Nun contexto de agresión á cultura galega, a Academia representaba, con Ferrín, un espazo de resistencia”, afirma o autor de “As voces baixas”. Rivas é crítico co papel que certa imprensa xogou no desgaste da figura de Ferrín. “Falouse máis da Academia que da Deputación de Ourense ou da Xunta, cando alí non se cometeu ningunha ilegalidade”, di. O académico numerario da RAG avalía tamén a aposta de autores como Teresa Moure ou Vítor Vaqueiro no reintegracionismo. A entrevista completa no número 46 do Sermos Galiza.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia vén de anunciar que a presentación oficial da nova videoconsola de Sony terá lugar na capital galega. Despois de aprobar a paralización definitiva das obras no Parlamento Galego, o conselleiro de Cultura, Anxo Lorenzo, presenta esta nova como «un pulo para demostrar a utilidade da Cidade da Cultura ante aqueles que só souberon criticala».
O PP apoia por sorpresa a moción do Bloque que solicita que se paralicen definitivamente as obras dos dous edificios pendentes do Gaiás. Foi a deputada do Bloque Ana Pontón a que presentou unha moción na Cámara na que se instaba á paralización definitiva dos dous edificios pendentes de construír na Cidade da Cultura, así como a avaliación do impacto económico, social e cultural do Gaiás. Malia que o PP rexeitou a proposta completa, si votou a favor do primeiro punto da moción
A empresa CCamina presentouse hoxe en Santiago como un pioneiro proxecto cultural que comeza a súa traxectoria desde o espazo de coworking Emprende Cultura Gaiás, posto en marcha este ano pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Cidade da Cultura para apoiar a creación de empresas creativa.
Un obradoiro de flamenco para crianzas. Esta é a última actividade da Fundación Cidade da Cultura que voltou ser debate no pleno. A deputada Ana Pontón reclamou apoio para un sector cultural que atravesa un momento crítico e o conselleiro Xesús Vázquez afirmou que a CdC aforra alugueiros.
'Flamento Kids' é o nome deste concerto que, o vindeiro 10 de marzo, achegará, á cutura flamenca ao público familiar. "É un espectáculo que lle ofrece, por primeira vez, ao público infantil, un concerto didáctico e ameno con músicas e letras elaboradas coa mesma calidade que un espectáculo destinado a un público adulto, onde o flamenco é o vehículo estético e rítmico para contar unhas historias que cheguen á alma dos nenos e tamén dos pais"
Até 5 anos de prisión piden para os empresarios da explotación que subministrou pedra a Monte Pío e á Cidade da Cultura. "Piedra Natural de Muras SL" gañou enormes cantidades de diñeiro público malia operar durante anos sen ningunha licencia e invadindo a Rede Natura. O ex-alcalde de Ortigueira (PP) era o administrador da empresa.
Viaxe através de media Europa e de varios barrios de Lisboa á procura dos sons da cidade. Filme de Wim Wenders con motivo da capitalidade europea da cultura. Coa colaboración de Madredeus e Manoel de Oliveira.
O Consello da Cultura Galega (CCG) trasladará este mes de xullo á Biblioteca da Cidade da Cultura os fondos documentais e a actividade dos seus catro arquivos en virtude dun convenio que asinaron este venres o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o presidente do CCG, Ramón Villares.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, formalizou esta mañá na Biblioteca de Galicia xunto ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, o convenio marco de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a USC para a realización de actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación.
William Curtis é um historiador da arquitectura inglês muito prestigioso em círculos internacionais. Num recente texto ataca o desenho da Cidade da Cultura de Peter Eisenman e analisa por que ganhou o concurso para construir o Gaiás e repara en certas semelhanças com outros projectos arquitectónicos. Texto completo de William J.R. Curtis sobre a Cidade da Cultura: goo.gl/qvXwf
O edificio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, xa ten un novo inquilino: a Dirección Xeral do Libro, que se acaba de instalar na súa planta superior. Así, o confirmou onte o director xeral do Libro, Francisco López. "A nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos vai ter a súa sede, como é lóxico, tras a apertura da Biblioteca e o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura", explicou o director xeral.Na súa opinión, esta é un decisión razoable
Co “BASSIBUS Á CIDADE DA CULTURA” Leo Bassi volve á actualidade cómico-política ofrecéndonos unha novidade mundial: o Turismo Político. O día 16 de Outubro Santiago Compostela acollerá o BASSIBUS de Leo Bassi onde 100 “turistas políticos” viaxarán a bordo dun autocar alugado onde Leo Bassi mostrará e desmenuzará os despropósitos desta cidade e a súa particular “fauna política”
Segundo informacións publicadas onte por un diario estatal, a Consellaría de Cultura destinará en 2012 unha partida de 4.5 millóns de euros para financiar “actividades imprescindíbeis” do complexo do Gaiás, como “seguranza, limpeza ou mantenza”. 747 millóns das antigas pesetas, isto é, máis de 2 millóns diarios nestas ptas. A cifra achegouna o titular de Cultura Roberto Varela nunha recente comparecencia no parlamentiño.
A cerimonia foi da “máxima austeridade”, pero custou uns 74.600 euros. A súa difusión nos medios, “sinaladamente sobria e contida”, outros 54.600. En total, a inauguración dos dous primeiros edificios do Gaiás o pasado 11 de xaneiro consumiu algo máis de 129.000 euros dos orzamentos da Consellaría de Cultura, que este ano sufriron un recorte do 35%. Son os datos do propio departamento de Roberto Varela, revelados agora en resposta a dúas preguntas parlamentarias da deputada nacionalista Ana Pontón.
A Cidade da Cultura acolle dende o mércores ata o 13 abril as xornadas "Galician connection", un encontro internacional de músicos galegos e do mundo como Paquito D'Rivera ou Guadi Galego, que contará con un programa formativo con clases prácticas, debates e un concerto no Museo de Galicia.
Moito se escribiu e opinou sobre o dispendio económico e a falta de contidos da Cidade da Cultura de Galicia, promovida pola administración autonómica galega ás aforas de Santiago de Compostela. Hoxe describimos, de xeito resumido, a intra-historia da xestación do proxecto. Empregaremos o excelente libro Arquitectura Milagrosa, de Llàtzer Moix, no que se describe este e outros casos similares por todo o estado español
¨"É que tampouco hai ningún galeguista no Goberno, pero ademais, Feijóo tivo unha forte presión mediática desde Madrid co tema lingüístico. A sociedade civil xa non pensa o que pensaba hai dez anos sobre as linguas de España e sobre as comunidades históricas. Hai unha resposta excesiva desde Madrid, porque non entenden o que é Cataluña ou Galicia e a súa cultura e lingua".
A “Plataforma cultura si, mausoleo non” fai un chamamento ao boicot cidadán da inauguración da cidade da cultura. O desfase de 400 millóns de euros non é motivo de celebración e solicitamos a non participación dos cidadáns, persoeiros e intelectuais na pantomima que se vai celebrar maña no monte Gaiás. Pasados once anos desde o inicio do proxecto da Cidade da Cultura e con 400 millóns de euros de sobrecusto desde a Plataforma Cultura Si Mausoleo Non, parécenos fóra de lugar e absurdo, o acto de pompa e boato, convocado pola Xunta de Galicia
Unha das voces da arquitectura internacional máis recoñecidas do noso tempo, o inglés William J. R. Curtis, puxo como exemplo a Cidade da Cultura á hora de criticar os proxectos máis "desastrosos" do noso tempo.Como non podía ser doutra forma, a Cidade da Cultura encabeza as críticas deste ensaio, con frases como "proxecto catastrófico" ou "espazo retorcido con algoritmos e un xogo inútil de formalismos"."un exercicio baleiro nunha formación chafalleira que destrúe unha paisaxe enteira e ofrécenos no seu lugar algo parecido a un centro comercia
O americano Michael Riley, morador de El Cajon, na Califórnia, desenvolveu um travesseiro especialmente para mulheres que se sentem desconfortáveis ao dormirem de bruços na cama, por causa da pressão colocada nos seios: o Comfy Breasts, um acessório que acomoda as mamas da mulher por meio de um sulco no colchão.Há também uma versão do travesseiro para homens, com um sulco na parte inferior, destinada a acomodar a genitália masculina, proporcionando “conforto total” aos homens enquanto se deitam de bruços.
A pesar de que o seu comercio é ilegal, o consumo de drogas de todo tipo está amplamente estendido polos países occidentais. Galiza non é unha excepción. Este artigo analiza os beneficios económicos e sociais da legalización das drogas fronte á postura prohibicionista que impera actualidade.
Falar da Coruña é falar de falta de estratexia, de descoñecemeno do que debe ser un porto do século XXI. Doutro xeito dito, a direción coruñesa é sinónimo de ignorancia e ocultos intereses. Ás empresas xa lles teñen dito que busquen solucións
En castellano no Info Libre -> ir.gl/baedb5 O ataque con gases tóxicos aconteceu mentres asistían a aulas no centro feminino de Qala, na localidade de Sherin Tagab, provincia de Faryab. O alcalde da cidade, Syed Luqman, manifestou que polo menos 3 delas ficaron inconscientes durante o ataque. Hai unhas semanas, aconteron feitos semellantes en Tajar, no noroeste do país
O governo espanhol deverá aprovar esta semana a criação de um novo Sistema Nacional de Inteligência Económica (SIE) para detectar e prevenir acções contrárias aos interesses económicos das empresas de Espanha, à semelhança do que existe nos Estados Unidos. Notícias publicadas na imprensa espanhola referem que o novo organismo será criado no âmbito da nova Lei de Apoio aos Empreendedores e à sua Internacionalização, que previsivelmente será aprovada na próxima reunião do Conselho de Ministros. presidência d
A eurodeputada Ana Miranda pídelle ao presidente que explique cal é o fondo de transición ao que alude para compensar a perda // "É irresponsable adoptar un ton triunfalista cando imos perder o 60% dos 5.600 millóns de euros que recibimos no período en vigor”. Miranda considera que o presidente galego “debe substituir o triunfalismo a ante os responsables da UE por alternativas reais para que, cando menos, Galiza conserve os 2/3 dos fondos de cohesión...
Alá polo 2003 fixen unha reportaxe sobre a difícil cuestión da conservación e difusión do patrimonio musical tradicional galego (meto tamén no compoñente musical a parte do baile). Quedaba clara a atomización dos arquivos dos grandes recolledores de campo galegos. É normal. Cada un fixo o que puido e quixo, sin apoio de ninguén, polo que son arquivos plena e xustamente privados. Mais: mapamusicalgalego.blogspot.com.es/2013/05/mapa-musical-galego.html
Preciso de direitos e do feminismo. Por isso virei feminista. Eu fum às reuniões, lim blogs e fum aos protestos. De repente eu tornei-me um membro da irmandade, e pola primeira vez na minha vida que eu poderia falar abertamente sobre a agressão sexual que me tinha deixado com pesadelos, ataques de pânico e gravidez indesejada. Eu tinha dito essas cousas antes, mas nunca sem ser julgada ou culpada. Foi a primeira vez que eu realmente entendim, o que significava solidariedade.
O día 2 de xuño, "Galiza non é unha mina", manifestación en Santiago, dende a Alameda ás 12. Non está organizada por ningún partido político, senón por colectivos de afectados e movementos cidadáns en contra dunha minaría tóxica e destrutiva espallados por todo o territorio galego, pois todo el está en perigo. Vídeo: Coa inestimable participación de Sabela Arán, Fernando González "Gonzo", Carlos Blanco, Serafín González, Víctor Mosqueira, Suso de Toro, Ramón Varela, Fernando Vázquez, Javier Veiga e Luis Zahera.
Hai unha regra non escrita en internet, a regra 34, que di que “se existe, hai unha versión porno”. Mais, a pesar disto, hai algo que non é moi común (ou non o era) na rede: a pornografía para mulleres. Cunha simple ollada a calquera páxina de vídeos pornográficos decatámonos que todos son feitos por e para homes. A industria pornográfica naceu polos anos 70, despois da estrea da mítica ‘Deep Throat’, e, dende aquela, case non mudou. As grandes produtoras están en mans de ‘chapados á antiga’ que crean contidos nos que a muller ten un mero...
"Os negros en Cuba son libres; poden contratar compromisos, traballar ou non, e penso que a escravitude era para eles ben mellor do que ista liberdade que somentes lles presta para folgar e facer mandas de lacazáns. Quen coñece a istes negros han dicirvos que en Madagascar, no Congo, como en Cuba, son zolados, salvaxes, inclinados a facer mal, e que é preciso conducilos con autoridade e firmeza para sacar algo diles. Istes salvaxes non teñen outro dono que os seus propios instintos, seus apetitos primitivos...
O día 30 de abril, distintos colectivos da Coruña convocamos accións de denuncia contra a transnacional Hidralia Energía, que é a responsable-a través da súa empresa subsidiaria, Hidro Santa Cruz- da construción dunha hidroeléctrica que ameaza os dereitos dos pobos indíxenas do municipio de Barillas (Guatemala), especialmente os das mulleres.
Só neste ano, o preço da prata caiu 23%, o do cobre, 12%, e do ouro, 17%. Os preços atuais de algumas matérias-primas – tanto produtos primários energéticos (petróleo e gás, por exemplo) quanto metais industriais (cobre, alumínio) e produtos agrícolas (soja, trigo) – equivalem a um terço da cotação recorde alcançada há cinco anos e ainda se mantêm abaixo dos preços de 2010 e 2011, período durante o qual a economia mundial começou a se recuperar da crise financeira.
Como nos anos da reconversión naval. Todos os sindicatos maioritarios uníronse outra vez en Ferrolterra e as súas comarcas máis achegadas para convocar unha folga xeral o vindeiro 12 de xuño na zona. A grave crise pola que atravesa o naval ferrolán, á espera dos floteis de Pemex que non chegan e dun dique flotel que o propio Goberno parece descartar, é unha pinga máis -e moi grave- na desesperación dunha comarca que ve tamén como se desmantela un sector, o eólico, que perdeu milleiros de empregos nos últimos meses
Se os contratos coas empresas de Dorado anteriores a 2003 foran destruídos como afirmou o presidente da Xunta no Parlamento, estaríase a cometer unha ilegalidade segundo defende a CIG-Administración, da que sería responsábel o propio Feijóo, daquela secretario xeral na Consellaría de Sanidade.
A Rapid Realty, uma imobiliária de Nova York especializada na procura de andares em Manhattan, encontraram uma forma singular de fazer publicidade e, ao mesmo tempo, manter contentes os seus empregados: todo o trabalhador da empresa que aceitar tatuar o logo da empresa obeterá automaticamente um aumento de salário de 15%. Perto de 40 empregados já fizeram a tatuagem a troco do aumento de ordenado. A empresa paga pela tatuagem e deixa ao critério de cada um a localização da tatuagem bem como o seu tamanho.
A directiva organización independentista chamou á converxencia das luitas populares e do soberanismo galego e de esquerda nunha rolda de imprensa realizada en Compostela. A librería Couceiro na compostelá praza de Cervantes foi o espazo elixido para Nos-Unidade Popular apresentaren as súas 502 medidas para saírmos da crise económica. A vía proposta: a mestizaxe das luitas sociais e do nacionalismo galego e de esquerda cunha perspectiva “obreira, popular, patriótica e feminista”.
A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación da Xunta deixou fóra aos medios en galego da súa campaña institucional do Día das Letras Galegas, argumentando que foi unha empresa de publicidade externa a encargada de xestionar o espazo nos medios, o que se fixo, segundo alegaron, seguindo o contrato realizado no pasado ano, contra o que estipula a Lei de Normalización Lingüística que contempla a obriga do goberno galego de apoiar aos medios de comunicación “que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo”.
56 pessoas do mundo da literatura, a música, a língua ou a filología refletem a respeito da identidade da língua galega e a posição da Galiza na lusofonia no livro Galego, Português, Galego-Português. Os seus autores, Arturo de Nieves e Carlos Taibo, apresentam na Galiza esta semana da mão da editora ATravés
Despesa pública na área social tem “fatia de leão” nos gastos da saúde e pensões, diz a organização, que defende que actuais pensionistas sejam incluídos nas alterações. Para a Organização para a Cooperação e Desenvolvimento Económico (OCDE), tornar os sistemas de pensões mais sustentáveis em Portugal é uma medida central para reduzir o peso desta área na despesa pública. E são duas as recomendações que a instituição faz ao Governo português: acabar com a reforma antecipada e acelerar a convergência das regras dos sistemas de pensões...