atopados: 8, tempo total: 0.009 segundos rss2
22votadas

Alcampo-Ferrol impide o dereito á información reprimindo o reparto de follas informativas en defensa da sanidade pública

Varios membros da "Plataforma en Defensa da Sanidade Pública" repartían ás portas do Alcampo-Ferrol, información da Manifestación do vindeiro domingo 3 de xuño en Compostela: Contra os recortes e privatizacións na Sanidade Pública cando se lles achegaron membros da empresa de seguridade de Alcampo, que nunha actitude chulesca advertíronlles de que tiñan que abandonar as inmediacións, ou ían "arrepentirse délo" xa que estaban nunha propiedade privada.

66votadas

O Alcampo abandona o galego

A cadea de hipermercados francesa Alcampo está a eliminar os vestixios de lingua galega na súa comunicación. Na remodelación dos seus centros prescinde de usar o idioma de Galiza nos rótulos. lcampo é unha das transnacionais de alimentación con meirande implantación en Galiza. Conta con estabelecementos en Vigo, Ferrol, Santiago e A Coruña e aparece sempre nos primeiros postos nas clasificacións de mellores prezos e maior oferta alimentaria.

 7 comentarios en: Cultura, Língua karma: 176
26votadas

O 14 de xuño xulgan 2 compañeiros da CIG por participar nunha acción sindical conxunta o pasado 19 de abril no Alcampo d

O vindeiro xoves, día 14 de xuño se celebra o xuizo polos incidentes en Alcampo, contra os compañeiros Pintos e Porfirio ás 11,20h. Faremos unha concentración ás 10,45 na entrada do Xulgado de Ferrol co fin de amosar a nosa solidaridade cos compañeiros e rexeitar a persecución sindical. A acción sindical na que foron detidos, fora convocada por CCOO, CIG, UGT e USTG e na mesma participaron moitos traballadores e traballadoras da nosa comarca para informar da actitude do Hipermercado Alcampo durante a folga do 29M.

Data: 14/06/2012
5votadas

A Comisión de Seguimento do Plan de Igualdade de Alcampo inicia a súa andaina

Alcampo constituíu xunto aos sindicatos FETICO e UXT, a Comisión de Seguimento do Plan de Igualdade aprobado en decembro de 2010.

22votadas

Manifestación en Ferrol: Alimentos no lixo e desempregados pasando fame!

A Asemblea de desempregad@s da CIG manifestámonos o domingo 16 de decembro ás 12:30h ante o supermercado Alcampo na Gándara co obxectivo de expresar o noso rexeitamento ante a eliminación daqueles alimentos próximos á caducidade que realizan no interior das instalacións porque "xa non lles resultan rendíbeis economicamente".

Data: 16/12/2012
26votadas

Piquete e Manifestaçom da CIG em Ferrol vídeo

Video do piquete e a multitudinaria manifestaçom da CIG em Ferrol Via: artabra21.blogspot.com

48votadas

Pague en castelán, inglés, francés ou catalán

Unha pantalla coa primeira das instrucións e unhas bandeiriñas para escoller idioma: castelán (como non), inglés (que viste moito), francés (a multinacional é de alá), catalán e galego... Claro que non, galego non hai! E ocorréuseme preguntarlle á encargada do aparello cando se me achegou a desatascalo (coloque su compra en la bolsa, saque su compra de la bolsa). A resposta foi do silencio, reflexivo, ata a lóxica evasiva final: "Eso no se lo puedo responder, caballero, porque no lo sé".

 3 comentarios en: Cultura, Língua karma: 147
39votadas

Secuencia da agresión policial ao cámara da CIG

Segundo as testemuñas consultadas por GC, a actuación dos axentes no Alcampo do barrio vigués de Coia foi desmedida e brutal. A intervención policial, que a CIG cualificou como "desproporcionada", comezou preto das seis da mañá do xoves 29 de marzo, xornada de folga xeral. Nas inmediacións do hipermercado Alcampo do barrio vigués de Coia producíase un enfrontamento verbal entre un axente da policía e membros dun piquete.

Chuza