11votadas

Morreu Hiroshi Yamauchi, o home que transformou Nintendo

Onte morreu, con 85 anos, o home que converteu Nintendo no que é hoxe en día. Hiroshi Yamauchi foi o presidente da compañía durante máis de 50 anos, e foi el quen tivo a idea de introducir a vella empresa de xogos de cartas no mundo do entretemento electrónico. | Vía: ir.gl/6af7d8

13votadas

Falece Olimpio Liste, o mestre pontevedrés coñecido polo seu Museo etnográfico

Olimpio Javier Liste Regueiro falecía este domingo aos 81 anos de idade. Este profesor pontevedrés que exerceu como mestre, entre outros centros, na Xunqueira durante anos foi fundador e presidente da Fundación Liste, institución que rexentaba o único museo etnográfico de Galicia, un museo que durante anos figuraba como primeira alternativa para dar contido ao edificio do Pazo de Mugartegui a finais da década dos 90. Finalmente, a falta de financiamento levou a que Olimpio Liste rematase creando este museo de "cultura material galega" en Vigo.

30votadas

80 aniversário do reconhecimento internacional da GZ como nação

1933 - 2013 80 anos do reconhecimento da Galiza como nação pela Sociedade de Nações antecessora da ONU. Placido Castro foi quem acadou o reconhecimento da Galiza como nação no Congresso de nacionalidades Europeias em Berna os dias 16, 17 e 18 de setembro de 1933

12votadas

Faleceu Ray Dolby, o homem que deu nome ao Dolby Surround

O fundador da Dolby Laboratories, Ray Dolby, morreu hoje em São Francisco aos 80 anos. Ele será lembrado como o homem que tornou o áudio em filmes espetacular tal qual ele é hoje. Sua tecnologia é usada basicamente em todos os filmes produzidos nos EUA.

10votadas

A meirande traxedia marítima de Ferrol

O vindeiro luns será o aniversario do afundimento na moa de Segaño da lancha que mandaba Nicolás Bello de Barallobre na boca da ría ás 5 da tarde do 16 de setembro de 1865. A néboa provocou o accidente, segundo a prensa da época, que cifra en 40 o número de persoas mortas. Salváronse 5. Morreron naquela data, ao menos 24 viciños de Fene, na súa maioria mulleres e nenos. Retornaban de Arteixo, da romaría de Sta, Eufemia. Alí celebraban soados aquelarres para “quitar o demo” a quen o levaba dentro

10votadas

Morreu o último guarda-costas de Hitler

Rochus Mish, um dos homens que testemunhou e acompanhou as últimas horas de Hitler, morreu ontem em Berlim. O guarda-costas era o último sobrevivente da equipa de protecção pessoal de Adolf Hitler. Durante a Segunda Guerra Mundial, Rochus Mish, era o responsável pela operação de telefones nos escritórios do líder nazi. O militar orgulhava-se do que tinha feito sob as ordens de Hitler. O ex-oficial via no Führer como uma luz, mesmo despois da Segunda Guerra Mundial.

11votadas

Homenagem ao Moro amanhã!

Este é o cartaz do concerto em homenagem póstuma a Miguel A. Castro "Moro", cantante dos Esquíos até a sua morte naquel passado 24 de Junho. Neste sábado 7 de Setembro desde as 23:00, na Praça do Concelho da Estrada, atuarão de balde Seve Cantautor, Regato Matamulleres, John Deeres, Raiba, Ruxe Ruxe e os novos Esquíos.

Data: 07/09/2013
19votadas

O adeus a Herminia, unha monxa galeguista e feminista

Secretaria da Asociación de Irimia nos seus primeiros momentos, impulsora da Romaxe dende a súa 1ª edición, participou animosa desde os seus comezos no movemento de galeguización dunha Igrexa “en Galiza” que non acaba de ser “Igrexa galega”. (...) Loitou pacificamente fronte ao patriarcalismo machista da súa Igrexa que lles quixo sempre impor a vontade dos varóns; e reivindicou a propia identidade e o posto de igualdade na Igrexa. Mª Xosé Queizán, chamounas xustamente “compañeiras na causa do feminismo”.

13votadas

Fina Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia

No Progreso -> ir.gl/cdfaac ; E Press ir.gl/2bcea9 ; GC ir.gl/db26bc Enxeñeiro agrónomo e economista, Benxamín Casal (12 de xaneiro de 1935, Lugo) foi conselleiro de Enerxía e Industria na etapa preautonómica, entre 1978 e 1979, e deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG na primeira lexislatura, entre 1981 y 1985. Benxamín Casal escribiu diversos traballos sobre o mundo rural e colaborou como articulista en distintas publicacións. Asumiu a presidencia do Círculo das Artes de Lugo entre 1979-1988...

19votadas

Morre un bolseiro en Londres tras traballar tres días seguidos

Moritz Erhardt, un mozo alemán de 21 anos bolseiro no banco de investimento Bank of America Merrill Lynch da cidade londiniense, foi atopado morto na súa habitación tras supostamente traballar sen descanso durante 72 horas seguidas, segundo informa o diario británico 'The Independent'.

12votadas

Morre Álex Lago, baixista da banda viguesa The Blows

Álex Lago, baixista da banda viguesa The Blows, faleceu a causa dun cancro diagnosticado a finais do ano 2010. Na súa loita contra a enfermidade contou co apoio de artistas da cidade olívica como Iván Ferreiro, Silvia Superstar ou Eladio y los seres queridos, que participaron no 2011 nun concerto benéfico para xuntar fondos para un tratamento personalizado do tumor.

20votadas

Falece Rosalía Mera

A empresaria galega faleceu esta tarde aos 69 anos no Hospital San Rafael da Coruña tras sufrir un accidente cerebrovascular en Menorca.

12votadas

Morreu esta terça-feira, aos 84 anos, o fotógrafo catalão Oriol Maspons [cat/gal/cas]

Em galego -> ir.gl/97dd1c Oriol Maspons, nascido em 1928, chegou a ser comparado a Cartier-Bresson. Durante a década de 50 do século passado ao registar com a sua câmara o ambiente desolador de uma España a viver um pós-guerra particularmente duro. Maspons, que posteriormente se dedicou à fotografia de moda, arquitetura e retrato, fez também muita publicidade. Páxina no FB ir.gl/ba8e27 Tumblr ir.gl/cad8dc No Público.es ir.gl/b6eb3d Vimeo vimeo.com/44094643

15votadas

Koroshiya Itchy findou

[C+C] Koroshiya Itchy [chuza.gl/user/--9233--] morreu. E não quer choros nem pranto na porta do cemitério. É uma cousa natural. O ciclo deste personagem há já tempo que rematara, supondo que deveria alguma vez ter começado. Se calhar reaparecerá por cá o seu espectro de forma ocasional para falar, em inglês, de software livre e assuntos relacionados. Mais que nada por não ter de criar outro blogue. O que não vai fazer mais o Itchy é escrever em galego nem falar de nada que tenha a ver com a Galiza.

11votadas

Falece J.J. Cale, autor de "Cocaine" ou "After midnight"

O músico e cantautor J.J. Cale faleceu o venres aos 74 anos de idade nun hospital de California (EE.UU.) por mor dun infarto, informou hoxe a súa páxina web persoal. O músico, gañador de varios premios Grammy e lenda do rock, foi compositor de temas como Cocaine ou After Midnight, que popularizou o guitarrista Eric Clapton.

Chuza