15votadas

Encontrinho cicloturista 2014

Etapas do Encontrinho 2014 organizado por Verdegaia, para dar inveja a quem não se apuntara, do 19 ao 26 de Julho: Ourense, Riba d'Avia, Melgaço, Tui, Caminha e Baiona.

14votadas

Centos de ciclistas percorrerán a Montaña Lucense o 9 de agosto no III Desafío Ezequiel Mosquera

O III Desafío Cicloturista Ezequiel Mosquera "Gran Fondo Pan do Zarco - Descubre a montaña lucense" fixa unha cita cicloturista ineludible para o 9 de agosto no corazón dos Ancares, organizada polo Club de Amigos Ezequiel Mosquera en colaboración coa Deputación de Lugo e os concellos de Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes.

Data: 09/08/2014
16votadas

O culturista naronés Luis Pernas gaña o título de Mister Universo Absoluto

"Horas e horas de traballo e esforzo deron os seus froitos, convertindo ao culturista naronés Luis Pernas no Mister Universo Absoluto. O deportista gañou os títulos de Mister Universo 2014 na categoría de talla media, e Mister Universo absoluto, no Campionato do Mundo de Culturismo celebrado en Sapri, Italia, a pasada fin de semana."

Data: 10/07/2014
 2 comentarios en: Deportes, Outros karma: 99
10votadas

Diego Castro na X X XV edición do Gran Premio Cidade de Vigo

O atleta Diego Castro correrá os 1500m na XXXV edición do Gran Premio Cidade de Vigo. Os nenos e nenas de ANEDIA, asociación de nenos e nenas con diabete, teñen en Diego un gran exemplo, que lles demostra que a Diabete non os vai a parar.

20votadas

A única bombeira ourensá, participará no campionato Europeo de bombeiros/as e policías.

A única muller bombeira do concello de Ourense, Almudena Suárez , participará no campionato europeo de Bombeiros/as e Policías que se celebrará en Bruxelas do 12 ó 21 de xullo. Levará equipamento promocional da cidade das Burgas.

 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 74
17votadas

Olimpiadas Inter-pobos 2014

Xa está aquí, comezamos a recta final. Últimas semanas para xuntar unha equipa. Xa xuntaches aos da túa aldea? Xa falaches coa xente do teu barrio? Despois non digades que non estabades avisados...

Data: 09/08/2014
 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 95
11votadas

'Terras do Eume', um novo clube ciclista nas Pontes

O Clube Ciclista Terras do Eume soma-se ao já existente As Pontes-Vilalba. O principal objectivo desta nova entidade desportiva pontesa está o fomento do ciclismo em todas as suas modalidades. Também apostam pola abertura de diferentes roteiros de BTT e estrada. Como projectos a curto e meio prazo, entre outros, estám a organizaçom da primeira cronoescalada de BTT ao Monte da Carvalheira no vindeiro mês de agosto e o Primeiro Roteiro BTT “Terras do Eume” em novembro, ademais de colaborar com gincanas e pedaladas populares.

11votadas

O Grupo Xuvenil As Pontes ganha a Liga da 2º divisom Estatal de Caiaque-Pólo

Despois de ganhar dous dos quatro torneios da liga e rematar segundos nos outros dous, os ponteses já eram matematicamente primeiros o sábado ao se classificar para a final do 4º torneio em Burriana, que volverom jogar contra o Oxio-Usera, que acabou segundo do torneio e da Liga com duas vitorias, um segundo e um terceiro posto. Agora fica rematar a liga galega e projectar se jogar a próxima temporada na 1ª divisom estatal.

11votadas

Autocarro do FC Porto vandalizado por benfiquistas

O autocarro que transportou a equipa de hóquei em patins até Turquel, onde se está a realizar a "final four" da Taça de Portugal, foi hoje vandalizado, alegadamente por adeptos do Benfica. Segundo fonte do FC Porto, o autocarro foi vandalizado durante a madrugada, tendo sido pintados insultos e o nome de uma claque de apoio ao Benfica em várias partes da viatura. Os responsáveis do clube portista apenas se aperceberam do ocorrido já de manhã.

 2 comentarios en: Deportes, Outros karma: 107
18votadas

Aberto o prazo de inscrición para a II Carreira Internacional de Calvos de Vilalba

O sábado 28 de xuño é a data elixida para a celebración da segunda Carreira Internacional de Calvos. Grazas a esta simpática proba que se puxo en marcha nas mesmas datas do pasado ano 2013, a capital chairega recibirá corredores cunha característica común: serán calvos.

Data: 28/06/2014
 3 comentarios en: Deportes, Outros karma: 99
15votadas

Entrevista a Carlos Pérez “Perucho”

O kaiakista cangués Carlos Pérez Rial, ofreceulle unha entrevista a A Contra Vento, o campión olímpico do Club Piragüismo Aldán fálanos sobre diversas cuestións: A Contra Vento: ¿Como che foi a pretemporada este ano? Carlos Pérez: Como todas empezo en Outubro, cada vez o temos máis complicado porque se acerca a Olimpíada. Ó principio faise…

 sen comentarios en: Deportes, Outros karma: 122
11votadas

Xotramu pon en marcha a VI Festa de Xogos Tradicionais que contará con demostracións de xogos cántabros

A xornada do 1 de xuño o recinto feiral de Muimenta volverá abrirse para ofrecer de balde xogos tradicionais galegos e tamén os propios de Cantabria que nesta edición participan na festa. Ademais, tamén se presentará o libro "Argalladas dos pícaros".

Data: 01/06/2014
 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 113
12votadas

Cimbra o sacho nas Olimpiadas do Campo 2014

Aburrido do fútbol, do baloncesto..? Xa falamos aquí de deportes hipsters como o frisbee ou kickball, pero agora que o rural está de moda, é mellor optar polo lanzamento de sacho ou o desprazamento de marcos, actividades que non teñen nada que envexar aos deportes “oficiais” posto que contan tamén coas súas propias Olimpíadas. E son mañá! As Olimpíadas do Campo 2014 terán lugar mañá, sábado 26, ás catro da tarde, e unha hora antes comezará o recorrido do facho olímpico polas rúas de Matamá Disquecool -> ir.gl/50fd17

Data: 26/04/2014
 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 100
16votadas

Bárbara Iglesias, das carrilanas ao soño olímpico do bobsleigh

Unha galega que destaca no bobsleigh, ese deporte no que un espectacular vehículo se lanza a velocidades de vertixe a través dun tubo de xeo. Unha moza de Arcade que vive a máis de 1.700 quilómetros de distancia da pista máis cercana da disciplina. E unha muller á que lle valeu a súa experiencia nas carrilanas para se converter na primeira piloto do país en competir neste deporte. A historia de Bárbara Iglesias, de 21 anos, é a que conta un documental dirixido por Xoán Escudero e que agora vén de poñer en marcha unha campaña de micromecenado.

 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 118
15votadas

Liceo-Cerceda, a final soñada

Os dous equipos coruñeses disputan a partires de hoxe a fase final da Copa do Rei de hóckey en Lleida. En cuartos de final, hoxe Liceo-Vendrell (21.30 horas) e o venres, Cerceda-Vic (19.00h).

 2 comentarios en: Deportes, Outros karma: 97
« anterior12345...12» seguinte