En cada cuarto a barreira que separa o real do finxido, dilúese. Cando os asistentes cruzan o limiar, os actores non están, convertéronse nunha sorte de idea, de concepto. No micro-teatro, actores e público expóñense para ser quen de (por medio dunha catarse, dunha mimetización, dun deixarse levar) vivir unha vida dentro doutra, unha metavida; para experimentar sensacións e accións das que a vida cotiá non podería conta.
A editorial Positivas está a lanzar este ano as Obras Completas de Vidal Bolaño, un proxecto no que o selo vén traballando dende finais do 2011, moito antes de que as Letras Galegas se lle dedicasen a Roberto Vidal Bolaño. Polo momento, nas librarías xa chegaron os dous primeiros dos seis tomos que conforman a colección. "Os editores, os editores pequenos, temos que buscar os espazos que deixan libres as grandes editoras. En Galicia, a verdade, deixan case todo libre e non é difícil atopar espazos", di Paco Macías, o editor, que é entrevistado.
Na seguinte imaxe interactiva podedes acceder a varios recursos eductivos para saber un pouco máis sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013.
A Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), que leva desde o ano 2005 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, vén de denunciar que a Embaixada española en Tunisia impediu a participación do grupo de teatro tunisiano Fanni Raghman Anni-Mon arte Malgré Moi na edición deste ano. Segundo a agrupación, que colabora na achega das realidades sociais de diferentes países a través das actuacións de diferentes compañías, denuncia que o Goberno central prohibiu a chegada do grupo norteafricano a Galicia argumentando que...
Cesáreo Sánchez foi elixido pola Asociación de Actores e Actrices Galegos (AAAG) para asinar o Manifesto Galego do día do Teatro no marco da XVII edición dos Premios María Casares, que se entregaron esta cuarta feira no 27 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña. O poeta orixinario do Irixo, tamén presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, falou con Sermos Galiza do futuro das artes escénicas galegas.
A Aula de Teatro Universitaria de Ourense de organiza en 1994 a I Mostra de Teatro Galego Universitario de Ourense, que pasará en 1996 a constituírse na I MITEU (Mostra Ibérica / Internacional de Teatro Universitario). Esta Mostra pretende potenciar o intercambio artístico e humano entre grupos galegos e grupos da Península Ibérica ou de fóra dela. Ao remate das funcións establécese un coloquio sobre a obra e sobre os procesos de ensaios e as distintas xestións dos grupos universitarios. Programa-> miteu.es/2013/programa.html
A segunda xornada de 'escrache' ao conselleiro tivo lugar tamén no Gaias. Á saída da presentación dunha nova exposición do museo recibiu os apupos do sector entre berros de "demisión". Vídeo da protesta e a contestación do conselleiro no interior .
O novo director estivo acompañado de familiares e membros da cultura oficial. Algúns membros da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais estiveron presentes "malia avisarnos con pouco tempo"
A crise da Unión Europea, a corrupción xeralizada, as conexións entre o poder financeiro e o político... en Eurozone quixemos afondar un pouco na situación actual, aínda que somos conscientes da dificultade de manterse ao día e coa cabeza clara fronte ao bombardeo de información económica. Para axudar a entender a trama (a da obra e a do mundo no que nos tocou vivir) falamos con Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, que se prestou a facernos unha síntese do acontecido nestes últimos anos
A nova montaxe da compañía é un “panfleto teatral” no que os líderes europeos bailan ao son da violencia estética de Tarantino. “Europa. Así nos chamamos e así somos. O resultado dunha violación. Dun cruce antinatura entre un deus saído, travestido en touro, e unha pija con ganas de marcha”. Oito actores interpretarán -con grandes doses de metateatro e retranca- os líderes dunha Unión Europea moribunda. A crise é aguda e Chévere non se libra das consecuencias, a compañía estreará este venres a obra en Teo, pero terá que adiar sen data a xira...
A VII Mostra Latino-Americana de Teatro de Grupo, realização da Cooperativa Paulista de Teatro e do Instituto Internacional de Teatro da UNESCO no Brasil (ITI- Brasil), terá como eixo “a mulher na produção teatral da América Latina”. Como convidadas especiais da versão de 2012, estarão presentes as companhias Inversa Teatro, da Galiza e Cia Hermanos Oligor, de Valência. O Inversa Teatro apresentará “Kamouraska”, proposta de teatro contemporâneo e carater associativo escrita e dirigida por Vanesa Sotelo.
Teatro Principal de Santiago de Compostela e a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. A entrada é gratuita previo paso polo despacho de entradas que abrirá, no caso do Teatro Principal ás 18.30 h. e no caso da Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño ás 19.30 h. Vexa acó a programación
As Xornadas de Teatro de Burela foron organizadas polo Colectivo Cultural Buril desde o ano 1987 ate o ano 1998. En total, foron doce edicións celebradas anualmente de forma ininterrompida, tendo lugar as cinco primeiras edicións no hoxe desparecido Cine Mon e as sete edicións restantes no Auditório Municipal. Nas primeiras edicións, as xornadas incluían unha oferta diversa na que tiñan cabida desde compañías de teatro infantil e teatro afeccionado (Tanxerina, Barriga Verde... ou os grupos teatrais da A.C. Amado Lar de Ferreia do Valadouro...
O vindeiro agosto celebrarase a 25ª Mostra de Teatro de Cee, cuxa organización recae en Talía Teatro. Non obstante, a efeméride chegará en pleno verán tinguida de incerteza de cara ao futuro, xa que podería ser a última vez que a compañía a leve a cabo. “Non somos optimistas sobre o futuro da Mostra de Teatro de Cee”, admite ás claras o actor e director Artur Trillo, un dos máximos impulsores desta iniciativa cultural que, dende 1988, enche a localidade coruñesa de funcións teatrais.
O XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC traerá a Santiago entre os días 12 e 17 de marzo un total de oito representacións a cargo de compañías universitarias de Portugal, Lituania e España, entre elas a da Aula de Teatro da universidade compostelana. A programación deste encontro foi presentada este xoves polo vicerrector de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, Francisco Durán, o director da Aula de Teatro, Roberto Salgueiro, e o responsable da Área de Cultura, Pablo Sampedro, que destacaron a boa acollida...
O Teatro da Oprimido começa nos anos 60 no Brasil impulsado principalmente polo dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nascido em Rio de Janeiro em 1931. Num contexto histórico de repressom política, Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opressom, desenvolvendo a sua luita a favor das exploradas e oprimidas a través dum teatro de fasquia política, libertaria e transformadora.
Os activistas do Teatro da Liberdade, em Jenin, atacados e presos pelo exército israelita, que também destruiu o teatro, um símbolo da resistência palestiniana, denunciaram a agressão num comunicado divulgado pelo CAPJPO-EuroPalestine, que adiante transcrevemos . Depois do assassinato do seu director, Juliano Meir Khami, há uns meses, o governo israelita procura agora silenciar e neutralizar estes activistas culturais que apoiam os jovens de Jenin através do teatro e outras actividades.
CONsumARTE: Amarante Setem inicia o seu programa formativo sobre Consumo Responsável e Teatro de Rua. Este primeiro curso, dos três que serão realizados, é impartido em Compostela de 17 a 21 horas nos dias 11 e 12 (consumo responsável de alimentação, roupa e finanças) e 14, 15 e 16 (teatro de rua) de Dezembro.
Como xa o anunciamos o pasado 8 de agosto, a Mostra de Teatro de Cee deste ano vai ser a definitiva. Deste xeito, Talía Teatro baixa a persiana nas vodas de prata do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. As representacións comezarán o día 23 de agosto e prolongaranse ata o día 26, durante estes 4 días veremos pasar polos escenarios un total de 19 compañías que nos traerán 20 espectáculos. Como xa ocorreu en edicións anteriores os espectáculos distribúense en Infantil, Rúa Aberta, Noite e A Deshora.
A decimoterceira edición da Mostra de Teatro Universitario da USC ofreceranos a oportunidade de ver os traballos escénicos que as diversas compañías da nosa Universidade, ademais das convidadas de Vigo e da Coruña, estiveron preparando ao longo deste curso académico e que, esperamos, teñan longa vida como en anteriores ocasións, en que recibiron premios no noso país, como foi o caso en 2011 de NNC ou de Teatro no Aramio no Festival Agustín Magán, ou Mequetrefes no Festival de Sada.