A partir do 16 de Outubro de 2010, Chuza deixou de ser un proxecto persoal para ser levada por medio dunha Asociación ("Asociación Cultural Chuza"), que ten como único obxetivo a xestión da web. A intención da Asociación é involucrar ao maior número de persoas no proxecto. Por ese motivo, a web está aberta a todo tipo de colaboracións.
Para colaborar con nós tes varias opcións:
- Se queres participar no funcionamento interno da asociación, cubre o formulario que está máis abaixo e así poderás participar nas asambleas. O diñeiro das cuotas destínase íntegramente a sufragar os gastos de mantemento de dominios, rexistro da marca, etc...
- Se queres colaborar con melloras no código ou no deseño, só tes que apuntarte na lista de correo http://groups.google.com/group/chuza-desenrolo , ou enviarnos un correo. Temos un repositorio público co código. Calquera pode baixar o código e as imaxes e fozar canto queira. Para colaborar despois con nós, só tedes que enviar un parche ou un fragmento de código ao nosso correo ou a través da lista ou pedir acceso ao repositorio, como mellor vos veña.
E para contactar con nós:
- A nosa lista de correo para asuntos xerais da web
- O noso correo de contacto: chuza.gl@gmail.com .
Nota: A partir da última asemblea, PayPal deixa de ser un xeito recomendado para facer o pago das cuotas da Asociación.