Desde a Plataforma deixouse clara a vontade de compatibilizar esta actividade con outras que xa se veñen desenvolvendo con normalidade no recinto: só no ano 2010 foron mais de trinta os distintos eventos que se celebraron e que nalgún caso mesmo chegaron a obrigar á suspensión dalgunha feira. Mais para a Plataforma resulta indispensábel a concreción por escrito dun acordo que garanta a continuidade da Feira e que, ao entender da Plataforma, debera ser subscrito por todos os Grupos Municipais representados no Concello de Compostela.
Afrontei a asemblea do BNG co sereno escepticismo que procura o non ser militante, nin afiliado nin integrante de corrente ningunha. Un mero votante, deses con moita fe, dos que levan anos acreditando no que aínda non viron. Houbo a lóxica escenificación dun proceso asembleario: xente que vota, xente que decide e xente compracida polo que se adoita chamar, moi pomposamente, o triunfo da democracia, con todo o que iso ten de inapelábel.
O recinto feiral de Amio acolle do 15 ao 17 de febreiro a terceira edición do Retro Auto&Moto Galicia, convertida xa nunha cita obrigada para os amantes do automóbil e da motocicleta de época. A organización agarda a asistencia dunhas 20.000 persoas, provenientes fundamentalmente de Galiza e do Norte de Portugal.
Os galeses e os suecos son as principais referencias dun festival que se celebrará o 28 e 29 de setembro en Amio e que contará tamén con The Courteeners, Layabouts, grupos galegos como Heredeiros da Crus, Holywater, Maryland, Munich e The Cornelius.
A busca avanzada do Twitter por cadeas e localización permite seguir o fin de semana asembleario do BNG, e a súa API recoller e analizar a través de R todo o escrito polos tuiteiros. Velaquí unha escolma dos chíos xa descartados os máis involucrados con esta organización política: