16
Quería falarlles do burato de Bankia, pero é algo impreciso de máis. Cando se me ocorreu o tema a cousa andaba por 12.000 millóns e pico, que veñen sendo un billón das extintas pesetas. A hora de escribilo, ás últimas informacións falaban de que os fondos públicos que habería que poñer eran 20.000 millóns de euros. Decido escribir do asunto porque aquí non pasa nada, sexan 12, sexan 20 ou sexan 30.000 millóns de pufo cando vostedes estean lendo isto.