17votadas

4 datos para facer unha radiografía da emigración do Estado Español ao UK

Os rexistros no National Insurance Number (NIN) permítennos saber canta xente dunha determinada nacionalidade ten a intención de comezar a traballar no UK cada ano. Aínda que non temos as cifras para Galiza, podemos facer unha radiografía xeral dos novos emigrantes do Estado Español nos últimos anos. Velaquí as conclusións que tiramos. Vía twitter.com/Xan_Guindan

19votadas

En pelotas: Calendario de arqueólogas e arqueólogos para financiar unha excavación imaxe

Arqueólogos e arqueólogas da Universidade de Reading (Hampshire, UK), propuxéronse levar a cabo, apesar da crise, as accións necesarias para financiar o seu proxecto de excavación arqueolóxica, incluíndo fotografías en diversos escenarios arqueolóxicos coa mesma roupa que levaría un Australopiteco africano no seu paseo matinal, ou sexa, “en pelotas”.

31votadas

O finiquito de Bárcenas sería de case 900.000 € e ademais ten moitas posibilidades de que o seu despedimento sexa nulo

Xa tardaba en demandar. Se o despedimento é nulo terá que ser readmitido obrigatoriamente no PP. É imposible que sexa declarado procedente.

23votadas

Os salarios das galegas foron un 23.1% inferiores aos dos galegos

A Secretaría da Muller da CIG denuncia ante a conmemoración do Día Internacional da Igualdade Salarial entre homes e mulleres, que se celebra o día 22 de febreiro, que seguen a ser moitos os días e as horas que as mulleres galegas traballan de balde, a pesar do imperativo legal de “a igual traballo, igual salario”. Porque non debemos esquecer que as mulleres teñen unha dobre brecha: teñen un salario medio por hora inferior ao dos homes e son máis traballando a tempo parcial, factores que sumados dá un salario medio anual inferior ao dos homes.

18votadas

Rajoy levántalles ás ETT a prohibición de facer contratos de aprendiz

O Goberno central aproba un paquete de medidas sobre emprego xuvenil que fomenta a contratación temporal e insiste no emprendemento, permitindo compatibilizar a prestación por desemprego co inicio dun negocio.

23votadas

Advirten con rachar a "paz social" en La Voz de Galicia

A empresa quere "máis sacrificios" e aposta por modificar o convenio colectivo pactado hai uns meses. Os traballadores anuncian mobilizacións.

18votadas

Planta de biomassa florestal das Pontes já opera a pleno rendimento

A planta que a empresa de fabricaçom de pellet Biomasa Forestal tem no polígono pontês de Pena Purreira já funciona a pleno rendimento desde há quase duas semanas. Os 20 novos empregados somam-se a mais 3 que conformavam o quadro inicial. Os principais compradores da fábrica estám na Alemanha, Neerlândia e Bélgica, onde se usam na climatizaçom de grandes superfícies como hospitais e centros educativos. Biomasa Forestal a assinar contratos, e em pouco tempo poderá fretar o primeiro barco desde o porto de Ferrol.

20votadas

A merda do Palacio de Sober

Os traballadores do hotel Palacio de Sober reclaman á propietaria do establecemento, a empresa madrileña Alvaher 98, o pago «inmediato» das tres mensualidades que se lles deben para continuar as conversacións sobre o Ere que afectará ao 80 por cento do persoal durante tres anos. Ademais, o complexo abriría só catro meses e medio ao ano.Os empregados e sindicalistas realizaron a petición durante o segundo encontro que mantiveron co letrado da empresa, onte pola mañá, para abordar o Ere.

23votadas

Comisiones Obreras convida presidente da patronal CEOE a falar no seu X Congresso vídeo

Sindicato espanhol maioritário convida Juan Rosell, presidente da patronal CEOE a se dirigir aos delegados do seu X Congresso, celebrado baixo o lema "La Fuerza del Trabajo"

15votadas

Traballadoras das artes escénicas péchanse na Cidade da Cultura contra o abandono do sector

Varios centos de persoas participaron este luns no peche por sorpresa da Plataforma das Artes Escénicas na Cidade da Cultura de Galicia. A protesta rematou arredor das 22.00 horas logo de máis de 12 horas pechados nun dos salóns do complexo. Os activistas mesmo denunciaron que lles cortaron a luz e a Policía non deixou pasar nin auga nin comida. O colectivo leva anos a denunciar os recortes e impagamentos da Xunta ás produccións culturais e a situación de abandono do sector cultural. A Plataforma demanda que o conselleiro...

19votadas

Pecha a fábrica de armas da Coruña

A Sección Sindical da CIG en Santa Bárbara vén de manifestar o seu máis enérxico rexeitamento ao anuncio da Dirección da Empresa de pechar a Fábrica de armas da Coruña. Dende a Sección Sindical critícase que o grupo General Dynamics non teña cumprido cos seus compromisos de inversións tecnolóxicas e achega de carga de traballo que adquiriu no momento da súa privatización, “como o demostran as Contas de Resultados Anuais, nas cales queda patente a dependencia case absoluta dos pedidos do Ministerio de Defensa”.

20votadas

O naval protesta fronte ao Parlamento

Este mércores máis de dous milleiros de empregados dos centros de Navantia en Fene e Ferrol e das súas industrias auxiliares manifestáronse diante do Parlamento. Os berros aludindo ás "mentiras" do Goberno de Feijoo ou a que "todo era fume" foron os máis escoitados. Houbo fume, ademais, cando os concentrados queimaron unha réplica en papel dun buque de Pémex

17votadas

O massacre continua: desemprego real em Portugal nos 22.2%

Os dados apresentados hoje pelo INE dão conta do desemprego oficial mais elevado de sempre, com 16,9%, equivalente a 923 mil desempregados. Estes dados excluem os inactivos, pelo que o desemprego real é de 22,2%, com 1 milhão 213 mil desempregados. Para as mulheres o desemprego oficial é de 17,1% e para os jovens é de 40%. As políticas do governo e da troika, promovendo a precariedade e o desemprego, atiram para a margem da sociedade, da economia e da comunidade mais de um décimo da população total e um quinto da população activa.

19votadas

"7,3 millóns en dividendos" e "122 traballadores menos" na Voz

Conflito Colectivo na Audiencia Nacional contra La Voz. Os asalariados denuncian recortes mentres o diario reparte beneficios entre os accionistas grazas as axudas públicas.Os directivos da Voz gañaron 8 millóns en tres anos O Comité -presidido pola CIG e con representantes doutras centrais como SXG e CC.OO. argumenta que se trata de reducir custes laborais pola crise , habería que cuestionar “por que os directivos e administradores desta empresa se levan repartido no período 2008-2011 un total de 7.382.837€ en dividendos, mesmo coa empresa en

26votadas

Feijóo aplica o primeiro ERE da historia da Xunta

A Xunta de Galicia quere eliminar 251 postos de traballo na Consellaría de Traballo. Un ERE que afectará a todos os departamentos, pero especialmente a centros residenciais, servizos da dependencia e oficinas de emprego. Este sindicato denuncia que esta proposta da Xunta foi feita con menos de 48 horas de antelación nunha actitude de "mala fe, desprezo ao conxunto de traballadoras e traballadores" e acusan a Feijóo de "nepotismo" e lembran que, a pesar de aprobar os despidos na Xunta, creou unha praza ‘ad hoc’ para unha curmá en Ourense

Chuza