32
Unha rúa galaico-romana dos séculos III e IV con 35 metros de longo e case tres de ancho é o máis recente achado na segunda campaña de escavación na Atalaia do Castro de Armea , na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas. Trátase segundo declaración do arqueólogo David Pérez ao xornal La Región, dunha rúa de trazado recto e ben pavimentado que divide as casas do poboado cunha cantería “exquisita”. Nunha campaña anterior en 2011 da que deu conta Cultura galega.org atopáronse os primeiros muros e vestixios desta vila galaico-romana...