atopados: 220, tempo total: 0.005 segundos rss2
15votadas

Manifesto do #pechehistoria

O estudantado péchase de novo na facultade de Xeografía e Historia ante a falta dun espazo de estudo acorde coas necesidades actuáis de ofertar un espazo de estudo 24 horas e esixir á Equipa de Goberno da USC que satisfaga as seguintes necesidades:

 sen comentarios en: Cultura, Ensino karma: 118
21votadas

Ducias de comercios pechados na mesma rúa de Ferrol pola crise económica vídeo

Rúa Madalena. Centro de Ferrol. Nova tenda de "Compro ouro" e ducias de comercios nunha mesma rúa que se viron obrigados a pechar pola crise económica. No total da rúa remataron por haber máis comercios pechados que abertos. O mesmo que noutras rúas céntricas da cidade. A rúa, que se voltou a facer coma peonil hai poucos anos, contrasta co abandono ao que levou o peche de comercios.

15votadas

Traballadoras das artes escénicas péchanse na Cidade da Cultura contra o abandono do sector

Varios centos de persoas participaron este luns no peche por sorpresa da Plataforma das Artes Escénicas na Cidade da Cultura de Galicia. A protesta rematou arredor das 22.00 horas logo de máis de 12 horas pechados nun dos salóns do complexo. Os activistas mesmo denunciaron que lles cortaron a luz e a Policía non deixou pasar nin auga nin comida. O colectivo leva anos a denunciar os recortes e impagamentos da Xunta ás produccións culturais e a situación de abandono do sector cultural. A Plataforma demanda que o conselleiro...

22votadas

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fará peches nos centros ao longo de abril

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público veñen de anunciar en rolda de prensa a convocatoria de novas mobilizacións contra a aprobación da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e tamén contra as últimas medidas programadas pola Consellaría de Educación, "medidas que se traducirán en novos recortes no ensino público". A Plataforma tamén convocou unha concentración para o 17 de abril en Santiago de Compostela coincidindo co debate do decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, ás 16:45 horas. Os peches...

 sen comentarios en: Cultura, Ensino karma: 139
25votadas

GALEGOS, só nos malos momentos - Manuel Mera

Pescanova é unha empresa chave na economía galega que está a pasar por unha situación difícil, que ninguén sabe como se resolverá, polo que podería engadir unha lousa máis á xa deteriorada capacidade produtiva de Galiza.

2votadas

Obrigan a pechar a web de siareiros “Xeración Xabarín” e denuncian presións da TVG [autodescartada]

Jon Amil, uns dos creadores do web Xeración Xabarín denuncia que “por orde da CRTVG e baixo ameaza de emprender acción legais vímonos obrigados a retirar dito web da rede. Nun comunicado aos medios explica que o proxecto naceu no ano 2007, “Vendo que a TVG maltrataba sistematicamente un dos seus programas máis emblemáticos, e que era practicamente imposíbel encontrar información sobre o Xabarín Club na Internet”. Por iso decidiron crear un espazo “feito por e para fans”, agrega. Denuncian que aínda despois da renovación total do web da CRTVG...

25votadas

Pecha Google Reader

Google acaba de anunciar o peche de Google Reader, un dos principais servizos de lectura de feeds que existen na actualidade e que levaba funcionando 8 anos. O peche definitivo será o vindeiro 1 de xullo. Entrementres, pódese exportar todo o contido de Google Reader (datos, subscricións...) usando a ferramenta Google Takeout.

20votadas

Grupo Pórtico, outro xigante galego ao bordo da creba

Ao igual que Pescanova e Caramelo, a multinacional viguesa, cunha plantilla de 1.200 traballadores, atópase nunha situación crítica e podería presentar pronto o concurso de acredores e un ERE extintivo, ou mesmo botar o peche. A súa débeda ascendería a preto de 39 millóns de euros e as perdas en 2012, a 10 millóns. A banca acredora pechoulle a billa do crédito e a empresa tenta 'in extremis' renegociar o débito

12votadas

Darty, que absorbeu a galega San Luís no 2010, anuncia o peche das súas 10 tendas de electrodomésticos

A historia da galega San Luís, creada fai uns 40 anos na Coruña, foise diluíndo coa entrada do novo século, pero non será ata o 2013 cando desapareza definitivamente dos núcleos comerciais galegos. No ano 2005 comprouna a firma madrileña Menaje y Hogar, mantendo o seu nome e uns 400 empregos. Hai tres anos a compañía francesa adquiriu a distribuidora San Luís, mudou o seu nome e pechou o centro de distribución da Piadela. A saída de Darty da España farase efectivo en xuño, para pasar a centrarse nos mercados francés, belga e holandés.

14votadas

As protestas na Universidade de Vigo suspenden o Consello de Goberno

Profesores, traballadores e estudantes da Universidade de Vigo lograron impedir polo momento a celebración do Consello de Goberno onde estaba prevista a aprobación da aplicación do decreto Wert na institución académica. As protestas contra os recortes dos colectivos, que manteñen un peche no reitarado desde o pasado mércores, acabaron por deter unha xuntanza que se ía realizar na sala de xuntas, pechada polos manifestantes, e que tampouco puido ser celebrada no paraninfo, ocupado tamén polo encerro.

28votadas

Éxodo cara as escolas unitarias

Se nos anos 70 houbo un peche das escolas rurais, e daquela se consideraba signo de progreso ir aos centros de EXB comarcais, a día de hoxe a percepción é ben distinta. As escolas unitarias contan case con máis recursos e apoios ca os centros de referencia, e ao tempo, suman entre as súas vantaxes un menor número de alumnado, que aínda de idades diferentes facilita a interacción entre iguais.

 sen comentarios en: Cultura, Ensino karma: 181
7votadas

Non ao peche do "L" de Sada

O Goberno da Xunta, a través de Portos de Galicia ou da empresa concesionaria, decidiu poñer impedimentos para o acceso das persoas ao dique coñecido como o “L”, que serve de abrigo ás embarcacións do porto deportivo, e que é un lugar de paseo habitual para a xente de Sada e visitantes.

44votadas

A CRTVG ordena eliminar unha web do Xabarín feita por fans

Despois de case 6 anos, a CRTVG ordena o peche do web Xeración Xabarín, accesíbel até hoxe no enderezo xabarin.org. O web estaba feito por e para fans, co único propósito de encher a falta de interese do ente público por promocionar na rede o espazo que marcou toda unha xeración.

24votadas

As razóns polas que Pescanova está preto do concurso de acreedores

Esta mañá a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) suspendeu cautelarmente a cotización de Pescanova "por concorrer circunstancias que puidesen perturbar o normal desenvolvemento das operacións sobre o valor". De noite, o consello de administración de Pescanova comunicou a CNMV que non presentará polo momento as súas contas anuais, ante a incerteza de poder afirmar o principio contable de xestión continuada en relación aos feitos posteriores ao peche dos resultados de 2012. Pescanova falta así a súa obriga de dar conta dos seus...

39votadas

A Policía saca a paus a estudantes nun peche en Ourense

Na tarde de hoxe, un grupo de estudantes de Ourense, trala celebración dunha asemblea aberta despois da manifestación estudantil contra a LOMCE de hoxe, decidíu comezar un peche que vén de ser desaloxado violentamente pola Policía española.

 sen comentarios en: Cultura, Ensino karma: 179
42votadas

Peche de servizos de normalización lingüística noutros doce concellos galegos

A Coordinadora de Traballadores de Normalización dá Lingua (CTNL) denuncia o peche de servizos de normalización lingüística noutros doce concellos galegos, que se suman aos xa extintos en Dodro, O Barco de Valdeorras e Quiroga. Segundo sinala a entidade, este venres pechan estes departamentos nos municipios de Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas.

 4 comentarios en: Cultura, Língua karma: 149
24votadas

Miles de persoas piden en Barcelona o peche das nucleares

Instan o Goberno a fixar un calendario de apagamento, igual que fixo Alemaña Unhas 2.500 persoas, segundo a Garda Urbana, convocadas por máis de 80 entidades sociais manifestáronse este domingo en Barcelona para esixir o peche dos reactores nucleares que permanecen operativos

25votadas

Blanco ordena unha investigación sobre o peche da AP-9

O ministro de Fomento, José Blanco, ordenou abrir unha investigación acerca das circunstancias que provocaron o peche da Autoestrada do Atlántico (AP-9) entre A Coruña e Santiago de Compostela o venres durante unhas dúas horas.

34votadas

Corre perigo real de peche Xerais?

Os rumores de que Xerais está ferida de morte percorren o mundo da cultura estes días como un lóstrego. Coincidindo co cumio organizado na illa de San Simón pola consellería que goberna Roberto Varela e polo Consello da Cultura, aseguran en círculos ben informados que o propio Bragado admite xa en privado que pintan bastos para a súa emblemática editorial....

 4 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 171
22votadas

O Sergas ten programado o peche de todos os quirófanos do Hospital Abente y Lago en agosto

CIG-Saúde da Coruña vén de denunciar as pretensións do Sergas de pechar a actividade asistencial médica e cirúrxica no Hospital Abente y Lago para este verán. O Sergas, censuran, “actúa neglixentemente ao recortar e reducir os servizos deste xeito”, pois provocará un incremento notábel das listas de espera. Ademais, subliñan, nunca antes se reducira con tanta intensidade a actividade deste hospital como ten programado este goberno para o próximo verán. Subliñar que este é o hospital onde se opera o cancro de mama, os cancros de pel..

 1 comentarios en: Actualidade, Saúde karma: 123
« anterior12345...11» seguinte

Chuza