17votadas

Exposición ‘No principio foi o verso: Rosalía de Castro’

A publicación de ‘Cantares gallegos’ foi o suceso que marcou para sempre, segundo Anxo Angueira, “o inicio dun proxecto de dignidade, dun camiño compartido, dunha esperanza de mellora para o noso pobo que nos foi modelando e nos trouxo ata aquí”. “Ese feito non foi unha guerra nin unha descoberta, senón un libro” publicado en Vigo e cuxa autora, Rosalía de Castro, se convertería na nosa poeta nacional, afirmou Angueira. Nesta mostra explícase o contexto no que se publica ‘Cantares’, os círculos democráticos e progresistas de Vigo...

15votadas

"infiltrados", a novela das rupturas e infiltracións no BNG

Infiltrados sitúase nunha pouco definida situación fronteiriza entre o ensaio, a crónica, a memoria e a propia novela. Que se pode entender como a crónica de cómo os Servizos Secretos se infiltraron e condicionaron o desenvolvemento do nacionalismo galego moderno, iso é algo innegábel. Que tal crónica se poida considerar ensaio entra dentro do posíbel a considerar, e que é memoria tampouco ofrece dúbidas. Pola súa banda, que sexa novela non o ha dubidar ninguén que a lea.

 1 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 107
19votadas

Positivas está a lanzar este ano as Obras Completas de Vidal Bolaño

A editorial Positivas está a lanzar este ano as Obras Completas de Vidal Bolaño, un proxecto no que o selo vén traballando dende finais do 2011, moito antes de que as Letras Galegas se lle dedicasen a Roberto Vidal Bolaño. Polo momento, nas librarías xa chegaron os dous primeiros dos seis tomos que conforman a colección. "Os editores, os editores pequenos, temos que buscar os espazos que deixan libres as grandes editoras. En Galicia, a verdade, deixan case todo libre e non é difícil atopar espazos", di Paco Macías, o editor, que é entrevistado.

22votadas

Contos de Terror

O brasileiro Paulo Soriano, divulgador da literatura de terror, tem-se destacado pela sua paixão pela Galiza e a defesa da sua língua na Lusofonia, agora acaba de lançar este novo site, no qual aparecem relatos de autoria galega, a lado de outros de autoria brasileira e portuguesa. Nele, já constam quatro autores galegos: José Manuel Nunes, Angeles Pacho, Erik Barrio e Adela Figueroa. Paulo Soriano mas acha que outros autores galegos podem vir a juntar-se aos portugueses e brasileiros que já escrevem no sítio.

13votadas

22 Romances Inconclusos ı Reportaxe vídeo

Reportaxe realizada por Grøenlandia Ceibe da performance literaria de Quico Cadaval que deu lugar ao novo número do Lapis do Taberneiro, a colección de literatura tabernaria promovida polo Café...

17votadas

Letras Galegas Madrid 2013

O 17 de maio foi a data escollida pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas, no que se conmemora a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (1863). Este ano decidiuse adicar o día das Letras Galegas ao autor, director e actor de teatro Roberto Vidal Bolaño. Un artista escénico global cuxa fecunda obra e traxectoria profesional motiva a celebración dos diferentes coloquios, obradoiros de teatro e proxeccións audiovisuais deste Seminario Interuniversitario.

35votadas

Descubertos 23 inéditos da poesía do S. XIV e S. XV

Un "anaquiño inédito" da historia literaria de Galicia conformado por vinte e tres poemas da lírica galega postrobadoresca acaba de ver a luz nunha publicación promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Trátase do cancioneiro de Afonso Paez 'En cadea sen prijon', un corpus poético datado entre os anos 1380 e 1430 que se presenta nunha edición semidiplomática e crítica realizada polo profesor e académico da lingua galega Henrique Monteagudo.

 2 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 147
24votadas

Heroicas editoriais galegas

O sector literario galego vive permanentemente “en obras”. Obras que máis semellan de desmantelamento ca de nova construción. Antes ca unha versión pesimista expoñemos unha constatación empírica. A realidade é incuestionable. E así todo, segue habendo exemplos heroicos, espíritos desafiantes capaces de enfrontarse ó que parece destino fatídico das nosas Letras.

 3 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 135
32votadas

"O compromiso do PP con Rosalía e con Galiza é propio dunha campaña de Gadis, un suspiriño momentáneo"

Sermos Galiza conversa con Francisco Rodríguez, unha das persoas que mellor coñece a nosa poeta nacional a través da súa obra e que nestes días rescatou do esquecemento un poema inédito seu publicado en 1866 no xornal madrileño La soberanía nacional. Estes versos de Rosalía voltaron a ver a luz no número 44 do Sermos Galiza en papel.

21votadas

Alvarellos descobre poemas de Aguirre, autor do 'Brinde' de Conxo de 1856

Alvarellos Editora localizou un libro manuscrito con 50 poemas -parte deles inéditos- de Aurelio Aguirre, nos fondos do Museo da Deputación de Pontevedra, datado no ano 1857. A editorial asegura que o volume leva por título ‘Recuerdos de agosto' e fai referencia ao verán que Aurelio Aguirre pasou en Vigo, onde se trasladou tras a polémica xurdida en Compostela coa súa intervención no Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo do ano 1856.

15votadas

A Feira do Libro de Santiago comeza esta fin de semana e chegará ata o domingo 5 de maio

A XXXII Feira do Libro de Santiago ponse en marcha na Alameda de Compostelá, cun percorrido que finalizará o domingo 5 de maio. Os postos de exhibición e venda de libros estarán abertos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30, se ben nas fins de semana o horario de mediodía alóngase ata as 14:30. Como é costume, os volumes terán un desconto do 10% no seu prezo.

Do 27/04/2013 ata o 05/05/2013
18votadas

"Ardalén" de Miguelanxo Prado, mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona

A novela gráfica, Ardalén, de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecida por un xurado de profesionais como Mellor Obra de Autor Español na XXXI edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor tardou nove anos en publicar esta novela que recibiu o Premio das Librarías Especializadas e que o próximo luns lanzará a súa segunda edición.

16votadas

A biblioteca mais pequena de Portugal

Uma antiga cabina telefónica «à inglesa» foi transformada na mais pequena biblioteca de Portugal e instalada em Barcelinhos, Barcelos, nas margens do rio Cávado, para servir residentes, turistas e peregrinos de Santiago.

16votadas

A escritora algarvia Lídia Jorge será galardoada como Escritora Galega Universal

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entregará o 4 de maio, no transcurso da gala da XIV Edición dos premios que levan o seu nome, o galardón de Escritora Galega Universal á portuguesa Lídia Jorge. A Asemblea da asociación recoñece nesta creadora da palabra á “autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana”.

26votadas

Por que Rosalía dixo que non volvería escribir en galego?

“Ni por tres, ni por seis, ni por nueve mil reales volveré a escribir nada en nuestro dialecto, ni acaso tampoco a ocuparme de nada que a nuestro país concierna”. A tan citada misiva de Rosalía nacera en resposta ao escándalo que nalgúns xornais do país provocara o seu artigo 'Costumbres gallegas'. Nel referíase a un antigo costume dalgunhas zonas de costa galegas nas que as familias, como mostra de hospitalidade e “extrema xenerosidade”, realizarían o “sacrificio” de permitir que o mariñeiro forasteiro pasase unha noite cunha muller da casa.

 3 comentarios en: Cultura, Literatura karma: 102
« anterior12345...13» seguinte

Chuza