Legal
CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DA ASOCIACIÓN CULTURAL CHUZA chuza.gl
A Asociación Cultural Chuza! (EN ADIANTE, A PROPIETARIA), con enderezo a efectos de notificacións en chuza.gl@gmail.com (sede social en proceso de tramitación), con NIF actualmente non dispoñible (en proceso de tramitación), pon á disposición pública no seu sitio web chuza.gl determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web da PROPIETARIA por parte dos USUARIOS que accedan a el. As presentes condicións xerais son expostas ao USUARIO no sitio web chuza.gl en todas e cada unha das páxinas, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet e se encontre plenamente informado.
O acceso ao sitio web da PROPIETARIA implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso, que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen nel para a realización de actividades contrarias á lei, ben como a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO
1.1.- A utilización do sitio web da PROPIETARIA non implica a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Fican prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, os dereitos e/ou os intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente A PROPIETARIA prohíbe os seguintes:
1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través del, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas da PROPIETARIA ou a terceiros.
1.1.2.- Vehicular, sen a debida autorización, calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta.
1.1.3.- Realizar envíos de correos masivos ("spaming") ou envíos de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").
1.2.- A PROPIETARIA poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais, observando o disposto na cláusula quinta.
SEGUNDA.- CONTIDOS.-Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos:
2.1.- Pola PROPIETARIA, utilizando fontes internas e externas, de tal modo que A PROPIETARIA unicamente se responsabiliza polos contidos elaborados de forma interna.
2.2.- Polos USUARIOS, a través de colaboracións ou da introdución voluntaria de contidos, tanto gráficos como escritos, directa ou indirectamente a través de enlaces ou links, sendo os USUARIOS os únicos responsables dos mesmos e ficando expresamente exenta A PROPIETARIA de toda responsabilidade. O USUARIO que introduza calquera contido no sitio web da PROPIETARIA manifesta a absoluta legalidade e autoría dos mesmos e expresamente asume todo tipo de responsabilidade que se poidese derivar deses contenidos. O USUARIO tamén se fai responsable das opinións introducidas no chat e nos foros postos á súa disposición no sitio web. A PROPIETARIA non será responsable en ningún caso das opinións expresadas nos referidos foros e poderá retirar ou impedir o acceso aos USUARIOS que vulneren a legalidade vixente, ben como pór no coñecemento de Xulgados e Tribunais os feitos susceptibles de seren constitutivos dalgún tipo de ilícito penal ou civil.
2.3.- A PROPIETARIA resérvase o dereito de modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. A PROPIETARIA non asegura nin se responsabiliza polo correcto funcionamiento dos enlaces a sitios web de terceiros que figuren en chuza.gl
Ademais, a través do sitio web da PROPIETARIA póñense á disposición do usuario servizos gratuítos e de pago ofrecidos por terceiros alleos, e que se rexerán polas condicións particulares de cada un deles. A PROPIETARIA non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e fica expresamente exenta de todo tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude deses contidos e servizos.
TERCERA.- RESPONSABILIDADE.-
3.1.- A PROPIETARIA en ningún caso será responsable:
3.1.1.- Dos fallos e incidencias que poidesen producirse nas comunicacións, apagados ou transmisións incompletas, de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estexan constantemente operativos.
3.1.2.- Da produción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros poidesen ocasionar no sitio web.
3.1.3.- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de enlaces ou links. Ademais, A PROPIETARIA colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.
3.2.- A PROPIETARIA resérvase o dereito de suspender o acceso sen previo aviso, de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal, até a verificación da efectiva responsabilidade dos danos que poideran producirse. Outrosí, A PROPIETARIA colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.
CUARTA.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE.- As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que poidese corresponderlle.
QUINTA.- En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. A PROPIETARIA poderá non exercitar algún dos dereitos e faculdades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia a eles, salvo recoñecemento expreso por parte da PROPIETARIA.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.- Onde se fai referencia ao USUARIO, enténdase ao USUARIO ou USUARIA.