24
A partir do 1 de xullo as e os doentes con rendas máis baixas terán que adiantar 30 € ao mes polos medicamentos prescritos por facultativos da sanidade pública. Así quedará aprobado na reunión do Consello Interterritorial do Ministerio de Sanidade, que terá lugar o vindeiro 27 de xuño, co acordo das comunidades autónomas, cando menos as gobernadas polo PP. A CIG alerta de que a imposición do copago farmacéutico afectará máis ás persoas en condicións económicas máis desfavorecidas e con máis problemas de saúde, o que considera unha inxustiza...