As tecnoloxías da información e a comunicación cambian a gran velocidade moitos aspectos da sociedade e mesmo o xeito que ten de producir cinema. Este 18 de maio tivo lugar a estrea mundial da película El cosmonauta, considerada un dos fenómenos da produción cultural promovida dende internet nos derradeiros anos. A UOC participou de forma decisiva nun proxecto que tivo máis de cinco mil membros activos que contribuíron con recursos financeiros, ideas e promoción a través de redes sociais.
Galician History X supón un repaso en ton humorístico á historia de Galicia e a súa lingua a través de momentos históricos destacados, dende o seu nacemento ata a actualidade. Curtametraxe de 19 minutos.
O xurado alemán do Festival Internacional de Oberhausen premia o traballo "Montaña en sombra" do galego Lois Patiño. É un dos festivais de curtametraxes máis prestixioso do momento.
A animação de 90 segundos, intitulada Um Menino e seu Átomo, foi feita usando uma técnica chamada stop motion, em que o objeto (no caso, os átomos) é manipulado e filmado quadro a quadro. O filme mostra o menino brincando com uma “bola” (feita de um único átomo), dançando e pulando. Cada esfera que forma a imagem do menino também é um átomo.
Ramiro Ledo vén de presentar no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires VidaExtra, o seu novo filme tras Cineclube Carlos Varela e O proceso de Artaud. O contexto da folga xeral do 29 de setembro do 2010 serviulle para retratar o xeito no que a inseguridade laboral se converte en precariedade vital para milleiros de persoas atrapadas nas fendas da fase actual do capitalismo financeiro. Falamos con el desta película, uns días despois da súa volta da capital arxentina.
Ao estalar a guerra civil espanhola em julho de 1936, o sindicato anarquista CNT socializou a indústria do cinema. Em Madrid e Barcelona os trabalhadores do cinema assumirom, através do sindicato, os bens de produçom e produzirom-se numerosos filmes. Isto deu lugar a um período único que nom se voltou a produzir em nenhuma outra cinematografía mundial.
O documentário de Pablo Ces As Silenciadas com script de Aurora Marco (autora de Mulheres na Guerrilha Antifranquista Galega) está a participar no festival de documentários sobre o tema dos direitos humanos Humanity Explored (Culture Unplugged). As Silenciadas fala precisamente das mulheres que participaram e colaboraram na luta contra o regime franquista, assim como daquelas que foram represaliadas pola ditadura. Pode-se votar até finais de Maio.
O xoves que vén dámoslle comezo ao ciclo de cine titulado «Socialmente programadxs? Como non sucumbir ao experimento do elevador» que terá lugar todos os xoves ás 19.30 puntual (non punktual). Ademais, prepararemos unha kafeta con tés, café e infusións naturais e doce e salgado para escoller coa fin de sacar cartos para a loita anticarceraria. Como non, é unha boa excusa para achegarse á casa e ao proxecto.
O cineasta Emilio Ruiz Barrachina comezará a gravar en verán unha longametraxe documental que irá a pantallas de cinema e televisión antes de que remate o ano 2013, no que se cumpren 50 anos dende a intoxicación masiva por alcohol metílico, envasado polo empresario ourensán Rogelio Aguiar e orixe de centos de mortes e cegueiras sen certificar.
Se tivéramos que dar un nome da película protagonista durante a edición dos Premios Mestre Mateo deste ano, esta sería sen dúbida ningunha “O apóstolo”. A película dirixida polo compostelán Fernando Cortizo, logra 6 galardóns na noite pasada –Mellor longametraxe, Mellor música orixinal, Mellor dirección, Mellor son, Mellor dirección de produción, Mellor música orixinal e mellor dirección de arte- recibindo finalmente un gran recoñecemento polo colosal e pioneiro traballo levado a cabo na devandita película de animación.
A Liga Estudantil Galega de Ponte Vedra prolonga a sua programaçom do Cineclube, que anteriormente se realizou no C.S. En Pé, com a organizaçom de diversas projecçons no C.s. Revira ao longo das quintas feiras do mês de abril
Viaxe através de media Europa e de varios barrios de Lisboa á procura dos sons da cidade. Filme de Wim Wenders con motivo da capitalidade europea da cultura. Coa colaboración de Madredeus e Manoel de Oliveira.
Reflexións sobre esta obra mestra de 1975. O manicómio está dentro ou fora? Case 40 anos despois, segue vixente a súa mensaxe contracultural e subversiva.
A súa traxectoria na televisión, teatro e cine son os méritos polos que a asociación cultural Arela acaba de concederlle a Manuel Manquiña o premio de honra do festival de Cans. O premio consiste na escultura “Can de Pedra” do canteiro local Paco Candán e deixar a súa pegada no Torreiro das Estrelas. O acto de entrega terá lugar o vindeiro 24 de maio, no transcurso da décima edición do certame. Canda este premio, os Chimpíns de prata sonp ara a a serie de Zopilote para a TVG Era visto! e para os veciños (catro matrimonios) que cederon as casas
Nos finais dos anos 60, surgiu na cena de Detroit, Rodriguez, um misterioso cantor de ascendência mexicana. Apesar do primeiro álbum, “Cold Fact” ter sido bem recebido pela crítica, rapidamente caiu no esquecimento, e começaram a correr muitas lendas urbanas, inclusive que o cantor se teria suicidado. Com material de arquivo e algumas das melhores músicas do cantor, o realizador Malik Bedjelloul investiga o destino de um homem cuja história supera as mais loucas da música. O documentário, repleto de suspense...