O pasado sábado constituíuse en Santiago a xestora da que se autodenomina como Iniciativa pola Soberanía/Galiza pola Soberanía. Son 130 persoas que visan a construción dunha sociedade nova, baseada na xustiza e na igualdade. Esa sociedade pasa necesariamente en Galiza, afirman, pola construción dun Estado propio.
Un grupo de emprendedores da zona pretende dinamizar económicamente esta vila aproveitando as festas de Semana Santa. Tomaron a idea do Barathón de Montevideo.
Trabalhadoras de 'Preescolar na Casa', acompanhadas por representantes da CIG, apresentam no registro do Parlamento da Galiza uma Iniciativa Legislativa Popular em demanda de que governo autonómico incorpore o serviço de PnC dentro dos próprios da administração pública galega no ensino público. Neste intre os orçamentos públicos para o programa estão a zero. Agora terão de juntar as 15.000 assinaturas necessárias para tramitar a ILP.
Iniciativa BenComún está a trabalhar numa página eletrónica especificamente destinada às denúncias de casos de exclussão da sanidade pública, por parte da Junta da Galiza. Mentres tanto, põem a disposição a sua canle para a gente contar o seu caso. Para fazer uma denúncia anónima, abonda com escrever a iniciativa.bencomun@gmail.com.
O pasado sábado, 2 de xullo, a Iniciativa BenComún celebrou o seu primeiro encontro, aberto a todas as persoas que quixesen participar nos debates propostos no manifesto fundacional e nas Once Teses para o ben común. Tres son as boas noticias: a vontade colectiva de intervir na rexeneración da esquerda galega; a implicación de referentes da esquerda nacional galega; e a definición de propostas e accións concretas que definirán os próximos meses de vida da iniciativa. Para reflexionar: asistiron menos dun cento de persoas; e certas ausencias…
Verdegaia fai parte desta campaña que pretende que a Xunta de Galicia asuma dunha vez algo tan vello xa como a importancia dos tres "R" na política de tratamento de resíduos. Para iso tense lanzado unha ILP para a que se están a recoller sinaturas por todo o territorio e que pide que o goberno galego abandoe o modelo de incineración masiva. Non se trata só de salvar ao Irixo da instalación dunha macroincineradora, trátase de mudar un modelo que non resolve o problema do lixo e é altamente perxudicial para o medio...
No debate do sábado houbo consenso á hora de determinar que BenComún non pode funcionar como "ferramenta" para articular ningún novo partido. No apartado de propostas concretas, xurdiu a idea de presentar unha candidatura cidadá única ás eleccións estatais de 2012 que "englobe a todas as forzas da esquerda galega", opción que aínda non foi votada. Por outra parte, si foron aprobadas as propostas de organizar un debate sobre a posta en práctica das reivindicacións do 15-M ou a de publicar unha "carta de compromisos pola rexeneración democrá
Desde a indignación preparando o futuro, preparando novos enfoques para novos horizontes Asistimos á segunda onda de cambios posglobalización e de nós depende participarmos e contribuírmos a eses cambios desde o noso país ou ficarmos definitivamente á marxe e sermos arrastrados por eles. O noso país mudou substancialmente nas últimas décadas e precisa ser reinterpretado, repensado e inserido nun contexto global altamente interrelacionado e codependente.
O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, compareceu hoxe, en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratado na Xunta de portavoces, celebrada no Parlamento galego. O texto da Plataforma Queremos Galego será debatido Aymerich salientou que, na vindeira sesión plenaria, o BNG defenderá unha Proposición de lei para fomentar o uso do galego nas administración de Galiza e de maneira especial no ensino en que se recolle o texto da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma “Queremos Galego”...
O xornal republicano e obreiro quere impulsar edicións locais na súa cabeceira, polo que fai un chamamento ás persoas interesadas na iniciativa. Facilita as ferramentas para a publicación e deixa liberdade para escoller o encabezamento. Edición piloto: larepublica.es/edicionlocal/edicionpiloto/
O Parlamento aceita a trâmite a Iniciativa Legislativa Popular Valentín Paz-Andrade para promover a língua portuguesa e os vínculos com a Lusofonia, que precisará ser respaldada por milhares de assinantes.
Case 1.400 familias foron expulsadas das súas casas no que vai de ano no país, tal e como denuncian CCOO, UGT e a Rede Galega contra a Pobreza. Os números son fríos, pero ás veces poden expresar tamén perfectamente as penurias. CCOO, UGT e a Rede Galega contra a Pobreza presentaron este mércores a súa campaña co obxectivo de recoller sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular (ILP) no Congreso para reclamar que se regule a dación en pago, que se paralicen os desafiuzamentos e que se promova o aluguer social.
A Plataforma SOS Sanidade Pública comezou a principios do pasado mes de febreiro a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do Sistema Sanitario Público. Esperan duplicar ou triplicar o número de firmas esixidas para a súa tramitación parlamentaria. Mentres tanto, os hospitais xa non traballan pola tarde, polo que os quirófanos, laboratorios ou servizos de radioloxía só son utilizados durante media xornada, o que esta multiplicando as listas de espera e as derivacións a centros privados. O Plan de Mellora de Atención Primaria que
Unha petición na plataforma actuable.es xa rexistrou máis de 3700 apoios á iniciativa conxunta de Galicia, Mellor Sen Touradas e Fondation Franz Weber presentada polo BNG no Parlamento galego, que procura precisamente o veto aos menores de idade nos festexos taurinos, ao igual que sucede coa restricción de contidos televisivos. A proposta votarase o vindeiro venres 23.
Con respecto ao artigo publicado por Paula Castro na web do MGS mgs-galiza.org/?p=1652, no cal se nos acusa de ser o lobby dunha facción do BNG, a Iniciativa BenComún desexa declarar e aclarar que: 1. Somos un colectivo cidadán, non partidario. Dificilmente podemos ser o 'lobby' destes ou daqueles, pois nin somos lobby nin facemos política de partido; 2. Non entramos en cuestións internas das organizacións políticas e, pola mesma, rogamos que non se nos implique nelas; 3. Saudamos todos os procesos de aproximación das forzas políticas...
A Iniciativa Bencomún (IBC) propón a constitución dunha candidatura progresista galega unitaria para o Senado, coa vista posta nas eleccións do vindeiro 20 de novembro. IBC considera que a candidatura debería estar conformada por cidadáns e cidadás independentes de recoñecido prestixio nos seus ámbitos laborais ou sociais, así como por representantes da sociedade civil, e debería ser apoiada polas forzas políticas de esquerda.
Un grupo de mozos ribadenses prepara tres días de actividades solidarias entre as que se atopa a posta en marcha dunha cooperativa de desempregados. A eles únense colectivos como Amarante e outras persoas a nivel individual para conformar un enorme abanico de actividades.
A maioria das nossas crenças sobre a sexualidade masculina é baseada em mitos, então às vezes é bom repensar as suas ideias. A maioria dos homens e mulheres acredita saber sobre a libido masculina e as perseguições amorosas baseando-se no senso comum. Quando paramos para pensar melhor sobre esses assuntos, podemos descobrir várias coisas que não sabíamos — e algumas das quais sabíamos, mas estavam erradas.
Blog que pretender dar ánimos para nom ter que acabar em Alemanha, ensinando iniciativas postas em marcha com algo de engenho.
Ao contrário de várias partes do mundo, sair com os seios de fora na cidade de Nova York é absolutamente dentro da lei para as mulheres. Porém, a prática é pouco difundida, seja por acanhamento, seja por puro desconhecimento da liberação.