25
O mércores 27 de xuño, ás 18.30 horas, os sindicatos recibían por fax unha comunicación da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se anuncia a suspensión do dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto que teña prestado servizos á administración durante, polo menos, cinco meses e medio durante o curso 2011-12. Esta suspensión esténdese tamén ao próximo curso 2012-13.