30
A Consellaría convocou tres concursos que foron dar a dúas empresas de fóra de Galiza, a madrileña Expociencia, encargada da montaxe e a de transporte Severino Servicio Movil, que trasladará as pezas ao Gaiás desde os noventa puntos de orixe. Os concursos de transporte foron convocados por 233mil€ e 177mil€ e o de montaxe por 802mil€ e adxudicado por 598mil€ segundo a propia Xunta. Indican que se trata da “resolución dos primeiros concursos de transporte e de montaxe” polo que o orzamento verase incrementado coa suma das próximas adxudicacións.