As citas para @s palanador@s da Liga Nacional de Billarda (e de tódolos que gusten deste deporte nacional) serán esta fin de semana en Remourelle (A Mariña), Compostela (Estación Vella de Conxo) e Vigo (Parque de Castrelos). As dúas primeiras disputaranse en xornada de sábado e a última en domingo.
A cita será hoxe, mércores, a partir das 17 horas no Salón de Actos do Colexio Maior de Fonseca en Compostela. Dous activistas da Liga Nacional de Billarda, David Fontán e Cristian Puente, falarán no auditorio sobre o movemento social e deportivo que supón a LNB. Pecharase o acto cun Abertinho contra os recortes no Ensino Público.
Aurelio Prado Rodríguez, investigador e activista da billarda na LNB, acaba de editar un contundente traballo sobre este xogo na provincia de Ourense. Pódese descargar de balde desde aquí issuu.com/abelaido/docs/a_billarda?mode=window
Este sábado en Pontevedra, na pista de terra das instalacións do Instituto da Xunqueira celebrarase partido da Liga Nacional de Billarda correspondente á 14 Xornada da Liga. E o domingo, campo de fútbol de Gontade (Carballo) disputarase o I Aberto de Billarda de Carballo.
Este domingo despois da acción da Conferencia Rías Baixas en Poio, o Botanic Gardens de Belfast acollerá unha nova histórica intervención da LNB xestionada por palanadores e palanadoras de Carabullo-Muimenta representando á Auténtica neste novo desafío internacional.
Esta tarde de domingo palanadores da Conferencia NorOeste foron desaloxados da pista de Castro Laxe por parte da policía local, logo da denuncia dun veciño que estaba xogando cos netos ao fútbol británico.
O xoves 21 celebrouse en Lugo, no Auditorio do Edificio Administrativo da Xunta, a gala dos Premios Deporte Galego2012. Fixéronse entrega de galardóns a diversos deportistas, asociacións e eventos, algúns máis ou menos discutibles.En calquera caso durante a presentación da Mención Especial á Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional utilizáronse imaxes que son propiedade da Liga Nacional de Billarda (LNB).Tendo en conta que a LNB, nos seus case 10 anos de historia, non ten nin tivo ningunha relación coa citada Asociación, PEDIMOS explica
Refregade os ollos porque o que estades a ver non é froito dunha alucinacion polo inxesta masiva de licor café senón que é a realidade pura e dura coa que a editorial xerais se atreve a lanzar a campaña promoción do libro "Tastarabás" , unha suposta enciclopedia de mais de 1.000 páxinas entorno ós brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. O do autor carece totalmente de importancia cando o prezo dista obra é de 48 euros se se pide por adiantado e 80 se se merca na libraría cando iste brinquedo literairo esteña nas súas estanterías.
Unha vez máis a billarda e a formula 1 dan un poderoso paso ao fronte enfundados nunha camisa vermella, agarrados da man e co puño en alto. Lugo e Melbourne unidos esta fin de semana polas referenciais escudarías MadiaLeva e Williams que obraron a milagre de deixaren aos seus palanador@s e piloto expresaren o seu mais fondo sentir polo falecemento do líder bolivariano.
O que comezou coma unha brincadeira tórnase en tempestade...levabamos uns meses asistindo ó bruar das billardas no universo verde e branco andaluz axitado pola maxia da comando Gharaboto pilotado por ese polifacético palanador chamado Luís Camiña. Este sábado no Billarda All Stars 2013 durante o xantar de irmandade conformouse a gran suceso da entrada na mellor liga de billarda do mundo da que será a primeira Conferencia externa da LNB , un fito absolutamente histórico.
A maxia do Billarda All Stars fixo mesmos tornar en realidade o explosivo lema da Asociación Carabullo de Muimenta que este sábado coordinou unha nova edición do encontro das estrelas: Lume para acender os sentidos!. asociacioncarabullo.blogaliza.org/
Unha amalgama de Asociacións encargaremonos este ano da organización do All Star 2013 da LNB. Man a man, Xotramu , A Chainza, O Varal, M de Meira e por suposto Carabullo, imos montar unha das festas das que máis se vai falar este ano. Nin o All Star da NBA, nin os Goya, nin os Oscar, nin a Feira das Mentiras (tamén coñecida como debate sobre o estado da nazión)… A festa na que se conxuga o mellor espectáculo mundial, a mellor comida, a mellor bebida e por suposto a mellor música é o All Star da Liga Nacional de Billarda!!!
Son centos e miles as foliadas que de xeito imparábel espállanse pola Galiza como colofón brutal de calquera actividade comprometida coa cultura do País, un xeito perfecto para gozar en comunidade dunha festa que mantén a flor de pel o máis puro espírito tribal do pobo alegre e combativo do que a serpe multicolor sa LNB forma parte.
Xoaniña, a cativa palanadora dos Xarutos, puido gozar do seu primeiro entroido en paz e harmonía cos seus pais e amigos mais non sempre foi así. Ser un palanador ou palanadora na Galiza e disfrazarse nos tempos do xeneralísimo tiña unha cota de dobre perigo, e recórdao unha que veciña de Xoaniña, a coruñesa Teresa Alvajar no espectacular libro que recolle as súas vivencias baixo o título "Memorias dunha Republicana".
A sétima xornada da Conferencia Norleste tivo que xogarse a cuberto. A praza do Convento de Meira, marco incomparable, tivo que ser substituída polo pavillón municipal. Malia o carácter indomable dos palanadores da LNB, as adversas condicións meteorolóxicas fixeron imposible xogar ao aire libre. ovaral.blogspot.com.es/
koro en Porno para mulleres ou porno de mulleres