O día 2 de xuño, "Galiza non é unha mina", manifestación en Santiago, dende a Alameda ás 12. Non está organizada por ningún partido político, senón por colectivos de afectados e movementos cidadáns en contra dunha minaría tóxica e destrutiva espallados por todo o territorio galego, pois todo el está en perigo. Vídeo: Coa inestimable participación de Sabela Arán, Fernando González "Gonzo", Carlos Blanco, Serafín González, Víctor Mosqueira, Suso de Toro, Ramón Varela, Fernando Vázquez, Javier Veiga e Luis Zahera.
Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción1 ofreceron unha rolda de prensa a día 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente...
Un ano máis ADEGA organiza a II Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos, este 8 de xuño, sábado. Dando continuidade á limpeza simultánea de 2012 que contou coa participación de máis de 700 persoas, ADEGA convoca de novo a todas as entidades interesadas a unirse neste evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña.
Os votos dos conservadores impiden que sexa tomada en consideración a iniciativa que pedía desbotar a queima de lixo e substituíla pola reciclaxe, redución e reutilización de residuos. Os promotores da ILP subliñan que "non hai escusas orzamentarias" para desbotar a incineración de lixo. A ILP tivo o voto favorable dos grupos da oposición que, dende diferentes ópticas, apostaron por incorporala ao ordenamento xurídico galego.
"Cando chegas a un goberno tes que tomar estas decisións. Sabes que vai haber xente en contra e que podes perder as seguintes eleccións. Pero co paso do tempo isto consolídase e xera cambio social. En política é importante ter perspectivas a medio e longo prazo porque a medio e longo prazo é cando as cousas dan os seus froitos. En Hernani, dous anos mais tarde da implantación do porta a porta xa non hai polémica". Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipúscoa, explicou na xornada sobre Defensa do Territorio...
A Audiencia Nacional recolle na sentenza publicada que a factoría non solicitou os permidos debidos para continuar a desenvolver a súa actividade en Lourizán logo de se converter nunha empresa privada. Neste senso, o tribunal obriga ao Estado español a paralizar o traballo na pasteira.
A Xunta vén de presentar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas (PSAEG), documento polo cal ningún solo, por moita protección que teña, estará libre de minas. É o derradeiro cravo co que o PP remacha o anuncio de "Galiza é unha mina", e que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos e monumentos históricos... Na redacción do documento, dirixido pola Cámara Mineira, participou unha importante consultora, EPTISA, que preside o ex-banqueiro Ángel Corcóstegui...
Verdegaia mostra un rotundo desacordo coa aprobación da reforma da lei de costas. O único que busca é a demolición dos obxectivos e principios xurídicos da lei de costas de 1988. Entende a costa como un recurso económico, unha área urbanizable, coa perspectiva de favorecer intereses particulares privatizadores do litoral. Racha co principio de que o litoral é un ben de todos e un valor natural en si...
Nos Estados Unidos de América existem 15 variedades de cigarras com ciclos de desenvolvimento de 13 ou 17 anos. Durante esse período as larvas permanecem baixo terra para sair quando a temperatura alcança exatamente os 17.8 ºC com uma única cousa em mentes, sexo. Estima-se que biliões de cigarras estão prestes para emergir do solo na costa leste do país.
O colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos retiraron ao longo desta fin de semana "máis de 200 quilos de residuos" e "outros centos máis de madeira" do regato de Doniños, en Ferrol. recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/
Sepp Holzer é um permacultor austriaco. Holzer foi chamado de "agricultor rebelde" porque ele persistiu, apesar de ser multado e até mesmo ameaçado de prisão, com práticas fora das normativas estabelecidas, como a não poda das suas árvores frutais. Ele criou alguns dos melhores exemplos do mundo do uso de lagoas como refletores para aumentar o ganho solar para aquecimento solar passivo de estruturas e de utilizar o microclima criado por afloramentos rochosos para efetivamente mudar a zona de resistência em plantas próximas.
(Em espanhol) ONGs denunciam assassinato e violações dos direitos humanos na Guatemala contra opositores às obras da companhia corunhesa Hidrália Energia da família Castro Valdivia.
A rede está "aberta a todas as agrupacións que queiran participar" e "ás persoas que a título individual poidan achegar algo", pero exclúese "os partidos políticos". Polo momento fan parte da plataforma, ademais de cidadáns, a Agrupaçom de Montanha Augas Limpas, Asociación Véspera de Nada, Associação Socio-Cultural O Iríbio, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, Plataforma Veciñal Corno do Monte, Salva la Selva, Santa Comba Viva, o Sindicato Labrego Galego e Verdegaia. Manife o 2 de xuño
Este domingo milleiros de persoas manifestáronse en Carballo contra a mina de Corcoesto. Non é a única ameaza: hai ducias de proxectos mineiros que están comezando as súas actividades en toda Galicia, na procura de ouro, de terras raras e doutros materiais, e aproveitando a crise económica e a grave situación de desemprego para vender as súas bondade. Falamos con Manuel Rivas, Fins Eirexas (Adega), Nela Abella (Verdegaia), Margarida Prieto (SLG), Manuel Antelo, Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Xoán Bascuas e Manuel Dios sobre o éxito da...
A empresa canadina Medgold acaba de recibir o visto e prace para comenzar novas exploracións en busca de ouro na parroquia de Pinzás, en Tomiño, un concello gobernado polo BNG. Segundo apunta a compañíá nun comunicado, o pasado 15 de marzo "completouse o proceso de solicitude" de tres licencias, tras pagar todos os "impostos correspondentes". Isto implica que xa conta cos permisos da Xunta. A área a analizar abarca 79 quilómetros cadrados, que non están suxeitos a licitación pública, aínda que a empresa agarda tamén aumentar as prospeccións.