atopados: 31, tempo total: 0.004 segundos rss2
27votadas

Propõem a dança tradicional galega como Património Imaterial da Humanidade

'Xacarandaina' da Corunha, 'O Fiadeiro' de Vigo e 'Cantigas e Agarimos' de Compostela -coletivo XOC- propõem-lhe à Xunta da Galiza que promova a candidatura do nosso baile tradicional para Património Imaterial da Humanidade pela UNESCO.

 2 comentarios en: Cultura, Artes karma: 159
46votadas

Todas as Cantigas Medievais Galego-Portuguesas on-line

A presente base de dados disponibiliza, aos investigadores e ao público em geral, a totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as respetivas imagens dos manuscritos e ainda a música (quer a medieval, quer as versões ou composições originais contemporâneas que tomam como ponto de partida os textos das cantigas medievais). A base inclui ainda informação sucinta sobre todos os autores nela incluídos, sobre as personagens e lugares referidos nas cantigas, bem como a “Arte de Trovar”, o pequeno tratado de

 1 comentarios en: Cultura, Língua karma: 190
20votadas

Cántigas da Terra homenaxea ao último construtor de gaitas da Coruña

Aos seu 85 anos o lutier Xosé López Bao tivo que deixar a súa vivenda en Eirís de Abaixo debido ás expropiacións do parque ofimático e voltou ao lugar no que naceu en Ardemil (Ordes). O único artesán gaiteiro coruñés en activo pechou así un ciclo pero voltará de novo á cidade coruñesa este sábado para a homenaxe que lle rendirá a agrupación Cántigas da Terra, onde estarán presentes algún dos grupos para os que construiu gaitas entre os 60 e os 80, a época na que máis instrumentos produciu.

Data: 26/01/2013
 sen comentarios en: Cultura, Artes karma: 171
25votadas

Europa descubre "Cantigas de Mulleres"

O disco Cantigas de Mulleres, con dirección artística de Uxía e ilustracións de Pablo Pastor entrou nas prestixiosas listas europeas de World Music, WMCE (World Music Charts Europe). Estas listas mensuais están feitas por 48 xornalistas con programas en 25 radios públicas de toda Europa e supoñen unha grande difusión para os discos que os programadores escollen entre unha grande cantidade de novidades discográficas de todo o mundo.

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 161
9votadas

O Ghagheghi ou Galiza ghreretes ghits

Acó temos as letras e as ligazóns a videos no tubo, das cantigas de taberna que toda galega e galego deben saber para ir de estalotada polas biaucas e furanchos do país. A virxe de Camariñas, o hino galego, o paraguas do Xosé, o quer que lle quer.. e moitas máis

 sen comentarios en: , Cultura karma: 62
16votadas

"Cantigas de amigos" de Amália Rodrigues por fim em CD 40 anos depois

Quarenta anos depois da sua publicação, enfim a edição em CD de “Cantigas de Amigos”, o mais raro e menos conhecido dos discos de Amália. Entre os amigos e convivas dessa noite estavam José Carlos Ary dos Santos e Natália Correia, que anuncia a preparação do livro "Cantares dos Trovadores Galego-Portugueses" (coletânea de poesia medieval em português actualizado, publicada em 1970). A este livro refere-se Ary no texto do LP original, reproduzido na presente edição.

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 154
16votadas

A Fronda dos Cervos, o novo disco de DOA vídeo

Velaí a resurrección da música e da lírica medieval galega, a lingua galega que era cantada en situación de normalidade é traída á tona por un histórico grupo da nosa música, DOA... DOA transpórtanos á Idade Media galega e, a través da magnífica voz da soprano Susana de Lourenzo, gozamos das letras das cantigas de Pero Meogo, ouvimos o mar de Vigo de Martín Códax, o canto de Meendinho á Illa de San Simón, o escarnio de Airas Nunes... e todo cuns arranxos musicais magníficos- interpretación libre das Cantigas de Alfonso X..

 sen comentarios en: , Cultura karma: 127
13votadas

AGAL colabora com BD Banda numha exposiçom de banda desenhada

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) colabora com BD Banda numha exposiçom de banda desenhada que se poderá ver no fim-de-semana em Ponte Vedra na seqüência do Cultur.gal, feira das indústrias culturais. Trata-se de umha aproximaçom inédita às Cantigas de Santa Maria que explora a vinculaçom destas com a banda desenhada. Os detalhes da farám-se públicos esta tarde, às 18h30, na escola profissional O Garaxe Hermético, sediada no baixo da Rúa Álvaro Cunqueiro n.º 4, em Ponte Vedra. Na apresentaçom pública estarám o vice-presidente da AGAL...

 sen comentarios en: Cultura, Língua karma: 138
36votadas

Unha parella lésbica na Compostela do século XIII

"No caso galego-portugués o lesbianismo só aparece como elemento temático nas cantigas satíricas e protagonizado por soldadeiras, por prostitutas. A súa situación marxinal facía posíbel que mantivesen uns vencellos entre elas, mesmo con certo cariz público, que serían inviábeis para outras mulleres.A dúas destas soldadeiras do século XIII que foron satirizadas polos seus relacionamentos sexuais ou afectivos con outras mulleres coñecémolas polo nome: Sancha e María. Delas mesmo sabemos que foron vivir á rúa da Moeda Vella, en Compostela."

 sen comentarios en: Cultura, Historia karma: 117
31votadas

50 anos da estreia de Castelao na Galiza, 'Os vellos non deven de namorarse'

Rodolfo López-Veiga dirigiu o 22 de julho de 1961 a estreia da obra na Galiza, numa Praça da Quintá em Compostela ateigada por mais de 7.000 pessoas e converteu-se num ato de afirmação galeguista que levantou suspeitas nas autoridades do regime. O 'Sindicato del Espectáculo de Falange' autorizara a representação da obra ao grupo de teatro de Cantigas e Agarimos três días antes da estreia, grupo com atores não profissionais que reclutara o próprio López-Veiga.

 2 comentarios en: Cultura, Historia karma: 144
41votadas

As primeiras BDs da Península eran galegas

Banda deseñada na Idade Media. Produtos multimedia no século XIII. Conceptos que poden semellarnos propios dunha novela fantástica son parte da nosa historia e da nosa literatura. As Cantigas de Santa María do rei Afonso IX son un exemplo único destas dúas ideas. O investigador Breixo Harguindey explícanos polo miúdo esta curiosa historia de cadriños.

 1 comentarios en: , Cultura karma: 156
8votadas

Mulleres entre Sil e Minho: soldadeira en San Miguel do Monte (Chantada)

O outro papel que jogou a mulher no “espectáculo trovadoresco”, como António Resende de Oliveira o tem definido, foi como soldadeira. O seu nome recebem-no da soldada que recebiam por dançar e bailar. As referências literárias a estas mulheres, em que destaca Maria Balteira, conhecemo-las polas cantigas de escarnho e maldizer, mas nunca faziam referência à sua arte, mas as alusons da sua condiçom de “mulheres de má vida” desde as inalteradas convençons patriarcais do onte e do hoje.

 1 comentarios en: , Cultura karma: 68
31votadas

"Os vellos non deben namorarse", 50 anos despois da súa primeira representación na Galiza

O 25 de xullo de 1961 tiña lugar na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, a primeira representación en Galicia de “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, vinte anos despois da súa primeira estrea en Buenos Aires. Tratouse dun acontecemento histórico, cultural e ata simbólico. A obra lograba burlar a censura tan só dous días antes da representación. Entre o público atopábanse as irmáns do autor rianxeiro e Ramón Otero Pedrayo, entre outros persoeiros.

 1 comentarios en: Cultura, Artes karma: 168
33votadas

As cancións que agochaban as cubertas

"Unha árdua busca de partituras a desventrar as cubertas de antigos códices. A reconstrución dun patrimonio musical que se esquecera no século XV. A gravación dun disco que rescata cancións que levaban case mil anos sen se interpretar. Galicia entra na primeira división mundial da música medieval co proxecto de investigación e mais o disco A música medieval en Ourense."

 sen comentarios en: Cultura, Historia karma: 156
20votadas

Cantigas de Martim Codax inspiram “Sem Mim”, novo espetáculo do Grupo Corpo

Estreia esta semana o novo espetáculo de dança do grupo Corpo (Minas Gerais), intitulado “Sem Mim”, inspirado em sete canções de amigo de Martim Codax, musicadas por Carlos Núñez e José Miguel Wisnik. A parceria entre o músico galego e o brasileiro aconteceu em 2008, quando os dois uniram-se para compor uma trilha a partir de sete canções de amigo de Codax, cuja existência foi dada a conhecer em 1914 pelo livreiro Pedro Vindel, de Madri. E essa trilha sonora transformou-se no espetáculo que chegou esta semana a São Paulo.

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 125
48votadas

Site galego recompila materiais lusófonos para crianças

O site Escola Galega - escolagalega.zobyhost.com/ - recompila materiais lusófonos carregados por outrem à rede e pom-nos a disposiçom das pessoas interessadas para os utilizarem com as suas crianças. Numerosas cançons, e também desenhos animados e programas infantis formam parte deste repositório online. O site explora a "evidente afinidade que existe entre o galego e o português" para combater a "situaçom de forte desavantagem" do nosso idioma a respeito do castelhano na Galiza. | Via: tinyurl.com/2e2s9jd

 2 comentarios en: Cultura, Ensino karma: 125
2votadas

A cantadeira Ana Procópio

Ana Procópio é un mito na illa do Fogo (Cabo Verde). O seu xeito de interpretar as cantigas fana representante xenial dunha forma cultural viva e rica da África lusófona. Excelente improvisadora e compositora de todo un repertorio de cantigas populares en crioulo, de diversos matices, sensibilidades, denuncias e estratificacións. Por iso que a minúscula illa do Fogo toma unha dimensión enorme naquelas cantadeiras de oficio, que eran moitas e de diversa afiliación dentro do contexto musical da coladeira.

 sen comentarios en: , Cultura karma: 40
10votadas

Culturgal, o stand do público vídeo

Declaracións, recomendacións, cantigas, libros, apuntamentos... sobre a cultura, por parte das persoas que se achegaron ao Culturgal 2012. Unha idea de María Yáñez e Illa Bufarda

23votadas

Traxes tradicionais de toda Galiza acoden ao primeiro concurso de Lugo

O primeiro concurso de traxe tradicional galego que se celebra no marco das festas patronais lucenses contou con representación de vestimenta típica de distintas partes de Galiza, tanto para home como para muller. Houbo, con moita diferenza, unha maior participación na modalidade individual, na que se presentaron 24 conxuntos, que na de grupo de máis de dez membros, na que só se presentou unha formación. Antón Méndez Gándara, de Cantigas e Frores, a asociación que colabora co Concello na organización deste certame, valorou moi positivamente...

 sen comentarios en: Cultura, Historia karma: 155
16votadas

Publícase un manual de guitarra con pezas galegas

Titulado Froles d'ouro e publicado por Dos Acordes, este álbum de trinta e catro cantigas galegas arranxadas por Manuel Herminio Iglesias. Trátase de obras maioritariamente tradicionais, máis algunhas de autor, adaptadas a un nivel moi inicial de guitarra clásica. O autor pretende aportar un material para que tanto nas Escolas de Música como nos Conservatorios o alumnado teña a posibilidade de interpretar pezas galegas e, ao igual que noutros lugares do mundo, escoite e execute sen complexos o seu patrimonio musical.

 sen comentarios en: Cultura, Música karma: 160
« anterior12» seguinte

Chuza