40votadas

A cultura en galego non existe para as festas que organiza o concello de Ferrol

Artigo no Sermos -> ir.gl/24dac 200.000 € nunhas celebracións onde dominará case por completo o castelán e apenas hai espazo para a tradición popular galega. Nin un só grupo musical en galego, nin unha soa actividade relacionada coa cultura propia ou de base terá cabida no programa que organizou o goberno do PP, centrado en artistas como os restos de Nacha Pop, o ferrolán de nacemento pero afincado desde sempre en Madrid Carlos Jean, Mónica Naranjo ou os locais Los Limones, veterana banda...

38votadas

Mondariz-Balneario proxecta vivendas no medio dun xardín histórico

O concello recalificará terreos dentro do recinto orixinal do Gran Hotel para que unha construtora levante os edificios.

30votadas

A primeira gaiteira galega da historia

A figura de Áurea Rodríguez foi descuberta, fai xa máis de seis anos, pola musicóloga Sonsoles Hernández Barbosa no marco das súas investigacións sobre a música en Celanova (Itinerario Histórico-Musical de Celanova e Vilanova dos Infantes, Ouvirmos, 2007). Apenas chégannos tres datos da súa biografía, pero suficientes para saber que foi unha muller con iniciativa,…

 3 comentarios en: Cultura, Música karma: 100
39votadas

Manifestaçons polo Dia da Pátria Galega juntam milhares em Compostela imaxe

Para além da multitudinária manifestaçom do BNG, Nós-UP e Causa Galiza juntárom alguns centos. Em quase 24 horas de mobilizaçons em Compostela, milhares de galegas e galegos tomárom as ruas para exigir os seus direitos nacionais.

36votadas

Goberno espanhol consuma pago de centros privados para familias que exijan estudar en castelán

Garantías para o castelán. Pero só para o castelán. Dende amanhá, segundo decreto aprobado hoje, os pais que desejen que os filhos estuden co castelán como lingua vehicular nas autonomías con idioma cooficial nas que -segundo as teses do Goberno- non se lhes garanta esa opción nun centro público e cunha oferta razoable, poderán solicitar ja a compensación dos gastos nunha escola privada no que os seus nenos serían escolarizados no vindeiro curso. Nada para pais galegos que queran que os seus nenos estuden coa lingua propia como vehicular.

 1 comentarios en: Cultura, Ensino karma: 89
29votadas

DoMelhor: fim de um ciclo

Há oito anos e meio, no arranque do ano 2006, a Net era bastante diferente: os blogues estavam em rápida expansão, as redes sociais estavam na sua infância (quem ainda se lembra do Hi5 ou do Myspace?) e muito poucos conheciam o Facebook. Nessa altura os chamados sites de jornalismo participativo eram dos mais visitados com predominância para o popular Digg.

47votadas

O cosmopailanismo rexorde en Sanxenxo e boicotea un concerto de Mónica de Nut e Virxilio da Silva

A noite do 31 de xullo o Dux Sanxenxo recibía a visita de Mónica de Nut e Virxilio da Silva. O concerto estaba inserido dentro dun ciclo patrocinado pola cervexa Estrella Galicia. O que podía ser unha marabillosa noite de música, -eran moit@s @s seareir@s da cantante viguesa que se achegaran até o local do Salnés-, rematou de xeito inesperado e vergoñento no terceiro tema. Ao parecer o estilo de Mónica non era o acaído para o local, que se coloca así na cimeira do cosmopaletismo.

 1 comentarios en: Cultura, Música karma: 98
32votadas

A Federación Galega traballa coa hipótese de que Galiza volte xogar un amigábel este nadal

Galiza podería voltar aos terrenos de xogo e todo apunta a que con Fernando Vázquez outra volta como seleccionador nacional. Así o avanzou en Radio Coruña o presidente da Federación Galega, José García Liñares.

 2 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 103
29votadas

Sen traballo no Sergas por estar embarazada

Concentración o mércores 20 ás 11 diante da porta de Urxencias do Hospital Xeral de Vigo. Baixo o lema En contra da discriminación laboral das embarazadas, os convocantes queren "denunciar enerxicamente" o que consideran un "feito moi grave". Segundo denuncian, a xerencia do centro negoulle a unha muller o dereito a un posto de traballo "por estar embarazada" algo que, tal e como sinalan, "sentaría un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e de dereito ao traballo como se a situación de embarazo fose unha enfermidade"

23votadas

O Estado non ten diñeiro abondo para garantir os depósitos bancarios

En teoría, o Estado debe responder dos depósitos das e dos aforradores até a cantidade de 100 mil euros por titular e conta. Mais o diñeiro en efectivo do que dispón neste momento o Fondo de Garantía de Depósitos non é suficiente para garantir os aforros das e dos particulares. A venda de NGB e Catalunya Banc aumentou o buraco do FGD. A única certeza é que o organismo que protexe os aforros dos cidadáns ten un patrimonio neto negativo segundo as súas propias contas; porén, a situación sería moito peor se non acudira a argalladas contábeis...

18votadas

Por que as cousas saben diferente despois de lavar os dentes? vídeo

A lingua ten por volta de 100.000 papilas gustativas divididas en cinco tipos, que corresponden aos cinco sabores básicos que podemos percibir: amargo, ácido, salgado, doce e umami. Pola súa parte, a pasta de dentes ten catro compoñentes principais: auga, abrasivos para combater a placa bacteriana, flúor para previr as caries e deterxente... para facer espuma.

46votadas

Recomeçou atividade mineira que destrói o santuário rupestre galego

Nem está publicado no DOG nem foi comunicado a alegantes, mas Cementos Cosmos (filial do brasileiro Grupo Votorantim), ao pouco de filtrar que recebera licença municipal, começou explorar de novo a canteira de Vila-velha (concelho de Triacastela) que leva várias décadas destruindo a Cova Eirós, onde se atopa a primeira mostra de arte rupestre na Galiza.

32votadas

A Xunta devolve os concertos aos centros que separan por sexo

Argumenta que a Lomce permite a estes catro centros recuperar o concerto, que foi denegado en 2013 por impartir educación diferenciada.

 1 comentarios en: Cultura, Ensino karma: 108
33votadas

Dia de Galicia ou Dia "Nacional" de Galicia?

A Xunta de Galicia governada polo PP há mais de 25 anos incumpre reiteradamente a sua própria legislação sobre a denominação oficial do 25 de Julho, que é, nem mais nem menos, Dia "Nacional" de Galicia.

fbcdn-sphotos-f-a.akamaihd.net

28votadas

Caminho dos três anos de Semente

A Semente é um centro para crianças de entre 2 e 6 anos que nasceu em 2011 por iniciativa da associaçom cultural compostelana a Gentalha do Pichel. Naquela altura considerávamos que precisávamos de umha rede de centros de imersom linguística que permitisse que aquelas famílias que quixerem legar o galego às suas crianças tivessem um ensino 100% em galego. E começamos por criar um. A nossa hipótese é que havia procura, e três ano depois as vagas estáḿ completas e afrontamos o desafio de termos que crescer para o ano próximo.

 1 comentarios en: Cultura, Ensino karma: 85
18votadas

Novo recorde mundial de lançamento de cartom de identidade espanhol

Um vizinho daa vila catalã de Bescanó bate a melhor marca registrada (38 metros) até agora de umha competiçm "separatista", em chave de humor, que cada vez se populariza mais na Catalunya.

 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 79
38votadas

Colecção de Trisqueis, Entrelaçados, Rosáceas e Cruzes Solares. Idade do Bronze. MASAT. A Guarda. Galiza

No Museo Arqueolóxico de Santa Trega. (A Guarda. Galiza) encontra-se uma das melhores e maiores colecções da Europa de trisqueis, quatristeis, entrelaçados, rosáceas e cruzes solares da Idade do Bronze. Estas peças são uma constatação de que a civilização Galaico-Celta era possuidora dum elevadíssimo grau de desenvolvimento artístico, religioso e simbólico. Mais info sobre a figura do trisquel: goo.gl/rEKtXm [PDF].

scontent-b-mad.xx.fbcdn.net

 1 comentarios en: Cultura, Historia karma: 101
23votadas

O goberno español presenta 255 novas medidas de recortes ás Comunidades

Baixo os eufemismos de revisión, adecuación, minoración, redución transitoria,… o texto oficia sigue o mesmo camiño que os recortes de 2012 e propón outra vez, en sanidade, servizos sociais e educación, medidas de normativa básica. Choca o anuncio dos recortes o mesmo día que anuncian o que costa aos españois o rescate e venta da Caixa Catalana ao BBVA. O diñeiro que se vai “dar” ao banco supera amplamente a cantidade que se pretende conseguir cos recortes. E mentres, desde o Goberno, anuncian que rematou a etapa dos recortes máis duros.

46votadas

A Balança Fiscal do espanholismo imaxe

As Balanças Fiscais que vem de publicar o Governo Espanhol (23/07/2014), têm toda a pinta de estarem cozinhadas, mas além disso, estão realizadas polo método da Carga-Beneficio (quando o normal em toda a Europa é fazê-las polo método do Fluxo-Monetário). O curioso é que imputam a Galiza gastos de organismos e instituições que pouco tem a ver com a Galiza como o Museu del Prado de Madrid, ou similares... goo.gl/0pQ0OE -

scontent-b-mad.xx.fbcdn.net

41votadas

Un equipo Galego, en Galego: "Deportivo da Coruña"

Recollida de firmas, para que o equipo pase a chamarse: "Real Club Deportivo da Coruña", coma o nome oficial da cidade. change.org/es/peticiones/real-club-deportivo-da-coru%C3%B1a-un-equipo-e

 8 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 91
« anterior12345...15» seguinte

Chuza