93votadas

O Xornal de Galicia deixará de imprimirse este xoves

A edición de papel de Xornal de Galicia sairá á rúa pola última vez este xoves. A dirección da empresa comunicou hoxe pola mañá ao plantel que o diario xa non voltará aos quiosques e que só manterá a edición en Internet.

108votadas

“Secuestro” da revista Retranca por rirse do Papa e da Igrexa

A chegada de Bieto XVI a Santiago está a causar problemas para a liberdade de prensa esquecidos en Galicia dende o franquismo. E é que tras a sorprendente desaparición dun artigo crítico coa Igrexa en Galicia Hoxe, agora é a revista humorística Retranca quen denuncia dificultades por chegar aos quioscos ante a suposta censura da súa imprenta a un número sobre o líder relixioso.

111votadas

Encontro Irmandinho abandona o BNG

A asemblea do Encontro Irmandiño aproba, por aclamación, iniciar a construción dunha "nova fronte plural" á marxe do BNG. Ao chegaren ao acto de clausura, Carlos Aymerich e Xoán Bascuas (+G) son recibidos cunha ovación. Xosé Manuel Beiras afirmou, na súa última intervención, que "hoxe é a última oportunidade para rexenerar o BNG" e tendeu a man ao resto de formacións que ben decidiron sumarse á escisión ben teñen previsto facelo proximamente.

98votadas

Folga Xeral Nacional o 27 de Xaneiro vídeo

A CIG chama ao pobo galego a secundar a Folga Xeral Nacional o 27 de Xaneiro, en defensa das pensións e do emprego. Se ningunha das reformas que o goberno veu aprobando até agora está xustificada, a modificación das pensións só obedece a unha estratexia para facilitar liquidez e recursos á banca. Por iso, Seixo, afirmou que “se Zapatero e o seu goberno fosen minimamente honrados o que deberían facer é dimitir e pasar a cobrar a súa nómina do BBVA ou o Banco Santader, xa que traballan para a banca e non para a maioría da sociedade”.

140votadas

Máis de 150 estudantes abandonan os Comités

Logo das irregularidades previas á Asemblea Nacional dos Comités (organización surxida da unión dos antigos CAF e CAE), celebrada hoxe na Coruña, un grupo membros das tres universidades galegas, de diferentes idades, traxectorias e inquedanzas, desbotaron participar nese proceso asemblear, abandonando os Comités; e anunciando que seguirán traballando, "tal e como o fixeron ata o día de hoxe", no movemento estudantil nacionalista.

 3 comentarios en: Cultura, Ensino karma: 134
81votadas

Insulta en galego, 334 formas de galeguizar os teus insultos

Ampla listagem de insultos no nosso idioma.

 5 comentarios en: Cultura, Língua karma: 186
106votadas

Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos

GC xa informou en 2006 de irregularidades urbanísticas en varios municipios da Costa da Morte. Presuntos delitos deste tipo son o motivo dunha espectacular operación policial que promete sacudir a precampaña das eleccións locais.

80votadas

Pecha Xornal.com

A versión dixital da xa desaparecida cabeceira bota o feche e con ela 38 traballadores

84votadas

ETA anúncia o cese definitivo da sua actividade armada

ETA acaba de anunciar que "decidiu o cese definitivo da sua actividade armada". A través dun comunicado remitido a GARA, apenas tres dias despois dea Declaración de Aiete, a organización armada vasca comunica que toma esta decisión histórica e engade o seu "compromiso claro, firme e definitivo" de "superar a confrontación armada". Con ese obxectivo, fai "un chamamento aos governos de España e Franza para abrir un proceso de diálogo directo" destinado a solucionar "as consecuencias do conflito".

125votadas

En marcha a resurrección de Chuza!

Internautas traducen o código de Meneame ao galego e preparan o moi próximo lanzamento do portal de noticias editado polos propios usuarios.

 10 comentarios en: , Actualidade karma: 126
98votadas

Un conflito polo uso do castelán finaliza cun alumno agredido nun curso da CIG en Lugo

Un alumno do curso de montador de dispositivos e cadros electrónicos que se imparte no Forga de Lugo para persoas desempregadas foi agredido onte por un compañeiro de clase no transcurso dunha discusión polo idioma que se utiliza na aula. O agresor, castelanfalante, negábase a que a docente impartise a clase en galego e que o resto dos compañeiros utilizase esa lingua para comunicarse.

 9 comentarios en: Cultura, Língua karma: 190
81votadas

Detido o director e un subdirector do Igape nunha investigación por branqueo

O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, presta declaración tras ser detido por axentes de Vixilancia Aduaneira, segundo adiantou a Cadea Ser. Xunto ao director xeral foi detido o subdirector de Informacións Especiais deste organismo, Carlos Silva Liste

92votadas

Faleceu Francisco Fernández del Riego

Intelectual galeguista e ex-presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego faleceu este venres á idade de 97 anos segundo confirmou a Europa Press o secretario da institución académica, Xosé Luis Axeitos. Del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós e foi un dos principais artífices da editorial Galaxia, ademais de situarse á fronte da RAG entre o 1997 e o 2001

96votadas

Preséntase en Bremen unha tese que toma o Decreto de Feijóo como modelo para extinguir linguas

Na Universidade de Bremen (Alemaña) acaba de presentarse unha tese de licenciatura que analiza os efectos das medidas lexislativas tomadas polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo sobre o galego. A tese, un "estudo empírico" supervisado po Klaus Zimmermann, asínaa Zuzana Pesselova e leva por título Auswirkungen der neueren galicischen Sprachpolitik im Kontext des galicischen Weltbildes ("As consecuencias da política lingüística galega recente nun contexto do mundo galego).

 14 comentarios en: Cultura, Língua karma: 154
78votadas

O tribunal supremo de Madrid discrimina a un aluno galego da garda civil (por selo e gabarse), e chimpao da academia

En Europa Press europapress.es/galicia/noticia-supremo-confirma-expulsion-academia-bael Esta é a resposta perante a actitude do aluno da academia militar de Baeza en Jaen, Miguel Limia, que ten como pecado non sentirse español senón galego, tal e como recolle a constitución "acordada" para a convivencia común no referente a nacionalidades do estado, e ante a súa negativa a dar a vida por "España", malia a estar disposto a dala por outra persoa que precisara da súa axuda

87votadas

Marineda City “presume” de ignorar o galego

A semana que vén terá lugar a inauguración do centro comercial Marineda City, preto da Coruña. A campaña de publicidade xa comezou hai uns días, con anuncios unicamente en castelán tanto no seu canal de Youtube como na TVG. "¿De que presume Galicia?", din, e a actriz María Castro responde "De tener complejo... el mayor complejo comercial de España".

 4 comentarios en: Cultura, Língua karma: 167
98votadas

Beiras: "Os terroristas máis perigrosos son Rajoy, Rouco, Rubalcaba..."

O ex voceiro nacional do BNG e actual líder da corrente Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, dixo, nas II Xornadas da Mocidade Galega da MNG, que "os terroristas máis perigosos neste momento non só andan libres, senón que están no poder", e citou como exemplos o presidente do PP nacional, Mariano Rajoy; o gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez; ao vicepresidente e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba; e ao presidente da Conferencia Episcopal; Antonio María Rouco Varela.

96votadas

Conde Roa proibe romaria de Causa Galiza no Dia da Pátria alegando “motivos de segurança”

Causa Galiza vem de receber, com data de hoje, 21 de julho, a denegaçom da permissom municipal para a realizaçom da tradicional romaria para comemorar o Dia da Pátria, que este ano. Se bem num princípio o concelho de Compostela concedera a autorizaçom com data no 30 de junho, agora, por meio de um correio electrónico, e com só um dia hábil de prazo para apresentar recurso contra o mesmo, notificam a negativa. A escusa empregada é, textualmente, “que o paruqe Fermin Bouza Brei atópase contiguo á Avenida Juan XXII(sic), que comunica coa Praza do

82votadas

O video de apresentaçom de Mariano Rajoy amosa o mapa comarcal de Nos-UP vídeo

O video de apresentaçom do candidato Mariano Rajoy usa na infografía o mapa comarca apresentado por Nos-Up ha anos. Segundo 40 ao 46.

 30 comentarios en: Lecer, Humor karma: 220
69votadas

Dimite Fernando Blanco tras as acusacións pola operación 'Campeón'

Renuncia a ser deputado e candidato do BNG en Lugo logo de cualificar de "calumnias" as palabras de Dorribo e confirmar que presentará unha querela

« anterior12345...1261» seguinte

Chuza