Aproveitando estas sinaladas datas, estaremos facendo melloras na web durante o que resta da semana e actualizando cousas. Por ese motivo, tede pacencia porque podería haber efectos inesperados e “danos colaterais” ou similares. Esperamos que gostedes das novas funcionalidades.
Letras Galegas 2012 e nova versión da web
May 17th, 20121 de Abril de 2012
April 1st, 2012Para os que notedes “algo” diferente na web, nom vos preocupedes.
Tradicionalmente este dia do Ano em Chuza sempre se fissera algumha ‘inocentada’, mas este debido aos incendios nas Fragas do Eume (sobram os adjetivos), houvo que adaptar a broma, de jeito que pretender reflejar máis um laio ou umha chúvia que tanta falta fai máis que ser umha inocentada.
Novidades, Chuzarrascada e encontro de desenvolvedores
March 2nd, 2012O vindeiro domingo 4 de Marzo, celebramos o encontro de desenvolvedores aberto a tódolos chuceiros na Cafetería Século XXI as 11,30 da Mañan.
- Mapa do Lugar: http://g.co/maps/9nmxb
Posteriormente celebraremos un xantar.
Chuzarrascada e encontro de desenvolvedores
February 25th, 2012O vindeiro día 4 de Marzo, celebraremos um encontro de desenvolvedores aberto a todos aqueles que queiram participara, chuceiros e non-chuceiros, socios e nom-socios. Posteriormente, haberá tamén unha chuzarrascada-xantar. O lugar escollido para a juntança de desenvolvedores é o local de Dinahosting no barrio de Vista Alegre en Compostela, ás 11:30 da mañá e terá un compoñente esencialmente técnico. O xantar posterior xa será, esperamos, máis distendido.
Tanto o encontro como o xantar está dirixido a permitir unha participación máis directa no funcionamento da asociación de da web, así que vos animamos a acudir e preguntar “todo aquelo que sempre quixestes perguntar e nunca vos atrevestes a facelo”. Para máis detalhes podedes enterar-vos melhor a través das listas de correio da Asociación e de desenvolvimento. De todos os xeitos, animámos-vos a acudir, ainda que non pertenzades á AC Chuza.
Datos de 2011
E aproveitamos esta entrada para dar a coñecer algúns datos da web do ano pasado, que xa foran publicados na lista de socios.
En primeiro lugar, o número de noticias por mes:

Varias aclaracións:
- A nova etapa de Chuza comezou o 26 Xullo de 2010, polo que os datos comezan desde esa data.
- A web tivo un serio problema de SPAM que foi corrixido a comezos de 2011, para alivio dos “moderadores” da web.
- Para os que se asusten coa palabra “moderador”, Chuza ten unha serie de persoas con permiso para eliminar as noticias que vulneren explícitamente as normas do sitio. Para aclararnos: o SPAM.
- Como se pode comprobar a simple vista, os meses de máis actividade son os de inverno.
- A media de noticias por mes é superior a mil. Isto é, máis de 30 por día.
- Os datos foron tomados a comezos de Xaneiro deste ano, 2012, por iso ese mes aparece cortado.
E agora, o número de contribuintes, xente que envía noticias, por mes:

Esta gráfica permite apreciar máis claramente a pluralidade da web. Ao longo dun mes, arredor de 90 autores diferentes envían noticias a Chuza. E iso sen contar os usuarios que fan comentarios nos chíos e nas propias noticias.
Os datos demostran que Chuza faise día a día por un grupo amplo de persoas, axúdanos a que isto siga sendo así:
COLABORA CON NÓS
RadioChuza
December 27th, 2011Roçando a fim de ano, a Associaçom tem um novo projeto em marcha: RadioChuza. Explicado por um dos promotores, Socram:
“Como saberedes, recentemente fechou o projecto de radio anfiteatrogz, radio que à que nossa página ligava desde a sua capa.
Diante da escassez de medios em galego algum usuario do Chuza! decidiu que talvez pagasse a pena tomar o relevo, e assim foi.. desde o dia 21 temos radiochuza emitindo desde o Chuza: http://radiochuza.playtheradio.com
Polo momento so esta a emitir música, mais umha radio da para fazer muitas mais cousas e é aqui onde se fai necessaria a participaçom da comunidade. De nos depende que a radio fique só num fio musical chuzeiro ou se convirta em algo mais, é por isso que criamos esta lista de correio radiochuza@googlegroups.com onde qualquer pessoa interessada em aportar algo à radio sera bem-vinda.. Há umha única restriçom, a mesma que no Chuza, que o contido seja em galego, em qualquer das suas variantes.
Assim que animadevos a participar…”
Só acrescentar que o projeto está aberto a todo o mundo, chuceiros e nom chuceiros, sócios e nom sócios.
FELIZ 2012!!
Assembleia Virtual e trocos na web
November 19th, 2011Como fora anunciado na lista de socios, a asemblea presencial tivose que aprazar até nova data. Por ese motivo, celebraráse unha asemblea virtual os dias 26 e 27 que se fará na propia web.
Por outra banda, estaremos facendo probas e trocos na web durante esta semana, polo que vos pedimos pacencia. Daremos os detalles oportunos ao seu debido tempo.
Aprázase a Asemblea
November 11th, 2011Debido ás dificultades para acudir dun número importante de socios, aprázase a Asemblea indefinidamente. Máis detalles na lista de socios.
I Asemblea Xeral Ordinaria / Assembleia Geral Ordinária
November 6th, 2011O vindeiro sábado 12 de Novembro de 2011 celebraráse a asemblea. Para os que ainda non se enteraran, poden consultar os detalles a través da lista de socios ou do noso correo chuza.gl@gmail.com .
Avisados estades.
Karma, comentarios aniñados e máis
August 24th, 2011Acabamos de activar todo un paquete de melloras na web. Imos tentar explicar algunhas, comezando polo karma.
Karma
O sistema base de cómputo de karma no Chuza está baseado, por suposto, no de menéame. Ese sistema leva evolucionando durante anos para adaptarse ás necesidades dunha comunidade dun tamaño bastante superior ao da nosa. Por ese motivo, foi necesario, e seguramente seguirá sendo, realizar diversas adaptacións de cara a mellorar o comportamento do sistema que envía as notícias á portada.
O cómputo do karma está afectado por varias cousas. Certos temas, como a degradación do karma no tempo e o famoso “control de mafias”, levan tempo desactivados. Mais ainda así, quedan outros comportamentos que seguen a fustrar aos usuarios.
Un deles é a penalización por noticia da mesma fonte. Aquí está unha simplificación
Para cada noticia na cola:
…
$hours = 8;
$min_pub_coef = 0.8;
$last_site_published = “…data da ultima noticia do sitio publicado nás últimas 8 horas…”;
if ($last_site_published > 0) {
$pub_coef = $min_pub_coef + ( 1- $min_pub_coef) * (time() - $last_site_published)/(3600*$hours);
$karma_new *= $pub_coef;
}
…
fin do bucle
Que fai este anaco de código? Penaliza as noticias enviadas nas últimas 8 horas desde unha mesma fonte, tendo como máxima penalización o 20% do valor do karma ( o 0,8 do min_pub_coef) para as noticias enviadas inmediatamente despois da última publicada.
(08-2011)Como proba, o numero de horas pasará de 8 a 4 e o coeficiente mínimo de 0.8 a 0.9, de cara a penalizar en menor medida ese comportamento.
Metacategorías
Por outra banda, certas noticias estaban sendo penalizadas tamén por seren de metacategorías que teñen moitas máis noticias que o resto. O sistema por defecto fomenta que aparezan as notícias das diferentes metacategorías de xeito homoxéneo, de cara a favorecer a diversidade dos contidos.
(08-2011) Esa funcionalidade provoca un efecto indesexado en Chuza, facendo que se penalicen certas noticias e provocando a conseguinte perturbación. Polo tanto, probaremos a eliminala completamente.
Comentarios Aninhados
Outra das novidades na web é a dos “comentarios aniñados”. Inspirados nos do sítio Reddit.com, pretenden trocar a idea dos comentarios lineais que había até agora, por un sistema no que se responda e se “premie” aos comentarios que máis gosten á comunidade. Premendo o botón de réplica pódense contestar a comentarios xa emitidos. Ademáis, os comentarios ordenaranse polo karma dos votos que teñan. O sistema é totalmente diferente do actual, mais esperamos que a mudanza sexa para mellorar.
Tamén se inclúe na actualización unha nova imaxe proporcionada por Luís Magarinhos, que axuda a consolidar o aspecto gráfico da web. Con todo isto e algúns aspectos menores, esperamos axudar a que se mellore a experiencia dos usuarios da web. Lembrámos-vos que todo o relativo á web pódese debater e votar nas Asembleas, e celebrara-se unha ordinaria antes de que acabe o ano.
Enjoy!
Nova configuraçom nas categorias
June 12th, 2011Chuza vem de realizar umha ediçom nas categorias das novas. Além de serem engadidas algumhas que foram reclamadas por diversos membros da comunidade, a nova classificaçom permite umha maior personalizaçom da web. Assim, se alguém quiser ver só umha parte das novas disponíveis da web, tem a possibilidade de selecionar só as categorias que deseje ler.
Por exemplo se um usuário só está interessado nos desportos avonda com que selecione todas as categorias relativas ao desporto (e desselecione as demais) na sua configuraçom persoal. Para aceder às ‘categorias personalizadas’ há que clicar no botom de mesmo nome que há no perfil persoal de cada usuário.
Aguardamos que gostem da nova classificaçom e que participem ativamente na web.
Atentamente: A Equipa Diretiva.