13
O ‘Moropa' é de Manuel Baulo, fillo do patriarca do clan dos Caneos e irmán de Daniel Baulo, “o narco máis importante de España”.O 19 de maio de 2009 o presidente do PP, Mariano Rajoy, participou en Cambados na precampaña do seu partido para as eleccións europeas falando de pesca. E fíxoo, a bordo do Moropa, un pesqueiro do cerco. Ese buque pertence polo menos desde 1998 a Manuel Baulo Carballo, do clan familiar dos Caneos, con varios dos seus membros condenados por narcotráfico e unha longa historia de vinganzas e delacións.