Rosa Mª Mirás Antel propietaria da empresa Galega, sita no Concello de Cambre, Porto-Muiños ven de recibir o primeiro premio da Fundación Biodiversidad na súa sección "Emprendedores". Otorgáronlle este galardon porque descobre novas especies de algas mariñas alimentarias na costa galega, divulga o seu coñecemento ao introducilas en diversos produtos dirixidos ao restaurador e ao consumidor e conserva os bancos naturais de algas desenvolvendo o seu propio cultivo.
Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega, é un proxecto empresarial que ten como causa social a asociación de consumidores/as en réxime de socios/as da Cooperativa, coa finalidade de conquerir entre eles/as productos ecolóxicos coa mellor relación calidade-prezo, coma parte dun proxecto socio-económico enmarcado nos principios dunha economía social e solidaria. Elexiu-se Vigo como centro de ubicación da empresa, por ser esta cidade, a súa bisbarra e a zona de influencia, un espacio óptimo para a viabilidade e asentamento..
Axentes da Garda Civil detiveron entre o martes e o luns a catro varóns en Boiro acusados da suposta comisión dun delito de desobediencia aos axentes da autoridade, cargo ao que un deles suma outro por falsidade documental, e foron intervidas dúass embarcacións usadas supostamente en actividades de furtivismo.Entre os arrestados, segundo sinalaron fontes consultadas por Europa Press, hai un garda civil da comarca. Os detidos pasaron na mañá deste mércores a disposición da autoridade xudicial. As investigacións que finalizaron con estas detenció
A miúdo o rural galego pasa por estar dominado polo individualismo. Sen embargo, o certo é que os labregos colaboraban en moitas tarefas agrícolas máis alá dos vínculos familiares. Nas zonas onde se cultiva centeo e trigo unha das xuntanzas/festas máis tradicionais é a malla, traballo polo que se separa o gran da palla. A malla desapareceu a medida que avanzou mecanización. Con todo, no país hai varias parroquias que tratan de manter viva este xuntanza como, por exemplo, Meira en Lugo.
Associações de pescadores alertaram que entre 400 a 500 associados estão "sem meios de subsistência" por "não trabalhar devido à prospecção de petróleo" e dispostos a avançar com "formas de luta". José Festas, presidente da Associação Pró-Maior Segurança dos Homens do Mar, na Póvoa de Varzim, afirmou que devido às restrições à pesca, impostas por causa da prospecção de petróleo que decorre entre a "Nazaré e Aveiro", cerca de "35 embarcações de Vila do Conde e Póvoa de Varzim estão paradas" e os prejuízos já "ultrapassam os 500 mil euros".
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, confirmou aos representantes do comité de empresa de Insuíña-Pescanova de Xove que a planta para a depuración de moluscos procedentes de zonas C non se instalará neste municipio.
A conselheira do mar acaba de fazer umha maratona de roldas de imprensa por todo o pais vendendo fume. Vendendo a depuraçom de marisco procedente de zona C, numha batea que nom existe. Todo nom era mais que fume, mas que deixa ver com claridade o verdadeiro programa de governo do PP.
A administración concursal de Clesa propuxo este xoves ao comité de empresa da planta de Caldas un expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo para todo o persoal (150 traballadores), aínda que o persoal confía en que se materialice a entrada dun investidor que se faga coas instalacións e manteña a actividade.
Os 500 metros que separan o Portiño de Morás, lugar elixido para reinstalar o marisco procedente de áreas moi contaminadas, da toma de auga da piscifactoría de Lago, propiedade de Pescanova, engadiron un capítulo máis ao forte rexeitamento que o plan da Consellería de Mar provocou dende a súa presentación ante o sector, fai xusto hoxe unha semana.Fontes da compañía (Pescanova) argumentan que a Consellería de Mar non ten competencias para crear unha zona de reinstalación.[es]
"O SLG ven de denunciar hoxe na voz da súa secretaria xeral a estratexia que está desenvolvendo o goberno galego para darlle cobertura legal á conversión da terra agraria en terra da que tiren rendementos as grandes industrias forestais e as multinacionais da enerxía.O SLG presentou hoxe unha exhaustiva relación de fincas agrícolas (das que se aportan datos) nas que o goberno galego non está a actuar, permitindo así o incumprimento da lei 3/2007 de prevención de incendios forestais"
A aplicación en Galiza da Lei 4/2007 de desenvolvemento sostible do medio rural está a ser, como pouco, bastante irregular. Un dos piares desta lei é a participación pública directa através dos Consellos de Zona, que deciden o destino de millóns de € de fondos europeos. Ás administracións isto da participación pública prodúcelles alerxia: para gastar os cartos teñen que contar obrigadamente, ademáis dos concellos, coas organizacións do rural (agro, gandería, forestal...) e por suposto, cos colectivos ambientalistas.
Amigos da Terra lança umha campanha a nível estatal pra localizar os cultivos de milho transgénico comercial MON 810. Desde a associaçom proporcionarám o assessoramento e os materiais necessários pra poder levar a cabo a investigaçom a quem enviar um e-mail a sebuscamon810@gmail.com. [texto em castelhano]
O armador do Siempre Santa Tecla, Jesús Baz, negoulle onte a El País a versión de catro compañeiros e dun sindicato indonesios, de onte tamén era o mariñeiro falecido, que afirman que o home foi botado pola borda ou non socorrido despois dunha caída accidental. O armador dixo tamén tratar moi ben os mariñeiros dese país e mesmo "educalos" ao non lles permitir o capitán "comer coas mans" e comparou a súa empresa,-onde os traballadores desa nacionalidade cobran un fixo de 300$+comisións-, con "Cáritas ou a Cruz Vermella".
Hai pouco máis de tres anos, cinco avicultores mosenses decidiron asociarse co obxectivo de criar e dar a coñecer a Galiña de Mos, a única raza autóctona galega que habita estas paraxes desde tempos inmemoriais. As vantaxes da raza son diversas. "Máis aló da calidade da carne, tamén é importante a forma na que son criadas, xa que se alimentan de millo, trigo e dos produtos da horta, pola que vagan libremente". Ademais, engaden, "é unha galiña que pon moitos ovos durante o tres primeiros anos e da que despois se pode aproveitar a súa carne".
Ecoloxistas en Acción, WWF España, Greenpeace, SEO/BirdLife e Amigos da Terra dirixíronse á Secretaria Xeneral do Mar do Ministerio de Medio Rural e Mariño para solicitar a posta en marcha da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro dá área comprendida entre Cabo Trafalgar e o Illote de Sancti Petri, que está sendo planificada pola Confraría de Pescadores de Conil de la Frontera e Ecoloxistas en Acción co asesoramento de profesores da Universidade de Sevilla e Cádiz, do Instituto Español de Oceanografía e de pescadores galegos do mar de Lira.