17
A Axencia Espacial Europea (ESA) anunciou o lanzamento o próximo 9 de febreiro do picosatélite galego Xatcobeo, iniciativa liderada pola Universidade de Vigo para a construción do primeiro CubeSat 1Ou dunha institución académica de Europa que se constrúe con estándares da ESA. O 9 de febreiro é a "data obxectivo" da Axencia para o voo inaugural do foguete Vega, que levará no seu interior ao Xatcobeo, aínda que podería haber atrasos por ser "todo novo", informou a Universidade viguesa nun comunicado...