60votadas

O galego, 'varrido' do 95% do ensino infantil nas cidades

Segundo "declaran" os centros consultados, a suma daqueles que empregan total ou parcialmente o galego no ensino de nenos e nenas de 3 a 6 anos non supón máis que un 4,96% do total, isto é, 14 colexios en todo o país.

 10 comentarios en: Cultura, Língua karma: 169
63votadas

Entrevista a Silvia Casal após a sua posta em liberdade

«A veciña de Narón Silvia Casal e a súa parella, Xulio Sayáns, foron detidos a pasada semana e trasladados a Madrid pola súa suposta colaboración con Resistencia Galega. Tras dúas noites e un día de incomunicación, a xove foi posta en liberdade sen cargos, mentres que o seu compañeiro está en prisión preventiva. Onte, Silvia, co seu bebé de oito meses, accedeu a relatar a súa experiencia para este xornal [Diario de Ferrol]»

67votadas

"Ni tengo que conocer a los diputados, ni tengo que saber gallego, punto filipino"

Tres deputadas do BNG foron retidas na porta tras saíren a solidarizarse cos colectivos que protestaban ante o Parlamento. Ao regresar á Cámara, os policías trataron de impedirlles a entrada. Tras uns segundos de discusión, puideron acceder ao Parlamento. Un dos axentes, ante o caso, declarou: “Ni tengo que conocer a los diputados, ni tengo que saber gallego, punto filipino"

 19 comentarios en: Cultura, Língua karma: 180
67votadas

Questões para esta campanha eleitoral imaxe

sphotos-c.ak.fbcdn.net

 1 comentarios en: Lecer, Humor karma: 168
60votadas

Morre Hugo Chávez Frías

O vicepresidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anunciou em canal nacional de rádio e televisom que o presidente venezuelano, Hugo Chávez, faleceu logo de batalhar contra o cancro que padecia desde hai dous anos.

66votadas

A Mesa denuncia que unha doutora do Sergas 'prohibiu falar galego na casa dun moribundo'

Un ataque á "liberdade lingüística máis esencial". Así define a Mesa pola Normalización Lingüística o sucedido o pasado 29 de xuño nunha casa de Oleiros, cando unha familia atopou o conflito por razóns de lingua na máis insospeitada da situacións: a asistencia a unha persoa a piques de morrer. A Mesa vén de facer público que os familiares deste home tramitan unha reclamación formal despois de que unha doutora do servizo de emerxencias do Sergas, espetáralles "No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano".

 10 comentarios en: Cultura, Língua karma: 139
61votadas

Adeus a Avelino Pousa Antelo, o soñador da Galiza redimida

Cando estaba a piques de cumprir un século de vida, Avelino Pousa Antelo pecha unha biografía ateigada de compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura e co noso país. O seu corpo estará exposto desde mañá día 21 ás 12 e media no Concello de Teo até 19. horas no en que será incinerado. A familia prega que non se envíen flores e, no canto diso, se se quixer, que se faga unha doazón a APAMITE (Asociación de Pais de Minusválidos de Teo) youtube.com/watch?v=Hi9gTM9Vag8

62votadas

Un mosaico cunha estreleira xigante en Balaídos o próximo 28 de Outubro

Un mosaico cunha estreleira xigante en Balaídos o próximo 28 de Outubro Por unha Galiza unida na festa do fútbol galego.

Data: 28/10/2012
 4 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 154
65votadas

O ministerio de Interior somete á lei antiterrorista unha crianza de 8 meses

A policía española prendeu esta segunda feira a Sílvia C.S. e o seu compañeiro Júlio S.S., militantes independentistas que vinculan co denominado 'aparello de financiamento' de Resistencia Galega. Canda el@s levaron o seu fillo, aínda lactante, ao que manteron cinco horas sen se alimentar após separalo da súa nai, até as tres da madrugada, cando unha familiar da parella foi avisada para facerse cargo do pequeno. Os feitos supoñen máis unha mostra de violencia de género exercida desde as institucións contra as mulleres

81votadas

Minuto 19:15, "No me parece correcto que usted hable en gallego" [Audio]

Programa "Pensando en tí" da Radio Galega, de Alberto Freire, onde o condutor do programa mantem umha conversa com Amália de Ferrol a noite do 17 de Natal.

 22 comentarios en: Cultura, Língua karma: 149
69votadas

Seareiros do Celta evitam que o fascista Salva Ballesta seja o segundo treinador do clube

O Celta de Vigo anunciou esta segunda feira mudanças. Paco Herrera foi destituido como treinador e confirmou aa chegada de Abel Resino. Pola contra, Salva Ballesta, que devia chegar como segundo treinador, ficou polo caminho.

 14 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 162
79votadas

Unha xuíza de Vigo rexeita unha demanda por estar escrita en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un novo e grave caso de discriminación contra o idioma galego na Administración de Xustiza. Neste caso, unha demanda presentada en Vigo foi rexeitada por estar escrita na lingua que o Estatuto de Autonomía recoñece como “propia” e tamén “oficial” de Galiza.

 20 comentarios en: Cultura, Língua karma: 212
57votadas

Xosé Luís Méndez Ferrín vén de presentar a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega

Xosé Luís Méndez Ferrín presentou a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega. Este domingo remitiu unha carta na que informaba da súa renuncia, que se formalizará no próximo plenario da institución, que se convocará en breve. O escritor tamén renunciará á súa condición de membro numerario da RAG.

 21 comentarios en: Cultura, Língua karma: 189
50votadas

Unha escavadora destrúe unha mámoa de 6.000 anos de antigüidade en Pinzás

Unha mámoa de 6.000 anos de antigüidade, situada no alto do monte Castiñeira da parroquia de Pinzás (Tomiño), foi destruída case na súa totalidade por unha escavadora, coa suposta intención de expoliar os posibles restos de valor que houbesen no seu interior

 2 comentarios en: Cultura, Historia karma: 146
57votadas

A verdade sobre a Balanza Fiscal Galiza vs Espanha

O espólio fiscal e financeiro espanhol da Galiza quantifica-se em 4.435 milhões de Euros anuais segundo o economista Xavier Díaz.

55votadas

O ministro de Educación afirma que o obxectivo do Goberno é "españolizar" aos alumnos cataláns

O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, dixo hoxe que o interese do Executivo é "españolizar aos alumnos cataláns" co fin de que "se sintan tan orgullosos de ser españois como cataláns".Así, engadiu, terán "a vivencia equilibrada das dúas identidades" -a española e a catalana- porque "as dúas os enriquecen e fortalecen".

53votadas

Espanha será resgatada após as eleiçons galegas

Metres Feijóo presume de salvar a Galicia do rescate; cargos do Goberno de España filtran á prensa internacional que España está a piques de pedir unha "liña de crédito". Fano por vez primeira e a catro días dos comicios do 21-0.

56votadas

O Consello de Europa censura a política lingüística da Xunta

Outro duro informe europeo contra a política lingüística da Xunta. O Comité de Ministros do Consello de Europa vén de aprobar as recomendacións a España con motivo do terceiro ciclo de seguimento do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, nos que analiza a situación dos idiomas cooficiais no Estado. Non deixa en moi bo lugar ao Goberno de Feijóo que, tal e como se prevía, atoparase de novo con fortes críticas ao seu tratamento á lingua propia no comezo do seu mandato.

 1 comentarios en: Cultura, Língua karma: 189
62votadas

Martín Códax? Como se lle vai poñer á casa da cultura o nome dun viño?

No pleno ordinario do mes de novembro de Ribeira, e ante a moción presentada polo PSOE relativa a melloras na parroquia de Castiñeiras, a concelleira de IPR propuxo denominar a casa da cultura desa localidade Miguel Hernández. O BNG propuxo que, xa que temos unha cultura propia, podíaselle pór, por exemplo, Martín Códax. Ante isto, a concelleira de xuventude e igualdade, exclamou “Como se lle vai poñer á casa da cultura o nome dun viño!” Ante isto, explicáronlle quen era para que en vindeiras ocasións poña en valor a nosa cultura.

 9 comentarios en: Lecer, Humor karma: 200
50votadas

"Hemos feito" que o galego estea en "crisi"?

Os erros ortográficos e gramaticais son unha constante na lingua empregada por diversos dirixentes políticos de Galiza. Praza analiza coa axuda do académico Xosé Luís Regueira as posibles causas do problema.

 13 comentarios en: Cultura, Língua karma: 192
« anterior12345...369» seguinte

Chuza