A Rapid Realty, uma imobiliária de Nova York especializada na procura de andares em Manhattan, encontraram uma forma singular de fazer publicidade e, ao mesmo tempo, manter contentes os seus empregados: todo o trabalhador da empresa que aceitar tatuar o logo da empresa obeterá automaticamente um aumento de salário de 15%. Perto de 40 empregados já fizeram a tatuagem a troco do aumento de ordenado. A empresa paga pela tatuagem e deixa ao critério de cada um a localização da tatuagem bem como o seu tamanho.
Ao redor de dúas mil persoas manifestáronse este xoves pola máñá polas rúas de Ferrol nas proximidades da sede do PP e do Concello, moi protexido pola policía. As razóns, as mesmas dos últimos meses: reclamar carga de traballo para un sector que esmorece, os máis de dous milleiros de empregos destruídos nos últimos 18 meses e unha morea de promesas incumpridas. A finais deste ano entregarase o único buque que queda en construción en Navantia, o LHD encargado por Australia, pero os traballos xa se finalizarán meses antes.
A CIG ten convocadas mobilizacións de delegados e delegadas en distintas comarcas de Galiza, o vindeiro xoves día 16 de maio, con asembleas previas nas que se analizará a situación socioeconómica e laboral, centrando o debate no escenario que se vai crear a nivel de estado ante a convocatoria, para ese mesmo día, dunha xuntanza entre o goberno, a patronal e os sindicatos españois CCOO e UGT, para acadar un hipotético ‘pacto social polo emprego’.
-O sector das TICs alcanza o “pleno emprego” na república gobernada por José Mujica (Frente Amplio) e o sector mira cara aos técnicos da veciña Arxentina e a España na obtención desa man de obra especializada. - Un enxeñeiro de sistemas recentemente recibido pode gañar 2000 dólares (próximo a 1.540€) por mes, segundo a Asociación de Ingenieros del Uruguay
Valor mensal actual é de cerca de 29 euros e trabalhadores tentam subir para 78 euros. O número de mortos da derrocada de 24 de Abril no Bangladesh ultrapassa os 1100 e as autoridades preparam-se para recorrer à maquinaria pesada para remover os escombros. Agora, o Governo, depois de vários protestos de trabalhadores e de apelos de países de todo o mundo para a melhoria das condições laborais, decidiu aumentar o salário mínimo dos trabalhadores da indústria têxtil.
O Comité Intercentros vén de convocar a traballadores e traballadoras da Voz de Galicia á primeira xornada de loito no marco do período de consultas aberto pola empresa para a inaplicación do Convenio Colectivo. Unha xornada que coincide coa reunión que manterá este martes o comité coa empresa e para a que convida ao persoal a acudir a traballar, tanto nas redaccións como fóra delas, ataviados/as de negro como forma de manifestar a opinión que lle merece a proposta empresarial.
Goberno da patronal contrata persoal para controlar desempregados, mentres despide orientadores laborais. Pero hai máis. Segundo denuncia a CIG, os últimos traballadores encargados da supervisión e control das subvencións a empresas recibiron instrucións no pasado mes de xaneiro do subdirector xeral de Apoio á Contratación nas que "prioriza localizar os cumpridores antes que destapar os incumpridores para así evitar perder parte dos fondos comunitarios". Todo, despois de advertir da importancia de xustificar as subvencións ante Europa.
Barreras abandonará a ría de Vigo. A cidade, a comarca enteira e tamén a Galiza sofrerán unha nova desfeita industrial, a eliminación dos poucos postos de traballo que quedaban no estaleiro e o seu paso directo ao desemprego, sen posibilidade de recolocación no mesmo sector nen, na realidade, en ningún outro. Non é só que eses traballos non se vaian recuperar xamais....
Gabriela Natália da Silva, ou Lola Benvenutti, mantém um blog - lolabenvenutti.blogspot.com.br - em que escreve contos baseados nas experiências com seus clientes e chama a atenção ao tentar quebrar o tabu do sexo. “Sempre gostei de sexo, então tinha um desejo secreto de trabalhar com isso e não há nada mais justo, faço porque gosto”, afirma. Apesar da escolha em ser uma profissional do sexo, Gabriela não desistiu de seguir carreira acadêmica ou dar aulas após a conclusão do curso de letras. “Também quero dar aula, mas por hobby”.
A Grecia está a se converter, por varios motivos, no paradigma do mundo en crise. Desde alí, xa ensaiadas, chégannos en forma de memorando obrigatorio ou en forma de exixencia da troika algunhas fórmulas de dominación polo choque. Convén, por iso, prestarmos toda a atención. A continuación, un artigo de Effy Tselikas sobre a particular situación de migrantes que viñeran traballar a Europa.
A lei Orgánica do Trabalho para os Trabalhadores e as Trabalhadoras (Lottt) fuoi promulgada o 7 de maio de 2012. Nas disposições transitórias estabelece-se um ano para que as empresas se adapten á normativa legal. Por este motivo a lei entra em vigência o próximo 7 de maio. A partir de manhá, escomenzará a regir a reduçom da jornada semanal de trabalho de 44 a 40 horas, com dous dias continuos de descanso.
Máis axustes e máis sufrimento en Portugal. O primeiro ministro luso Pedro Passos Coelho anunciou un novo paquete de recortes cos que pretende aforrar 4.800 millóns de euros de gasto público nos dous vindeiros anos. E outra vez, os colectivos máis afectados por esta nova rolda de axustes son os xubilados e os funcionarios públicos. O goberno luso prescindirá de 30.000 funcionarios e aumentará en cinco horas semanais a xornada dos que manteñan o emprego. De aquí ao ano 2015, o goberno portugués pretende acabar con 30.000 funcionarios...
Pessoal de Tecnymo e de Navantia saírom mais umha vez às ruas de Ferrol para protestar pola situaçom da comarca e, em concreto, polo grave risco de desapariçom da firma auxiliar do naval Tecnimo e da própria Navantia, depois do bloqueio do pleno por parte de diferentes setores sociais mobilizados na cidade. Em Compostela foi ocupada a sede da principal entidade patronal e em Vigo o protesto chegou ao pleno municipal.
Contadas por xunto ou por separado, as manifestacións convocadas neste primeiro de maio por CC.OO. e UGT por unha banda, a CIG pola súa, e centrais coma CUT, CGT ou CNT pola outra, tiveron unha participación moi numerosa. A CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo e CC.OO. e UGT na Coruña e en ambas as dúas a participación roldou as 20 mil persoas, segundo os organizadores.
A clase traballadora de cada país levou as súas loitas concretas á rúa neste Primeiro de maio de 2013, confrontando o silenciamento mediático, a prohibición e mesmo a represión gobernamental, agás naqueles países onde as e os traballadores "si que teñen patria". Na Europa a loita contra os retallamentos e involucións, na Asia contra as condicións de traballo semi-escravas, na América Latina apoiando os gobernos progresistas... Este Primeiro de maio voltou demostrar o potencial da nosa clase, a traballadora.