Como nos anos da reconversión naval. Todos os sindicatos maioritarios uníronse outra vez en Ferrolterra e as súas comarcas máis achegadas para convocar unha folga xeral o vindeiro 12 de xuño na zona. A grave crise pola que atravesa o naval ferrolán, á espera dos floteis de Pemex que non chegan e dun dique flotel que o propio Goberno parece descartar, é unha pinga máis -e moi grave- na desesperación dunha comarca que ve tamén como se desmantela un sector, o eólico, que perdeu milleiros de empregos nos últimos meses
Ao redor de dúas mil persoas manifestáronse este xoves pola máñá polas rúas de Ferrol nas proximidades da sede do PP e do Concello, moi protexido pola policía. As razóns, as mesmas dos últimos meses: reclamar carga de traballo para un sector que esmorece, os máis de dous milleiros de empregos destruídos nos últimos 18 meses e unha morea de promesas incumpridas. A finais deste ano entregarase o único buque que queda en construción en Navantia, o LHD encargado por Australia, pero os traballos xa se finalizarán meses antes.
Hai días nos que a carraxe pola situación económica estoupa necesariamente. Hai razóns para a protesta, tantos coma desempregados e tantos como conflitos laborais ou sociais. E a comarca de Artabria ten moito de todo iso. Precesiamente esta quinta coñecíanse os datos da EPA que sitúan a taxa de desemprego en Ferrol no 32% da poboación activa. Traballadores e traballadoras do naval e doutros sectores e empresas, coma Poligal, Maderas del Noroeste, Tecnymo ou FIMO, da sanidade e do ensino, afectadas polas preferentes e vítimas dos despexos...
"Lidera Ferrol é un certame que organiza o Concello de Ferrol dende o ano pasado, ao estilo un pouco dos Galiza Crea (agora Xuventude Crea), con diferentes modalidades. Estou moi contento de recibir o primeiro premio este ano. "Días raros" é unha auténtica rareza do meu repertorio pero que cada vez se abre máis paso tamén nos directos. O premio tamén é un pouco da xente que fixo República Billarda xa que sen eles non a tería escrito fai un par de anos, un inverno en Granada." republicabillarda-gz.bandcamp.com/track/d-as-raros
Rúa Madalena. Centro de Ferrol. Nova tenda de "Compro ouro" e ducias de comercios nunha mesma rúa que se viron obrigados a pechar pola crise económica. No total da rúa remataron por haber máis comercios pechados que abertos. O mesmo que noutras rúas céntricas da cidade. A rúa, que se voltou a facer coma peonil hai poucos anos, contrasta co abandono ao que levou o peche de comercios.
O colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos retiraron ao longo desta fin de semana "máis de 200 quilos de residuos" e "outros centos máis de madeira" do regato de Doniños, en Ferrol. recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/
Realizada polo bar, O Camiño do Inglés, na rúa Santo Francisco, 17. O segundo premio levouno "La casa de La Troya" cun chocos recheos de grelos, e o terceiro o "Mesón Alfonso" cunha combinacións de solombo de cocho ibérico con champiñóns, a quen o público dou porén, o primeiro premio
Foi imposible rematar as tarefas nunha soa xornada, os centos de quilos retirados (máis de 500) dan unha lixeira idea do estado calamitoso en que se encontra a ría de Ferrol. recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/
Un novo despexo dramático. Ana María e os dous menores ao seu cargo, de 14 e 17 anos, foron desaloxados do seu piso en Ferrol polo impago de tres meses de aluguer. Malia as súas peticións e a de colectivos contra os despexos, Asuntos Sociais do Concello limitouse a facilitarlles un cuarto nun hostal e 60 euros, ademais da posibilidade de que a muller puidese ir comer á Cociña Económica, pero en ningún caso cos dous menores.
Mediante este escrito impugnamos o proceso de constitución da Asemblea Local de Ferrol, e a mesma Asemblea, celebrada o pasado 18 de Xaneiro deste 2013 e o posterior proceso da Asemblea Comarcal até a súa celebración, o pasado 1 de Marzo
...Agora cúmprense nove anos dende que o Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia crearon o premio que leva o seu nome. Este ano recaeu na xornalista “freelance” Mónica García Prieto que reside en Beirut dende o ano 2007 e está a cubrir o conflito de Siria, logo de pasar por Iraq, Afganistán, Líbano, Xordania, Chechenia, Gaza, Cisxordania, Exipto, etc, sempre no ollo do furacán. Mónica virá a Ferrol a recoller este simbólico galardón o próximo día 9 de maio.
Fragmento da película documental do ano 1964, dirixida por Santos Núñez, na que se pode ollar Ferrol, Pontedeume e os arredores nun video en cor.
Queren enterrar Ferrol. Un paós costeiro que non coida a súa construción de barcos, carece de futuro. Basta xa de mentiras e trampas do goberno central e da Xunta de Galiza. Eran comentarios dos manifestantes que esta mañá percorreron as rúas céntricas da cidade departamental reclamando traballo para os estaleiros. A poeta Medos Romero puxo a voz á leitura dun manifesto final na Praza de Armas.
A empresa estatal Petróleos Mexicanos (Pemex) informou que recibiu o terceiro dun total de catro buques tanque fabricados con altos estándares técnicos e ambientais pola firma surcoreana SPP Shipbuilding Group, para a renovación da súa frota.
Sen contratos, dique nin flotel, os estaleiros públicos de Navantia encaran a súa peor crise e arrastran na súa caída a outros sectores de toda a bisbarra.
Com a casa natal, em ruína total, como cenário referencial, realizamos umha modesta homenagem, com flores, poesia, arte urbana e reivindicaçom lingüística. Tampouco falto a gaita e o Hino da Galiza para, mais umha vez, lembrar a importáncia de Carvalho na cultura galega. A poesia lida por Miguel Neira e por Luís Gago, seguida do discurso do companheiro Xende Lopes, foi seguida da colocaçom de um cartaz com o rosto do homenageado e a legenda "Na Galiza em Galego", na parede do prédio contíguo aos restos da casa natal de Carvalho Calero.
Perto de 2.500 operarios do naval volveron saír á rúa en Ferrol para reclamar o prometido flotel e dique flotante, e rexeitar as declaracións do ministro de Montoro de que en Navantia había “ocupación”, en referencia á carga de traballo. Palabras de orde como “Montoro, cabrón, esta é a ocupación” ou “onde está que non se ve, o flotel do PP” foron constantes até chegar á delegación, protexida por un numerosos dispositivo policial.
Hoxe é o día 10 de marzo. O Día da Clase Obreira Galega. Unha conmemoración que nos lembra a data do 10 de marzo de 1972, cando en Ferrol os obreiros de Bazán e de Astano foron ametrallados pola policía durante unha manifestación pacífica, co resultado de numerosísimos feridos e dúas persoas mortas, sindicalistas das daquela clandestinas Comisións Obreiras: Amador Rey e Daniel Niebla. Unha data que todos os sindicatos entenden como un día para a lembranza do sucedido, pero tamén para manifestar as reivindicacións laborais e sociais, tan necesar
O paleontólogo português Octávio Mateus fez parte da descoberta de uma série de fósseis de baleia-de-bico, com mais de 15 milhões de anos, que confirmam a existência de quatro novas espécies deste mamífero marinho.Os achados - descobertos em diferentes locais da Galiza e no norte e costa oeste de Portugal - contribuem para ajudar a compreender melhor a evolução deste mamífero marinho.
Na opinión pública de Ferrolterra hai unha idea moi estendida de que nin o PP nin o PSOE nin o Goberno central, sexa dunha cor ou doutra, tiveron nunca verdadeiro interese en defender e impulsar o noso sector naval, e non obstante seguimos a esperar de Madrid unha solución que, á luz do que aconteceu nos últimos trinta anos, só pode vir dun goberno galego con capacidade e vontade de actuar para facer posíbel que a industria naval siga a ser un sector estratéxico da nosa economía.