23votadas

A Xunta ve na "interesante" mina de Corcoesto unha "grande oportunidade"

"Interesante" ou unha "grande oportunidade" para os "investimentos". Son algunhas das consideracións que ao conselleiro de Industria, Javier Guerra, lle merece a mina de ouro a ceo aberto que a empresa canadiana Edgewater proxecta explotar en Corcoesto. "Habería outras alternativas", di Aymerich, como pór en marcha "unha explotación soterrada" ou empregar "outros produtos químicos". "Pero non sería tan rendíbel", matiza, nun contexto no que o Parlamento Europeo recomenda non empregar o cianuro polos seus gravísimos impactos ambientais.

negativos: 0  usuarios: 16  anónimos: 7  orde:   compartir:  cabozo  twitter  facebook  buzz  friendfeed
    (-)  unha grande oportunidade, si, para os canadenses...e supoño q para algún máis, q encherá os petos

    "O plan de Edgewater Exploration, asegura Guerra, traerá consigo "investimentos superiores aos 110 millóns de euros" aos que se engadirían outros 150 de "custos da operación"


    sihosí, e de todos eses investimentos, q vai quedar en Corcoesto, ademais de merda, dentro de 15 anos???

    "con "máis de 500 postos de traballo" para a "preparación de infraestruturas"
    con idéntico rigor (mortis) podían ter posto 3.500 en vez de 500, total, non hai q xustificar nada..........

    colonialismo, puro e duro: empresa de fóra, vén, leva os nosos recursos e deixa aquí merda e destrución
    #1 votos: 6, karma: 121 link
    el 13-06-2012 23:39 CEST por marinela
    (-)  Pois é. Se em vez destas trangalhadas pensassem em reestruturar o agro e a gandaria poderiam:
    - Criar umha moreia de empregos.
    - Recuperar um monte de aldeias e terras agora desaproveitados.
    - Reativar a construçom, comunicações, etc. coa recuperaçom das aldeias.
    - Reduzir os incêndios ao limpar e recuperar as terras em situaçom de abandono.
    - Chegar ao autoabastecimento alimentário (e pode que dalgumhas outras manufaturas), reduzindo as importações.
    - Mesmo de haver excedentes, poderiam aumentar-se as exportações.

    Todo esse movimento e sinergias reativariam a economia e diminuiriam o défice. Mas para isso haveria que atuar independentemente e nom como um sub-país subdesenvolvido e colonizado.

    E isso é só umha das infinitas possibilidades que tem a Galiza.
    #2 votos: 8, karma: 152 link
    el 14-06-2012 01:28 CEST por Medulio
    (-)  Si-si, mui buen rrollito, pero mi comisión ¿qué?
    #3 votos: 0, karma: 20 link
    el 14-06-2012 09:42 CEST por freirinho
    (-)  Em pementos ou patacas? {wink}

    Em qualquer caso a maquia nom seria cousa nova...
    estraviz.org/maquia
    #4 votos: 0, karma: 7 link
    el 14-06-2012 16:38 CEST por Medulio
    (-)  cianuro ben dirixido é cianuro positivo
    #5 votos: 0, karma: 10 link
    el 14-06-2012 18:34 CEST por eumesmo1
    (-)  e nunca digas deste cianuro non beberei...
    #6 votos: 0, karma: 18 link
    el 14-06-2012 23:37 CEST por marinela
comentarios pechados

Chuza