28
“A superación da crise económica pasa tamén por acabar cos privilexios fiscais, que xunto co enorme volume de fraude fiscal e o inxusto reparto dos impostos, que recaen sobre todo nas clases media e baixa, levaron a unha crise fiscal no Estado español” afirma o deputado do BNG Francisco Jorquera. O candidato nacionalista defendeu “rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, que significan que o Concello de Santiago deixa de ingresar 200.000 euros anuais"