Parlamento da Galiza cita a Fernández Ordóñez, Almunia e outras 43 pessoas para dar explicações sobre as caixas galegas.
Luz Fandinho, escritora e activista galega, luitadora polos direitos colectivos e individuais, nom duvida em pronunciar-se a favor de Carlos Calvo e dos presos galegos.“Está repetindo-se o que fixo Franco (…) Agora os ladrons de guante blanco estam ceibos, os que cometem o verdadeiro terror som os que encarceram a estes moços e estam usurpando-nos todo e querem fazer-nos tragar mentiras a eito, como que estamos vivendo numa democracia, eu chamo-lhe dedocracia. É arrepiante. Temos que saber resistir, saber-lhes dar alento a esses nossos filhos"
O secretario de Estado de Asuntos Exteriores, Gonzalo de Benito, confirmou este luns que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, utilizou un vehículo oficial da Embaixada cando visitou Arxentina o pasado mes de setembro en condición de candidato do PPdeG á reelección durante a campaña electoral galega.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, está convencido de que neste momento está a darse unha "reconciliación do nacionalismo consigo mesmo" que crea "boas condicións" para a "reunificación" polo menos dunha parte da base social do nicho tradicional.
Aconteceu o luns, no centenario da chegada do tren a Ferrol // Segundo o mandatario nacionalista, outros políticos como Juan Fernández si que puideron entrar
Baixo o título de Contra a Paciencia, reaparecen os comentarios de opinión do dono de La Voz de Galicia. O máis rechamante do artigo non é o que di -moi na liña dos seus editoriais precedentes-, senón o que omite. Rey non fai ningunha alusión ao caso Feijóo-Dorado. Non debe considerar relevante que o presidente da Xunta mantivese unha longa relación de amizade cunha persoa que atentaba contra a saúde das persoas.
O pasado sábado constituíuse en Santiago a xestora da que se autodenomina como Iniciativa pola Soberanía/Galiza pola Soberanía. Son 130 persoas que visan a construción dunha sociedade nova, baseada na xustiza e na igualdade. Esa sociedade pasa necesariamente en Galiza, afirman, pola construción dun Estado propio.
Coordenadora espanhola para a prevenção e denúncia da tortura (CPDT) informa que no 2012 documentaram-se 288 casos de agressões no reino de Espanha, nas que resultaram afetadas 851 pessoas, por parte de funcionariado de polícia e prisões. [texto em castelhano]
A memoria é sempre moi fráxil, e os defectos do novo rico sempre moi característicos. Subidos a unha ola positiva para os seus intereses, Izquierda Unida semella mirar por riba do ombreiro a organizacións políticas modestas que se presentaron por primeira vez a unhas eleccións, sacando resultados moi similares aos de eles durante 30 anos. Máis dura será a caída de aqueles que pensan que so dende a confrontación social, ausente de achegas, poden decidir o futuro dos galegos.
Antonia Muñoz Vázquez, a alcaldesa de IU do pobo malagueño de Manilva está acusada de 30 delitos. Ten unha causa aberta por contratar a dedo a máis de 200 traballadores municipais, incluídos 16 familiares.
Era o único manifestante que o pasado xoves levaba o seu rostro cuberto durante as protestas dos preferentistas en Nigrán. E ese foi motivo suficiente para que o gabinete de prensa do concello de Nigrán difundise a súa fotografía a todos os medios de comunicación e o responsabilizase, dado que era o único manifestante coa cara cuberta, de actos "violentos" e "hostís" que xustificasen a carga da policía local no pleno de onte en Nigrán.
Carlos Callón xa fora absolto en xaneiro deste ano do cargo de inxurias contra o ex xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, quen reclamaba unha indemnización de 15.000 euros polo feito de o presidente da Mesa lle lembrar a súa obriga de cumprir a Lei de normalización lingüística
A proibição de venda, disponibilização ou consumo de bebidas espirituosas a menores de 18 anos e de cerveja e de vinho a menores de 16 entra em vigor nesta quarta-feira com a nova legislação sobre o álcool. Legislação não era revista há 11 anos mas alguns críticos defendem que o Ministério da Saúde deveria ter ido mais longe e proibir todas as bebidas a menores de 18 anos. Com a nova legislação, passa ainda a ser proibida a disponibilização ou venda de álcool em máquinas automáticas e nos postos de abastecimento de combustível.
Sim, construir. Não é erro, construir, inventar. [...] Identidades há muitas, mas é preciso peneirar nelas, debulha-las e finalmente escolher, inventar umha concreta, de qualidades concretas. Aponta-o de maneira perfeita Alain Badiou: “tendes que inventar a Galiza, com efeito, contra o centralismo espanhol, contra o capitalismo, contra a devastação, contra o desterro, é verdade, contra todo isso, mais o ‘contra todo isso’ faz-se invocando o que vos ponhedes no nome da Galiza e que, em certa maneira, ainda não existe”.
No dia de ontem vínhamos a conhecer a detençom dum militante da Associaçom Cultural Revira quando participava na contramanifestaçom convocada por diversos agentes sociais de Madrid no bairro de Chueca contra a presença de `Democracia Nacional´ e `Falange Española´. Certamente a cabra tira o monte, e, mais umha vez a delegada do governo Cristina Cifuentes permitiu os neonazis manifestar-se num bairro histórico e combativo mentres proibiu a concentraçom antifascista.