18votadas

Premios Xerais 2012

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados.

23votadas

O Consello da Cultura Galega inaugura colección de e-books cun poemario de Paz Andrade

Co gallo do Día das Letras Galegas o Consello da Cultura Galega editou como facsímile o poemario Canto do pobo disperso escrito en 1955 por Valentín Paz Andrade, e hoxe mellora a súa distribución publicando a obra tamén en formato dixital (ePUB) o que facilita a súa lectura en eReaders, tablets e outros dispositivos de lectura, e inaugurando a colección de libros electrónicos do Consello.

22votadas

Os mouchos de porcelana nos telhados. Sechu Sende

Forom aparecendo pouco a pouco nos telhados da minha vila e agora podo contar 23 desde a janela do meu cuarto: mouchos, avelaionas e curuxas de louça. 23 mouchos de porcelana com a olhada opaca.Pugerom-nos para as pombas e as gaivotas fugirem deles, para manter limpas de excrementos as terraças, os carros, as janelas, a roupa tendida e, em fim, a vida. Numha casa baixa, -minha mai dixo-me que ali vivia um professor de biologia-, o moucho é de louça de Sargadelos.

22votadas

Pecha a Biblioteca de Caja Madrid en Santiago

ANABAD-Galicia posicionouse no pasado mes de novembro contra algunhas decisións das administracións públicas de reestruturación de servizos que están a afectar seriamente a todos os ámbitos, e especialmente ao campo da cultura, con incidencia directa nos arquivos, bibliotecas e museos.

 1 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 184
18votadas

Baldomero Iglesias, Mero, apresenta 'No papel que mudo escoita'

O poeta, músico e mestre achegará o seu poemário ao público na livraria Pedreira (rua do Home Santo, Compostela) nesta quinta feira 31 de Maio às 20 horas, acompanhado da ilustradora Sabela Arias.

24votadas

Unha campaña promove as Letras Galegas de 2013 para Vidal Bolaño

“Roberto Vidal Bolaño é un firme candidato ás Letras Galegas. É un fundador das artes escénicas”. Con estas palabras, o actor Antonio Durán Morris recolleu o pasado 28 de abril o premio Mestre Mateo ao mellor intérprete por Doentes, adaptación cinematográfico da obra homónima do dramaturgo. Ao pronunciar estas palabras, acompañadas de aplausos no Palexco da Coruña, Morris non imaxinaba que pouco despois lle choverían correos e mensaxes ao respecto. “Hai que facer algo”, dicíanlle moitos. E algo xa se comezaba a facer.

 4 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 154
18votadas

Cinco contos inéditos de Fernando Pessoa reúnense en livro

“O Mendigo e outros contos” editado pela Assírio & Alvim recolha cinco contos inéditos de Fernando Pessoa, amais doutros relatos publicados em Portugal pela revista do Centro Cultural do Alto Minho,.pero agora reúnense por vez primeira em livro.

19votadas

A Fundaçom Luis Seoane abre na Corunha a exposiçom 'Drácula, um monstro sem reflexo'

A Fundación Luis Seoane na Coruña acolle dende este venres ao 7 de outubro a exposición 'Drácula, un monstro sen reflexo', que repasa a figura do vampiro dende o seu nacemento ata a actualidade, e a do seu autor, o escritor irlandés Bram Stoker.

23votadas

“Trazo de xiz entraría hoxe na normalidade do cómic, pero daquela furaba en cuestións que estaban en cueiros”

Miguelanxo Prado vén de publicar con El Patito Editorial a versión en galego de Trazo de xiz, un dos seus libros máis aplaudidos e premiados. Publicado en castelán en 1994 por Norma, Trazo de xiz tivo que agardar case dúas décadas para chegar as librerías en galego, idioma no que se escribiu orixinalmente. Ademais, Prado xa prepara o seu próximo libro: Ardalén, unha historia sobre a memoria individual e familiar que chegará as librarías en galego a finais de ano.

20votadas

Reedítase "Pornografía" de Lupe Gómez

Edicións Positivas vén publicando desde 1990 en galego e portugués textos que achegan algo á literatura e ao pensamento. Textos de autoras e autores consolidados e noveis que atopan nesta editora a oportunidade de se dar a coñecer. Este ano veñen de reeditar o poemario de Lupe Gómez Arto "Pornografía", en 1995. No seu momento este poemario foi una bufarada de aire fresco e un sopapo ao culturalismo. Pero a súa vixencia segue a ser rotunda. O único que cambiou foi que a súa autora, Lupe Gómez, é xa unha escritora consolidada.

36votadas

Reportaxe sobre Manuel Rivas na televisión irlandesa

O escritor galego Manuel Rivas falou de literatura na televisión irlandesa con motivo da súa participación no Festival Cúirt de Galway a finais de abril. Durante o festival, Rivas, xunto co escritor vasco Kirmen Uribe, mantivo unha conversa co seu tradutor, Jonathan Dunne, sobre literatura e identidade. Via: xerais.blogaliza.org/2012/05/04/reportaxe-sobre-manuel-rivas-na-televi/

 3 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 174
25votadas

Carne Ross. “Democracia participativa não é comunismo. E já se provou que funciona!”

Carne Ross é um político desiludido. Por saber que Saddam Hussein não tinha armas de destruição em massa e porque “a guerra deve ser sempre o último recurso”, o diplomata abandonou a ONU pouco antes da invasão do Iraque. Quatro anos depois, em 2006, começou a escrever “A Revolução sem Líder” – livro onde o fundador do instituto Independent Diplomat defende a criação de um novo sistema político como última solução para os actuais problemas. “Anarquismo” é o conceito que criou para definir a democracia participativa em falta.

 3 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 183
25votadas

A tua própria loja... de balde em 'Redelibros'

Agora em redelibros.com cadaquem pode ter a sua própria loja virtual sem custo: se és autora e queres vender as tuas obras; se tens uma livraria física e queres ter uma plataforma de venda em linha; se és responsável duma editorial e queres oferecer às tuas leitoras uma outra via de acesso ao catálogo; se és ilustradora e queres promocionar os teus trabalhos; se tens uma associação ou coletivo e queres dispor duma ciber-fachada dos teus produtos; e, claro, se és leitora, tens a casa cheia de livros e queres fazer espaço...

31votadas

Através|Editora estreia sítio web

Quadrando com o 25 de Abril, a ATRAVÉS|EDITORA, o selo editorial da AGAL, estreia hoje o seu sítio web. «Apostamos por um desenho limpo e centrado nos livros, que é o mais importante para nós, que junta toda a produçom de ATRAVÉS numha única página», explica o diretor da editora, Miguel R. Penas. «Atualmente era umha necessidade, sobretudo desde que temos assumido nós próprios a nossa distribuiçom na Galiza e até porque cada vez temos mais demanda de Portugal, e necessitávamos um 'cartom de visita' com que nos apresentarmos», assinala Penas.

 3 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 172
27votadas

Wert conmemora o Día do Libro cunha carta inzada de grallas gramaticais

O xornal 20 Minutos 20minutos.es/noticia/1391270/0/carta-ministro-wert/dia-del-libro/error/ revela que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, redactou unha carta inzada de erros gramaticais para conmemorar o Día do Libro. Via - praza.com/falase/8368/

Chuza