19votadas

Esperando o leiteiro, o novo de Neira Vilas

Un mozo emprende a viaxe cara América desde a súa aldea. Coa mala sorte de que, coa emoción das despedidas, demora máis da conta e perde o coche de liña. Non lle queda máis remedio que esperar polo camión do leiteiro. Sentado na súa maleta de emigrante, cavila sobre a súa vida. Acompáñano na espera unha vendedora de figos e un pai que quere levar ao seu fillo miope ao oculista. Así comeza Esperando o leiteiro, (Galaxia), a nova novela de Xosé Neira Vilas. O autor volve ollar, nesta obra, á emigración da Galicia rural desde a perspectiva dun...

negativos: 0  usuarios: 13  anónimos: 6  orde:   compartir:  cabozo  twitter  facebook  buzz  friendfeed
comentarios pechados

Chuza