alerta de que non se lles informa nos ambulatorios.

16votadas

Carta a Felipe González, por Xoán Bascuas

Dende Compromiso por Galicia, partido galeguista e socialdemócrata, poñémonos en contacto con vostede na súa dupla calidade de accionista e membro do Consello de Administración de Gas Natural Fenosa e tamén como destacado militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).

24votadas

Unha empresa eléctrica responsábel da talla do carballo da Chanca, un dos símbolos naturais do Camiño de Santiago

O carballo da Chanca, un dos símbolos naturais do Camiño de Santiago e o exemplar máis emblemático da ruta xacobea en Lugo, tallouse como consecuencia dunha poda salvaxe que provocou que se secase.

10votadas

XII Feira Medieval de Monforte de Lemos

O Concello de Monforte organiza a XII Feira Medieval que, por primeira vez, se celebrará durante dúas xornadas, os días 19 e 20 de abril.

Do 19/04/2014 ata o 20/04/2014
9votadas

Aberta a votación dos Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) convocamos os Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia. Uns premios cos que as organizacións do terceiro sector reivindicamos a necesidade de apostar por iniciativas de comunicación con vocación social.

10votadas

Apresentaçom da candidatura de Izquierda Unida na Galiza

Gravaçom do ato da candidatura de IU para as eleições europeias em Vigo.

9votadas

Identidades sexuais, realidades LGTBI e pragmática

A lei que hoxe se aproba no Parlamento galego é imperfecta e incompleta. Si o é... Sen embargo, o texto ten a virtualidade de recoller por primeira vez na lexislación galega a obrigatoriedade de non discriminación das persoas LGTBI... O certo, é que a limitación competencial sempre é un problema cando se lexislan dereitos fundamentais, aspecto este que deberíanos levar a reclamar e exercer un maior número de competencias. Sen embargo, os ventos recentralizadores sopran en dirección oposta.

12votadas

A compravenda de vivendas cae un 41,2% en febreiro na Galiza

A compravenda de vivendas derrubouse un 41,2% na Galiza en febreiro, en relación co mesmo mes do ano pasado, ao rexistrar 874 operacións, de acordo cos datos difundidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

12votadas

Aforrar cunha caldeira de biomasa é agora máis doado

As novas subvencións da Xunta axudarán a espallar aínda máis o éxito das caldeiras de pellets e leña no rural galego. Trátase dunha opción máis barata e ecolóxica válida tanto para edificios como particulares. Trátase dunha boa oportunidade, pois o o pero da biomasa é sensiblemente máis barato ca outros combustibles

11votadas

Todos vigiados, por Ignacio Ramonet

Em termos de potência financeira, face aos mastodontes das telecomunicações, a imprensa escrita (mesmo com os seus sites web), pesa pouco. Cada vez menos. Mas continua a ser um indispensável fator de alerta e de denúncia. Em particular dos abusos que os novos gigantes das telecomunicações cometem quando espiam as nossas comunicações.

Chuza