22
O novo Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), publicado por Medio Rural, establece que o operativo da Xunta de Galicia na campaña de verán estará composto por 5.689 persoas, 363 menos que en 2011. O plan revela igualmente a diminución de dous helicópteros, que pasan de 26 a 24, e descenden así mesmo as brigadas helitransportadas, de 24 a 20.