24votadas

O rescate de Grecia: facer fronte aos acredores é unha mellor alternativa

O rescate financeiro grego pode compararse ao rescate do BM e o FMI na América latina nos anos oitenta. Tal rescate permitiu que se mantivera o pago da débeda cara aos bancos dos países ricos, mais fixo que os países rescatados se afundiran na pobreza mentres aumentaba o paro e a desigualdade. Existen alternativas: Tras a SGM a débeda alemá foi cancelada de xeito masivo e os reembolsos restantes ligáronse ao crecemento do país. Aos gobernos vailles mellor cando fronte ao poder dos seus acredores. [ENG] tradución no 1º comentario.

etiquetas: grecia, débeda, bm, fmi
negativos: 0  usuarios: 21  anónimos: 3  orde:   compartir:  cabozo  twitter  facebook  buzz  friendfeed
    (-)  Grecia é unha cortina de fume para ocultar a nai de todos os rescates bancarios
    Os ministros de finanzas da zona euro que se sentaron en Bruxelas e decidiron onte á noite o futuro de Grecia deberían ter comparecido onte a unha Conferencia da Universidade de Londres sobre as leccións aprendidas na América Latina.
    A lección central é de urxente importancia: que as políticas económicas imposta na América Latina a principios dos anos 1980 foron unha excelente forma de axudar os bancos norteamericanos a saír da crise, pero un xeito terrible de resolver a crise da débeda de América Latina, de creación de dúas décadas de máis débeda, de pobreza e de desigualdade.
    Por suposto, este era o propósito exacto desas políticas: trasladar a carga da crise financeira do sistema financeiro ás nacións en desenvolvemento.
    O Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial prestou diñeiro a decenas de países que doutra forma non poderían pagar a débeda, de modo que se mantiveran os pagamentos da débeda de volta para os bancos do mundo rico que crearan a crise polas súas propias estratexias imprudentes.
    Entón, eses países, que en realidade non se beneficiaron deses fondos de rescates financeiros, foron encamiñados a aplicar políticas de axustes estruturais que fixeron que a industria fora privatizada, o diñeiro non tivera o control do goberno e os mercados quedaran expostos á competencia das empresas ben subvencionadas de Estados Unidos e Europa. A pobreza creceu, a desigualdade aumentou e as finanzas foron proclamadas raíñas.
    A mesma lóxica escóndese detrás do rescate a Grecia que está a ser acordado polos ministros das finanzas europeos hoxe. Non hai sequera unha pretensión de que a xente en Grecia vaia beneficiarse destes fondos.
    Recoñécese que, o que os sindicatos gregos chaman “bárbaras” medidas de austeridade adicionais que Grecia ten que aplicar para recibir estes fondos, levará ao estancamento e ao aumento do desemprego para saldar a débeda. En 2020 as débedas de Grecia aínda representarán un insostible 120 por cento do PIB do país, e iso se as cousas van moi ben.
    Os recortes das pensións en outro 13 por cento e do salario mínimo en un 22 por cento, e a gran redución do gasto coas concomitantes perdas de empregos no sector público, só poden facer á depresión máis longa e profunda. Mesmo as axencias de avaliación do crédito teñen recoñecido a futilidade de obrigar aos países a un estancamento permanente.
    Entón, cal é o punto do rescate? Manter o diñeiro fl  » ver todo o comentario
    #1 votos: 3, karma: 58 link
    el 24-02-2012 12:24 CET por Jorganes
    (-)  C+C: "Aínda que non exista unha resposta libre de dor á crise da débeda, cando os gobernos fan fronte ao poder dos seus acredores incumprindo os pagamentos, facendo unha auditoría das súas débedas ou insistindo nas súas propias condicións de reembolso —de Arxentina ao Ecuador á Islandia— teñen saído moito mellor. "

    E já vam asegurando que nom lhes aconteça como no Ecuador. Agora na Espanha, por lei, há que pagar primeiro as dívidas que a sanidade ou as pensons.. {shame}

    cousasdeimeneo.blogspot.com/2011/09/as-terribeis-consecuencias-da-refol
    #3 votos: 1, karma: 35 link
    el 25-02-2012 07:30 CET por Socram
    (-)  Pois é: o melhor trato que merecem os €$PP€CULADOR€$ FINANCIEIROS é UMA PATADA NOS COLHOES ..
    Avante o POVO GREGO LIVRE!!
    #2 votos: 0, karma: 10 link
    el 24-02-2012 21:58 CET por Ambolo
comentarios pechados

Chuza