Home
Historia e descrición
Foi creada por Berto Yáñez. O sistema é un fork do software orixinal de Menéame desenvolvido por Ricardo Galli coma un clon de Digg.
"
Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor"
Os usuarios, rexistrados ou non, filtran, valoran e comentan historias que proveñen de diferentes fontes de información tanto galegas como internacionais. En xullo de 2010, no seu peche había 5.710 usuarios rexistrados, 76.257 historias enviadas, e as hstorias recibiran 231.231 comentarios.
O 22 de marzo de 2010 mudou o dominio de chuza.org a chuza.gl[2]. O 24 de xullo de 2010 anunciou o seu peche, que se materializaría o día seguinte, o 25 de xullo[3].
Funcionamento
Os usuarios rexistrados envían historias a Chuza! de esta forma:
- A fonte orixinal ten que ter unha URL que é enviada a Chuza! por medio dun proceso de envío[4] de 3 pasos onde se describe a nova mediante título, tags, resumo e categorías.
- Ao final do envío da nova esta pasa a unha lista de pendentes, onde outros usuarios a votan positiva ou negativamente, de forma que a nova vai aumentando o seu "karma".
- Un proceso de cálculos matemáticos recorrentes en base a unha serie de algoritmos de análise social decide se as novas teñen suficientes votos para pasar á portada da web. Eses procesos tamén fan un reparto do karma entre os usuarios aumentando ou diminuíndo ese valor que indica a "importancia" dun usuario na comunidade.