19
Persoal da Consellería de Medio Ambiente, Confederación Hidrográfica e Garda Civil investiga actualmente a aparición dun vertedoiro tóxico ilegal na contorna do polígono de San Cibrao das Viñas, que se saldou co achado de toneladas de residuos enterrados baixo terra. Amigos da Terra, quen informa nun comunicado do achado dunha fosa con toneladas de chatarra, deterxentes, plásticos e bidóns de pintura, entre outros residuos tóxicos, os cales, advirten, poderían incluso pór en perigo "a salubridade do río Barbaña".