atopados: 42, tempo total: 0.005 segundos rss2
12votadas

I Carreira Popular das Praias en Barreiros

Froito da unión do Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma e a Peña Barcelonista San Miguel, nace esta iniciativa deportiva en Barreiros. Nesta primeira edición tratarase dunha carreira popular polas praias de Barreiros, unha das poucas carreiras de España que se celebra nos propios areais. A carreira será o vindeiro domingo 12 de maio de 2013, a partir das 11.00 h.

Data: 12/05/2013
 2 comentarios en: Deportes, Outros karma: 152
13votadas

Empresarios de Arousa queren que as Rías Baixas sexan subsede olímpica na candidatura de Madrid 2020

O presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa, José Luís Vilanova solicita aos dirixentes políticos galegos que presenten e promovan oficialmente unha proposta para converter a Galiza na subsede para as competicións náuticas da candidatura olímpica de Madrid 2020.

 3 comentarios en: Deportes, Outros karma: 102
13votadas

Beatriz G. Cortés supérase en Pontevedra con tres mínimas para o Mundial de natación vídeo

A nadadora pontevedresa gañou tres medallas e participará en tres probas no mundial de Barcelona 2013. Cos excelentes rexistros en 800 m. libres, sitúase como terceira no ranking mundial tras Jazmin Carlin e Mireia Belmonte. Video da final de 800 m. libres no interior.

 sen comentarios en: Deportes, Outros karma: 119
15votadas

A Xunta autoriza seis empresas de apostas deportivas presenciais

Pronto haberá máquinas para apostar en polideportivos, estadios, pazos de exposicións, locais de hostelaría, etc. A Xunta de Galiza vén de autorizar a seis empresas a explotación en Galiza de apostas deportivas en modo presencial. Tratase das empresas Codere; Gestión de Apuestas Gallegas (marca comercial: Reta); Egasa Hattrick (marca comercial:Luckia); Sportium Apuestas de Galicia (marca comercial: Sportium); Solwin (marca comercial :Bwin) e Apuestas de Galicia (marca comercial:Kiroljokoa).

37votadas

O Tribunal Constitucional permite as seleccións bascas mentres non compitan contra España

O Tribunal Constitucional avalou a lei do Deporte de Euskadi de 1998 que atribúe ás federacións deportivas bascas a representación do deporte federado basco no eido “nacional e internacional”, sempre que nas competicións internacionais non compita contra España; declarando constitucional a norma. A sentencia resolve o recurso de inconstitucionalidade más antigo que tiña pendente o Constitucional. A Lei do Deporte de Euskadi fora impugnada en 1998, vai 14 años, polo entón presidente do Goberno, José María Aznar.

18votadas

Mudegá: Por que unha saia fai atractivo un deporte?

Evidentemente, aínda queda moito para que o deporte masculino e feminino sexan equiparables, tanto a nivel humano como a nivel económico, O acceso das mulleres ao ámbito deportivo foi tardío e segue estando cheo de dificultades. Onte atopámonos coa desagradable sorpresa de que a Federación Mundial de Bádminton prohibe ás xogadoras levar pantalóns. Teñen que xogar con saia para “asegurar unha atractiva presentación” “para manter a estética do deporte”. Se queren, poden levar pantalón curto, pero debaixo da saia.

 3 comentarios en: , Deportes karma: 113
5votadas

As mulleres deportistas denuncian desigualdade co deporte masculino

Mujeres deportistas o relacionadas con el mundo del deporte han denunciado la desigualdad existente entre el deporte masculino y el femenino, tanto en ayudas y oportunidades, como en su difusión en los medios y, sobre todo, en su reconocimiento exterior.

 2 comentarios en: , Deportes karma: 37
23votadas

Deporte con lingua

Impulsado polo club Azkar Lugo FS, a Xunta apoiará a creación dun observatorio da lingua para o deporte. Pretende “ser unha ferramenta de utilidade para coñecer a situación actual do galego neste sector”. Para Anxo Lorenzo, o novo regulamento oficial de xogo de fútbol sala no idioma da comunidade é xa “unha nova ferramenta que favorece o achegamento á descoñecida terminoloxía específica e ao seu...

 1 comentarios en: , Deportes karma: 115
5votadas

Necesidade dunha Lei de Regulación das Profesions do Deporte

A ANECAFYDE é recibida por Albert Soler na sede do CSD. Os representantes da Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias da Actividade Física e o Deporte de España reúnense co Director Xeral de Deportes do CSD. Os representantes da ANECAFYDE manifestaron o seu interés e preocupación por conseguir unha regulación estatal das profesions do deporte.

 sen comentarios en: , Deportes karma: 54
44votadas

O idioma no deporte galego

Se botamos unha ollada ás webs dos principais clubes galegos, ollamos que o Pontevedra, Celta, Lugo e Racing dispoñen la súa web dunha versión en galego, máis o Deportivo nin sequera fai referencia á lingua nai, maioritaria en Galiza, nin sequera conta cun traductor na web.

 2 comentarios en: Deportes, Futebol karma: 166
33votadas

O partido da normalización imaxe

Trátase dunha páxina de novas da Secretaría Xeral para o Deporte. Nela aparecen varias referencias en castelán. Seica o galego non é apto para o deporte, ou pode ser que a situación social do galego xa estea tan normalizada que non convén que sexa a lingua de difusión desde os portais oficiais da Xunta.Vendo isto un pode adiviñar perfectamente cal é a política lingüística que se está a desenvolver. Por moito que se insista no contrario desde os altofalantes institucionais, está ben claro que se está actuar sistemáticamente en contra do consenso

 sen comentarios en: Cultura, Língua karma: 206
11votadas

Un clube de Ribeira, subcampión de Europa de Taekwondo

Non había mellor escenario, no Olimpo do deporte, nun anfiteatro da vella Atenas, alí onde hai miles de anos os lanzadores de discos eran inmortalizados por Míron, alí quixo deixar marcado na pedra un club de Ribeira o seu grande éxito no 1º Campionato de Europa de Clubes de Taekwondo.

 1 comentarios en: Deportes, Outros karma: 122
47votadas

Prata para Javier Gómez Noya, primeira medalha para o deporte galego nos JJOO de Londres

O ferrolam rematou entre os irmaos brownie na prova de Triatlon, e fai subir umha prata ao nosso medalheiro

 10 comentarios en: Deportes, Triatlon karma: 145
11votadas

Os ciclistas do Xacobeo reclaman 300.000 €

A 300.000 euros ascende a cantidade que varios ex ciclistas e outros profesionais do Xacobeo Galicia reclaman á Fundación Ciclismo Galego, organismo do que dependía directamente o club ciclista desaparecido o pasado ano. A práctica totalidade dos ciclistas xa denunciaron no xulgado as cantidades pendentes de cobro e aos actos de conciliación non acudiu responsable algún da Fundación Ciclismo Galego, cuxo vicepresidente é o secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa.[es]

 1 comentarios en: , Deportes karma: 31
47votadas

Por que a billarda non pode chegar a ser un deporte nacional galego tan importante como a pelota vasca? vídeo

Galicia Confidencial aproveita a I Festa da Billarda de Cerceda para elaborar un vídeo que debulla a historia e o presente da billarda no país

 16 comentarios en: , Deportes karma: 130
9votadas

Festa da Billarda e Galeokada en Cerceda

Este vindeiro sábado, 26 de marzo, celébrase a I Festa da Billarda de Cerceda. A xornada parece ben completa: Deporte, conferencia informativa, xantar e Galeokada á noite para rematar.

 4 comentarios en: , Deportes karma: 54
43votadas

A Xunta paga a unha proba hípica o dobre que a calquera clube deportivo

A Xunta de Galicia acaba de gastar 100.000 euros no patrocinio dunha soa proba de saltos hípicos, a edición de Vigo da "Rolex Fei World Cup". Esta cifra multiplica por máis de dous os cartos que dá o Goberno a calquera club deportivo galego. A Fundación Deporte Galego adxudicou o patrocinio da proba de saltos de cabalos a unha determinada empresa nun concurso publicidade e coa velocidade dun lóstrego. O presidente de Pescanova, Manuel María Fernández de Sosa Faro, tamén é o presidente de Hipigal, a empresa á que se lle adxudicou o contrato.

11votadas

O Ajuntament de Barcelona prohíbe a celebración do terceiro tempo tralos partidos de rugby

O Concello de Barcelona persegue a celebración do terceiro tempo, piar indiscutíbel e irrenunciábel do deporte do rugby. Un feito inédito na historia do rugby mundial.

 2 comentarios en: , Deportes karma: 69
12votadas

Selección de España: Unha defensa do capitalismo a través dos símbolos de identidade españois

O que non se conseguiu polo camiño da razón en case trinta anos de suposta democracia, o camiño do irracional o puido lograr nun mes de deporte.

2votadas

Siareir@s galeg@s estrea web

Siareir@s galeg@s ven de estrear unha nova e moi completa páxina web que servirá para a difusión das súas actividades, un soporte para o material gráfico e escrito (entrevistas, artigos, multimedia,...) que teñan, ademais de ter á venda as camisolas da propia selección galega de fútbol.

 3 comentarios en: Deportes, Futebol karma: -1
« anterior123» seguinte

Chuza