atopados: 80, tempo total: 0.005 segundos rss2
24votadas

Un berro por Corcoesto vídeo

Texto propio sobre unha melodía recollida no lugar de Tufións, Sereixo (Vimianso, AC).

44votadas

O galego non vale para denunciar a megaminaría?

O noso idioma non vale para nada, nin sequera para nos defender, como sempre o fixo en todas reivindicacións sociais dos últimos 40 anos ou máis. O vídeo que podedes ver a continuación deixoume de pedra. Coa escusa de “chegar ao maior número de persoas posible” (se esa é a escusa, mellor que o fagan en inglés), distintos persoeiros da vida cultural e do tecido asociativo galego, gravan un vídeo contra a megaminaría en “castelán”, como se non se lle puideran poñer subtítulos en todos os idiomas que se quixer.

 13 comentarios en: Cultura, Língua karma: 148
16votadas

Alza a voz contra os proxectos de megaminaría

Voces públicas contra a minaría en Galicia en Que Pasa na Costa

45votadas

Salvemos Galicia da megaminaría! vídeo

O día 2 de xuño, "Galiza non é unha mina", manifestación en Santiago, dende a Alameda ás 12. Non está organizada por ningún partido político, senón por colectivos de afectados e movementos cidadáns en contra dunha minaría tóxica e destrutiva espallados por todo o territorio galego, pois todo el está en perigo. Vídeo: Coa inestimable participación de Sabela Arán, Fernando González "Gonzo", Carlos Blanco, Serafín González, Víctor Mosqueira, Suso de Toro, Ramón Varela, Fernando Vázquez, Javier Veiga e Luis Zahera.

Data: 02/06/2013
18votadas

Billardas a Ceo Aberto. A LNB tamén na defensa de Corcoesto

Non podía ser doutro xeito. A Liga Nacional de Billarda e a Billarda LNB son moito máis que un deporte. Por iso pretendemos demostrar o noso compromiso coa cidadanía deste País contribuíndo, aínda que sexa modestamente, na defensa de calquera causa xusta. E así o sábado 1 de Xuño estaremos en Santa María de Corcoesto apoiando á Plataforma cun aberto a "Ceo Aberto" contra a mina que pretende espoliar as terras de Bergantiños.

Data: 01/06/2013
21votadas

Corcoesto: ouro, arsénico e mentiras

Documento em PDF do Profesor Serafín González, presidente da Sociedade Galega de História Natural e investigador Científico do C.S.I.C

17votadas

A mina de Corcoesto volve a Europa cos informes que a Xunta obviou

Máis unha pregunta parlamentar dirixida á Comisión quere saber que información lle foi transladada a este organismo polo Goberno español sobre a explotación a ceo aberto que recibiu xa o visto e prace da consellaría de Medio Ambiente.

21votadas

ContraMINAçom convoca grande manifestaçom para travar mineraçom selvagem promovida pola Junta

Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción1 ofreceron unha rolda de prensa a día 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente...

11votadas

Plano Sectorial de Actividades Extractivas: A coartada da Xunta para autorizar minas en calquera lugar do país

A Xunta vén de presentar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas (PSAEG), documento polo cal ningún solo, por moita protección que teña, estará libre de minas. É o derradeiro cravo co que o PP remacha o anuncio de "Galiza é unha mina", e que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos e monumentos históricos... Na redacción do documento, dirixido pola Cámara Mineira, participou unha importante consultora, EPTISA, que preside o ex-banqueiro Ángel Corcóstegui...

23votadas

Junta segue instruçons da Edgewater na gestom da mina de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto denuncia unha vez máis a conivencia entre a Xunta de Galicia e a empresa mineira de Corcoesto na tramitación -chea de irregularidades- deste proxecto para a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos Concellos de Cabana, Ponteceso e Coristanco.

19votadas

As voces que lle din "non" á mina de Corcoesto

Este domingo milleiros de persoas manifestáronse en Carballo contra a mina de Corcoesto. Non é a única ameaza: hai ducias de proxectos mineiros que están comezando as súas actividades en toda Galicia, na procura de ouro, de terras raras e doutros materiais, e aproveitando a crise económica e a grave situación de desemprego para vender as súas bondade. Falamos con Manuel Rivas, Fins Eirexas (Adega), Nela Abella (Verdegaia), Margarida Prieto (SLG), Manuel Antelo, Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Xoán Bascuas e Manuel Dios sobre o éxito da...

23votadas

A Defensora del Pueblo cuestiona as 'bondades' da mina de Corcoesto e inicia unha investigación

A Defensora del pueblo, Soledad Becerril, iniciou unha investigación de oficio ao redor da mina a ceo aberto que a empresa de capital canadense Edgewater proxecta explotar nos montes de Corcoesto, afectando os concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco. A empresa recibiu xa 350.000 euros en subvencións concedidas polo Goberno español. Segundo puido saber Sermos Galiza, na misiva que transladou á consellaría do Medio Ambiente, Becerril ampárase no informe realizado polo Instituto de investigacións mariñas do CSIC e a U. de Vigo

38votadas

Os intereses de Lois Blanco en Corcoesto

Resulta difícil encontrar relación máis falaz, cuestionable e insensata que a mantida polo Director Xeral do Grupo Voz, Lois Blanco Penas coa empresa promotora da iniciativa. Primeiro, cando a principios de ano foi de dominio público que á súa muller, a xornalista María Navia Franco Barreiro, montáraselle en Santiago unha empresa de comunicación ad hoc para atender, defender -e por suposto cobrar- os asuntos relacionados coa mina de Corcoesto.

24votadas

Universidade de Vigo desminte á empresa e négalle o apoio á mina de Corcoesto

Nun comunicado desminte a información transmitida pola empresa canadense Edgewater ao redor dun convenio asinado coa institución pública cuxo obxectivo sería "contribuír a converter a futura mina de Corcoesto nun referente ambiental". A Universidade de Vigo rachará o convenio marco asinado coa empresa canadense Edgewater se esta "utiliza a súa sinatura para xustificar a explotación mineira" a ceo aberto que proxecta nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco.

20votadas

O sector mineiro galego está a cavar a súa tumba en Corcoesto?

Esta reflexión é unha carta aberta para os actores do noso sector mineiro que se están a posicionar a prol do proxecto de explotación aurífera de Corcoesto: Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, Cámara Oficial Mineira de Galicia, e persoal ligado á Enxeñaría de Minas.

29votadas

O Goberno do PP financia con 350.000 o proxecto mineiro de Corcoesto

O Goberno do Estado subvencionou con partidas de 150.000 e 200.000, respectivamente, as tarefas prospectivas da futura mina de Corcoesto. E iso, nun momento de aguda crise económica que está a afectar gravemente ás familias. O Boletín Oficial do Estado (BOE), do pasado xoves 14 de marzo, baixo a referencia EX/086/12, recollía unha adxudicación de 150.000 euros á Mineira de Corcoesto S.L. / Edgewater para a "definición complementaria de novas reservas mineiras e a realización de estudos adicionais", cando o proxecto mineiro aínda está pendente

21votadas

Minera de Corcoesto négase a informar en tempo real dos parámetros de calidade das augas

A plataforma pola defensa de Corcoesto critica que con este documento a empresa pon de manifesto a súa política de opacidade respecto aos vertidos que se poidan producir na explotación, política de opacidade que xa nos é familiar por ser a súa tónica habitual de funcionamento. A negativa a ofrecer esa información non se xustifica, a menos que se pretenda ocultar ou maquillar os datos reais dos parámetros de vertido. Na DIA emitida pola Consellería posteriormente a ese escrito, non se recolle ese requisito da DX de Conservación da Natureza...

34votadas

Denuncian que Asturias nutre a manifestación promina de Corcoesto

A plataforma “Salvemos Cabana” mais o portal “Alertaminera” denuncian que a metade das arredor de duascentas persoas que o pasado sábado asistiron en Coristanco á manifestación convocada por “Corcoesto si, Mina si” procedían de Asturias do entorno de Exploraciones Mineras del Cantábrico S.L. Máis información --> alertaminera.net/2013/02/un-grupo-asturiano-vinculado-al-ambito.html

27votadas

O proxecto mineiro de Corcoesto ten mellor tratamento orzamentario que a saúde dos cidadáns

Nun país no que as autoridades están a deixar ducias de barrios urbáns e localidades do rural sen servizos sanitarios básicos para aforrar 0,2; 0,7; 1, 2 ou 2,5 millóns de euros, é inxustificábel que unha empresa privada reciba millóns de euros dos cidadáns en base a promesas de emprego e o sono dunha efímera gloria económica.

21votadas

A páxina da Xunta en Facebook énchese de mensaxes contra a mina de Corcoesto

A páxina da Xunta en Facebook énchese de mensaxes contra a mina de Corcoesto... dende Verdegaia facebook.com/permalink.php?story_fbid=101515329806473898

« anterior1234» seguinte

Chuza