atopados: 551, tempo total: 0.033 segundos rss2
23votadas

[LNB Billarda] Este Sábado a cita será en Pontevedra e o Domingo en Carballo

Este sábado en Pontevedra, na pista de terra das instalacións do Instituto da Xunqueira celebrarase partido da Liga Nacional de Billarda correspondente á 14 Xornada da Liga. E o domingo, campo de fútbol de Gontade (Carballo) disputarase o I Aberto de Billarda de Carballo.

 2 comentarios en: Deportes, Billarda karma: 137
28votadas

Solidariedade con todos os pobos en loita pola súa soberanía ~ Mar de Lumes

Onte, 3 de maio, MAR DE LUMES — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista celebrou o seu primeiro acto público na cidade de Pontevedra. Un acto simbólico que procuraba apenas apresentar a iniciativa solidaria da organización, e chamar a atención para o modo como os direitos colectivos de autodeterminación e de exercicio da soberanía nacional son violados non só no caso galego, como tamén no caso doutros pobos do mundo, aquí representados através das bandeiras despregadas por membros e simpatizantes da organización.

11votadas

Aña Urbana 2013

A asociación Trépia organiza un ano máis a aña na cidade. 18:00h.: Obradoiro aberto de baile tradicional. Praza do Teucro. Unha introdución aos puntos do baile solto para que os non iniciados poidan participar activamente no serán. 19:00h.: Actuacións dos grupos participantes. 20:30h.: Serán da Aña Urbana. Micro aberto! 01:30h.: Fin de Serán. Foliada fin de festa no centro social en Pé! (Rua Sarmiento, 38). Os que vaian dende Mondariz (esta festa é tradicional de Toutón) teñen autocar de ida e volta.

Do 16/04/2013 ata o 27/04/2013
21votadas

Alvarellos descobre poemas de Aguirre, autor do 'Brinde' de Conxo de 1856

Alvarellos Editora localizou un libro manuscrito con 50 poemas -parte deles inéditos- de Aurelio Aguirre, nos fondos do Museo da Deputación de Pontevedra, datado no ano 1857. A editorial asegura que o volume leva por título ‘Recuerdos de agosto' e fai referencia ao verán que Aurelio Aguirre pasou en Vigo, onde se trasladou tras a polémica xurdida en Compostela coa súa intervención no Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo do ano 1856.

62votadas

Pontevedra manterá a sinalización en galego: "a denuncia foi parte da ofensiva do PP e de Galicia Bilingüe"

O Concello de Pontevedra vén de manifestar a súa sorpresa após publicar a imprensa a información relativa a unha sentenza ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº3 en que obrigaba a colocar os sinais de tránsito tamén en castelán. A resolución, que non é actual senón do ano 2010, chegou tras a denuncia dun cidadán que dixo non entender a prohibición específica derivada do sinal por estar esta escrita en galego.

29votadas

A foto máis vella de Pontevedra imaxe

Vista de Pontevedra en 1873, atribuída a Francisco Zagala, na que se observa a liña de costa da cidade coa igrexa de Santa María, a desaparecida fortaleza arcebispal, as murallas e o barrio mariñeiro da Moureira, dende A Caeira, en Poio.

 3 comentarios en: Cultura, Historia karma: 154
13votadas

Beatriz G. Cortés supérase en Pontevedra con tres mínimas para o Mundial de natación vídeo

A nadadora pontevedresa gañou tres medallas e participará en tres probas no mundial de Barcelona 2013. Cos excelentes rexistros en 800 m. libres, sitúase como terceira no ranking mundial tras Jazmin Carlin e Mireia Belmonte. Video da final de 800 m. libres no interior.

 sen comentarios en: Deportes, Outros karma: 119
47votadas

Os sinais de tránsito en galego son ilegais

A Xustiza dálle a razón a un veciño que recorreu unha multa de estacionamento alegando que non entendía o panel por estar escrito en lingua galega. Así se tira dunha sentenza firme do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, que lle deu a razón a un veciño da cidade logo de que recorrese unha multa por aparcar nunha zona de carga e descarga que implicou tamén o traslado do seu vehículo nun guindastre e unha sanción de cen euros...

 16 comentarios en: Cultura, Língua karma: 166
23votadas

Ruralactivo. Iniciativa por un rural galego vivo

O Concello de Pontevedra pon en marcha nas parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido un plan de dinamización socioeconómica para fomentar o autoemprego centrándose...

19votadas

A Deputación de Pontevedra corrixe as bases dos seus campamentos

Tras a corrección da convocatoria dos campamentos que organiza a Deputación de Pontevedra, a Deputada Provincial do BNG, Iolanda Veloso, destacou que esta rectificación “demostra que si é posible incluir ás crianzas con diversidade funcional nestas actividades”. Segundo destacou a Portavoz Municipal do BNG e Deputada Provincial, “só facía falta ser consciente do erro e querer corrixilo”.

30votadas

O diñeiro negro do PP de Pontevedra dos 80 e 90

...O propio Louzán entrou na política da man de "Nené" Barral e ambos os dous posuían intereses comúns en diversas empresas. No ano 2001, o Partido Socialista solicitou a comparecencia de Louzán Abal na Deputación provincial de Pontevedra para que explicase "os seus vínculos mercantís coa sociedade Limvial S.L, firma relacionada con José Ramón Barral". Esta sociedade estaba administrada polo irmán de "Nené", que na altura era presidente do PP de Ribadúmia, Feliciano Barral, que tamén foi relacionado co contrabando de tabaco...

19votadas

Deputação de Ponte-Vedra exclui crianças com deficiências nos seus acampamentos

A Deputação Provincial de Ponte-Vedra exclui expressamente os nenos e nenas com diversidade funcional para os acampamentos deste verão, as bases indicam que não se podem inscrever nessas atividades "menores sem capacidade para desenvolver as necessidades básicas diárias".

21votadas

Volven os Cantos de Taberna!

Xa comezaron na Casa do Lado e no C.S. En Pé! e continuarán nos locais Contribución e Estafeta (22/03), Lareira e Rebusco (26/04), Timón e Pasaje (31/05) e Reixas e A Navarra (28/06). Entre as novidades desta edición está reducir de tres a dous os locais que se visitarán cada noite. Era unha das peticións das persoas que gozan desta programación dado que cando comezaban a cantar ou a animarse, os grupos xa tiñan que cambiar de bar. De 21:00 a 00:00 horas. Haberá obradoiros de introdución nos cantos de taberna impartidos por Maravallada.

Do 22/03/2013 ata o 28/06/2013
 3 comentarios en: Cultura, Música karma: 168
20votadas

Lores: "Os membros da inxusta Monarquía viven como ricachos do conto e do trapicheo"

"De que van a vivir como ricachos os membros da Monarquía, unha institución anacrónica, inxusta, trasnoitada? Pois do conto, do conto en forma de trapicheos, sexan legais ou ilegais, pero viven do conto e do trapicheo."

19votadas

Biciweek en Pontevedra

A idea é promocionar o uso deste medio de transporte en aras dunha mobilidade sostible. Por isto, levaranse a cabo unha serie de actividades e algunhas delas incluso se alongarán durante o mes de Maio, como o programa de "Natureza sobre rodas". Dende o concello estan dispostos a recoller as ideas que lles vaian propoñendo os cidadáns a través da Mesa pola bici. Cartaz: 2.bp.blogspot.com/-z6NF3np-xqE/UWxLKBhiltI/AAAAAAAAAQQ/sAkT1cbrhE8/s28g

Do 17/04/2013 ata o 21/04/2013
14votadas

‘Toldscapes’ son lugares de horror na Galiza [cas / gal] imaxe

Artigo no disquecool ir.gl/e1c2a4 Diversos lugares de represión da provincia de Pontevedra, e que pretenden revisitar desde un contexto actual o escenario dalgúns dos capítulos máis escuros da historia do país. Son paisaxes narradas, que non se poden entender sen coñecer a súa historia. Porque o proxecto ‘Toldscapes’ ten un claro obxectivo de busca e reconstrución da memoria: “O que me sorprendeu é que a guerra acabou no 39, pero hai unha guerra simbólica que aínda non terminou. Seguen en xogo a memoria, a historia...

19votadas

As Plataformas de Afectados por Preferentes acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade"

O presidente da Deputación de Pontevedra criticou "os grupos que politizan o conflito" actuando como "comandos contra o PP". Os afectados lembran a "responsabilidade" do PP e instan os seus cargos electos a "dimitir" se finalmente se aplican as quitas.

50votadas

Un paciente do SERGAS é obrigado a retrasar unhas probas de preoperatorio por solicitar a documentación en galego

O paciente foi derivado desde o SERGAS ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra. No hospital solicitáronlle que asinase unha serie de documentos, mais cando o paciente os pediu en galego, dereito que lle recoñece a lexislación vixente, desde o hospital dixéronlle que non tiñan documentación en galego. Nese momento o propio paciente informounos de que a SXPL tiña un servizo de asesoramento lingüístico e un acordo co SERGAS. A empregada indicoulle que se non asinaba os documentos en español tería que marchar e agardar na súa casa...

 5 comentarios en: Cultura, Língua karma: 170
5votadas

Rivadulla Corcón gaña o seu cuarto Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil

Estivemos con el esta semana compartindo cos alumnos de Dumbría ao seu amor polos libros. E hoxe podemos anunciar unha boa nova. A obra “O noso amor será eterno”, de Rivadulla Corcón (Edicións Xerais, 2011) vén de recibir o premio Premio Frei Martín Sarmiento, na súa IX edición na categoría de libros para lectores de de 3º a 4º de ESO e Bacharelato. O premio que convoca a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, e que se entregou dentro da Festa da Lingua, que as Escolas Catolicas organizaron no Pazo da Cultura...

22votadas

O património nom é negócio; por um uso público e cultural

Recentemente vimos de conhecer a intençom do Ministerio de Fazenda de pôr à venda a sede pontevedresa, edifício histórico que fai parte da Igreja de Sam Francisco e que contém a única porta da muralha da cidade que se conserva atualmente. Rapidamente, o PSOE ofereceu a possibilidade de que fosse adquirido por umha cadeia hoteleira para o converter nun hotel de 5 estrelas. Já em campanha eleitoral, o candidato do Partido Popular Telmo Martín propugera reconvertê-lo num "Parador" de luxo.

« anterior12345...28» seguinte

Chuza